martes, 25 de noviembre de 2014

actividades doutras entidades

Este domingo (30 de novembro) un grupo de sendeirismo de Taragoña quedaron en facer ruta de sendeirismo dende Catoira ata o monte Xiabre, son sobre 18 Qm, quen desexe ir terá que estar ás 8.30 horas en Campo de Pazos (Taragoña), Se tes algunha dúbida podes chamar ao teléfono 609071273)

domingo, 9 de noviembre de 2014

14 de decembro: Castro da Cidá (Ribeira)

Punto de Encontro ás 9:00 diante da casa da cultura de Boiro e Párking da praia do Vilar ás 9:20

Ruta: Párking do Vilar- O Vilar-Castro-Castro da Cidá-Casalnovo- Gandarela-Cova Ladrón- Centro de Interpretación do Parque Natural- Párking do Vilar


Hai un treito da ruta que transcorre por camiños por áreas dunares onde non está permitido o tránsito de cans pola normativa legal do Parque Natural de Corrubedo. Os participantes que fagan a ruta non deben saír dos camiños marcados no Parque Natural, arrancar flores ou plantas, nin molestar á fauna,  conforme as normas xerais deste espazo protexido
Hai unha cafetería no inicio da ruta, pero non hai auga potable dispoñible.

Duración: unhas 3 horas, sobre 11 Km. Apta para todos os públicos e terreo transitable (calzado deportivo cómodo). Fxo de guía Miguel.
Grazas aos que mandachedes fotos.
Neste elace está o track da ruta por se queres facela http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8447308