lunes, 1 de julio de 2013

6 de xullo pola tarde e pola noite Rio Pedras-Rio San Xoan-Monte Forcados



O sábado 6 de xullo Ana, Anxo, Carlos, Duna, Juan, Lourido, María, Moncho, Puri, Rios, e Rus disfrutamos do fin da tarde dun día super caluroso ascendendo pola beira do rio San Xoan ou das bestas, coñecido polos seus tobogáns, un camiño estreito con bastante pendente, iniciamos a ruta en Aldeavella (Pobra do Caramiñal) (62 m de altitude), pasamos pola ponte da Miserela e polo restos do convento, paramos nas piscinas do río Barbanza, chegamos ao camiño que une a Curota con Iroite nunha zona chamada Folgoso e fomos ata o alto dos Forcados (619 m de altitude), onde se fixo de noite e apareceu aire fresco e impresionantes vistas, chegando a ver a luz do faro de Fisterra, despois iniciamos o descenso e cerca da Curota Juan nos dou interesantes explicación de constelacións, estrelas e planetas, co laser e con prismáticos recoñecemos as constelación de: a osa maior, a osa menor, casiopea, a teteira, o cisne, o escorpión,...; e as estrelas: Polaris, Antares, Albireo, as estrelas do triángulo do verán: Deneb, Vega e Altair, ...; estrelas dobres, nebulosa da galaxia de Andromeda, unha curiosa percha,... e tamén escoitamos o mito de Perseo e Andrómeda.

Na mitoloxía grega, Andrómeda era a bela filla do rei Cepheus e a raiña Casiopea de Jaffa, un reino que os antigos chamaban Ethiopía.
Un día,  a Casiopea se lle ocurriu dicir que a súa filla Andrómeda era máis fermosa que as Nereidas, as ninfas do mar e fillas de Neptuno. Ofendidas, foron correndo a seu pai para contarlle tal atrevimento, e éste, furioso e contrariado pola actitude orgullosa dos humáns, mandou inundar as cidades do reino, enviando ademáis a un horrible monstruo mariño que devoraba á xente.
O oráculo de Zeus lle dixo ao rei Cepheus que, a única maneira de aplacar a ira do deos era ofrecer a súa filla Andrómeda en sacrificio. Por eso, o rexente ordenou que a encadearan ás rochas do acantilado para que a besta a comera. E así o fixo.
Perseo, que pasaba por alí despois de ter matado a Medusa, viu á fermosa xove encadeada e quedou prendado da súa belleza. Andrómeda, por entonces, estaba prometida co seu curmán Phineus, pero ainda así éste non se atreveu a desafiar ao monstruo e rescatala. Perseo, entón, lle propuxo ao rei e o pai da xove, que si él mataba á besta, Andrómeda lle sería entregada como esposa.
Cepehus e Casiopea estiveron dacuerdo, e Perseo regresou ao acantilado. Tan pronto como o monstruo apareceu para devorar á súa presa, a bela Andrómeda, Perseo utilizou o seu casco para facerse invisible e as súas zapatillas aladas ( ambos eran obsequios das Náyades pertencían a Hermes).
Tras unha feroz batalla, o noso xove héroe matou á besta feríndoa nun costado coa súa espada de diamante. Con ela tamén cortou as cadeas que tiñan presa a Andrómeda. Unha vez que a súa filla e o seu reino estaban a salvo, Cepheus dubidou en cumprir o pacto que establecera con Perseo. Pero éste se negou a que o rei rompera a súa promesa.
Durante a voda, Phineas centos dos seus seguidores, invadiron a sala da ceremonia para tratar de proclamar a éste como o prometido da xove. Perseo pronto se dio cuenta de que, aunque Cepheus parecía estar horrorizado co panorama, en realidade era cómplice do seu sobriño. Era obvio: non fixera nada para impedir a entrada do antigo pretendiente da súa filla e dos seus homes.
Despois dunha loita sanguiñolenta, Perseo avisou a berros a seus partidarios para que volvesen a mirada. Sacou a cabeza de Medusa e douscentos partidarios de Phineus quedaron convertidos en pedra. Ao ver ésto, o aspirante a noivo caeu de xionllos y suplicou perdón, pero Perseo, lonxe de mostrar compasión. acabou converténdoo tamén en peedra usando a cabeza de Medusa.
Perseo e Andrómeda permaneceron xuntos o resto das súas vidas e tiveron seis fillos. Dacuerdo co historiador grego Heródoto, os reis de Persia descendían do seu primeiro fillo: Perses.
Á morte da parella, a deusa Atenea lles dou un lugar no firmamento, como constelacións, xunto aos pais de Andrómeda e o monstruo mariño, Cetus.











Desta volta non tivemos moito poder de convocatoria, fomos 24 pés, imaxinamos que a ola de calor que nos acompaña estes días e a coincidencia coas festas de Boiro debeu ter algo que ver.

As fotos son de Puri

3 comentarios:

  1. Os meus momentos preferidos da ruta, foron a estancia no monte Forcados e as explicacións de Juan.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar
  2. un momento para non esquecer,tamen foi o intento de homicidio a pury de parte de rus,menos mal que quedou neso en intento.

    ResponderEliminar
  3. Gracias a Corcobado polas suas palabras sobre o pequeño incidente acontecido nas piscinas ,quedou nunha mera acnedota como tantas outras que teran acontecido con vintedouspes. Estou dacordo con Anxo en que o mais bonito da ruta para min foi a clase intensiva sobre constelacions que nos dou JUAN.

    ResponderEliminar