sábado, 24 de diciembre de 2022

rutas previstas 2023 e información para federarse

as rutas previstas para o 2023 do noso club son as seguintes:

 

8 de xaneiro: monte Pedroso, rio Sarela, rio Sar.

29 de xaneiro: ruta por Baio (Zas).

 19 de febreiro: ruta Tenicias e regato de Buxan e posterior comida.

 12 de marzo: asistir á andaina de 25 km de Gulans ou variante máis curta. Ir en autobús (autobús gratis para socios/as).

 26 de marzo: costa da vela. Iremos en bus e será aberta.

 2 de abril: Monte Louro (Muros).

 Tres días polo Courel: 29, 30 e 1 de maio, rutas: Seceda - rutas do oso e o mel, Devesa da Rogueira-Formigueiros e Seoane-Vilar-Vilamor.

 21 de maio: monte Galiñeiro. Iremos en bus.

 11 de xuño: San Paio (Outes).

 fin de semana por costa ártabra e mariña lucense: 1 e 2 de xullo, dúas rutas sen concretar pero son posibles Fuciño do porco e ruta das algas (Ortigueira). Iremos en autobús.

 23 xullo: Cabo Prior. Iremos en autobús.

 Este plan é provisional, cando se acerquen as datas iremos confirmando e concretando detalles. 

Para o segundo semestre do ano temos previsto aparte doutras sen concretar:

 - Fin de semana por Cea e Cortegada (Ourense).

 - Unha ruta do camiño dos faros.

 - En novembro fin de semana por Valdeorras coincidindo coa andaina de 25 km nesa localidade e programando o sábado unha ruta por esa zona.

  

Das andainas de 25 km que organizamos varios clubs galegos (hai variantes con menos quilómetros para quen prefira) están previstas:

 12 de febreiro: Noia

 26 de febreiro: Marín

 12 de marzo: Guláns

 16 de abril: Portosín

 7 de maio: Cornelios. As Neves.

 14 de maio: Xinzo-Ponteareas

 2 de xullo: Cuntis

 1 de outubro: Rianxo-Barbanza (a ruta do noso club)

 29 de outubro: Ponteareas

 12 de novembro: Barco de Valdeorras

 

Para participar nestas actividades hai que ser socio do club e estar federado, a continuación vai a información por se te queres facer socio e federarte no ano 2023:

 

1.- Escoller a modalidade que che interesa para o ano 2023

 image.png

image.png
2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta

ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e modalidade escollida.

A modo de exemplo:

-Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 85 € (73 de licenza e 12 cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 89 € (77 licenza e 12 cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 64 € (52 licenza e 12 cota do club)

Se estás federado noutro club e queres facerte socio/a do noso deberás ingresar so 12 €

3.- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/6tduQao666hEnHTe6


Se queres máis información podes consultar o noso blog http://vintedouspes.blogspot.com/ , contactar a través do correo electrónico ou no teléfono 609 071 273. Toda a información referente á xestión de licencias (prezos, coberturas da póliza, protocolo de actuación e cadro médico) podes atopala en https://fedgalmon.gal/licenza/.


Que pases unhas boas festas e un próspero ano novo gozando da natureza e das montañas.  



miércoles, 9 de noviembre de 2022

4 de decembro Parada de Francos, Castro Lupario e Pazo do Faramello.


Descrición da ruta: saímos da carballeira de francos, vaise por montes e camiños de leiras ata o rio sar, pásase polas aldeas de Chave de Carballo, Vidaloiso e Xinzo ata chegar ao Castro Lupario (o da Raiña Lupa). Despois baixase ata a fermosa aldea Anguieira de Castro coa súa arquitectura popular e edificacions medievales. Despois pasamos polo rio Tinto ata chegar o agachado e maxestuoso pazo do Faramello. Logo imos un cacho polo camiño xacobeo ata rua de francos coa sua igrexa e seu cruceiro gótico ata chegar ao final na carballeira de Francos.

  
















miércoles, 5 de octubre de 2022

30 de outubro ruta do Camiño dos faros: Ponte do Porto-Muxia.


