sábado, 18 de noviembre de 2023

26 de novembro ruta circular desde Carnota

O domingo 26 de novembro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha ruta circular desde Carnota pasando por:

- Bico do Santo
- Fervenza de Pedrafigueira
- Petróglifos Filladuiro
- Fonte da Silveira
- Castro de Mallou




Ruta circular de 18km, aínda que segundo como estea o terreno e o ritmo pódese recortar a uns 16km.Dificultade moderada por algunha subida pero sen dificultade técnica excepto para os que suban a Bico do Santo (opcional). 
Case todo o sendeiro vai por pistas e algún camiño de pes, e se o día está despexado ten unhas vistas espectaculares da costa de Carnota.