Trátase dunha versión reducida da ruta Camariñas-Muxía, de “O Camiño dos Faros”, que é moi longa, de forma que seleccionamos a parte máis atractiva de todo o percorrido, sendo así moito máis asequible e fácil.

Saímos de Ponte do Porto polo paseo fluvial en direccion Cereixo, alí disfrutamos dun paseo con muiño de mareas, a Igrexa de Santiago, un impresionante carballo e as Torres de Cereixo.

Dende alí a etapa endurécese un pouco ata chegar á praia do Lago e camiñamos pola furna do Sapo en dirección praia da Area Grande.

Collemos unha senda que nos acerca a Merexo de aí dirixímonos a Os Muiños e seguimos ruta atravesando Muxía dirección ao Santuario da Virxe da Barca

Máis información da ruta (facilitada polo club Acivro): Se trata de una hermosa ruta que recorre la ría de Camariñas y la ría do Porto por los concellos de Camariñas, Vimianzo y Muxía, atravesando las playas más representativas y contemplando gran variedad de paisajes que abarcan desde las zonas plácidas y tranquilas de la ría do Porto, hasta zonas más abiertas y agrestes cercanas a Muxía.

La ruta es muy variada y permite contemplar los hermosos paisajes y lugares que atesora la ría de Camariñas entre los que destacan:

• Las playas más hermosas de la zona entre las que se hallan la playa de Area Grande, Leis, playa do Lago, Area Maior, Espiñeirido y la playa da Cruz.

• La localidad de Cereixo, con un buen conjunto monumental con su molino de mareas, las torres de Cereixo y la iglesia románica de Santiago, en un bonito enclave en la ría do porto.

• La ruta de los molinos de Río Negro, que recorreremos por un bonito paseo fluvial entre molinos restaurados y bellos bosques autóctonos.

• Los monumentos más representativos de Muxía entre los que se encuetran el santuario de la Virxe da Barca, uno de los templos marineros más importantes de toda Galicia, del siglo XVIII, y punto de referencia en el Camino de Santiago hacia Fisterra, en cuyas proximidades se halla el monumento da Ferida y las famosas Pedras de Abalar, dos Cadrís y do Timón, que atesoran diversas leyendas y creencias.

• El Monte Corpiño, desde el cual se contempla una inigualable panorámica de toda la costa y la población de Muxía, y desde el que se puede ver uno de los mejores atardeceres de toda la Costa da Morte.

• Diversas poblaciones de la zona, como Ponte do Porto, Merexo, Os Muíños, Chorente y Muxía.

Distancia aproximada: 20 km

Duración estimada: 5 horas e media

Dificultade: Fácil












sábado, 27 de agosto de 2022

5 e 6 de novembro no Bierzo: Catoute e Matavenero-Poibueno

O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza o 5 e o 6 de novembro do 2022  duas rutas polo Bierzo, o sábado 5: Catoute e o domingo 6: Matavenero-Poibueno .

fotos de Catoute e lagoas de Rebeza:
























Fotos de Matavenero-Poibueno, Poza las Hoyas
















Aloxarémonos na “Antigua Escuela del Bierzo”  (https://www.antiguaescueladelbierzo.com/)  . O aloxamento pode ser en habitación dobre, triple ou cuádruple. Plan previsto da viaxe:

O desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai, compartindo gastos, se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.

Hai dúas opcións: ir cear e durmir o venres ou incorporarse á viaxe o sábado ás 9 e media en Colinas del Campo de Martín Moro el Toledano para iniciar a ruta. De non facer Catoute, o punto de encontro sería en San Facundo (Torre del Bierzo) á mesma hora. Aconsellamos ir durmir o venres.

A do Catoute en función do clima vai ser de 12 ou de 15,5 kms. Se no cumio o tempo é bo baixaremos polas lagoas da Rebeza e serían 15 kms.

Se o tempo non é bo, baixaríamos por onde imos subir e serían 12 kms. A ruta é dura, pero sen dificultades técnicas serias. En 6 kms lonxitudinais, súbese 1 vertical. Se algún vai subindo e se cansa e non quere chegar ao cume pode dar volta por onde subimos, non hai prácticamente cruces.

A de Matavenero e Poibueno, é moi sinxela, 12,5 kms e uns 800 metros de desnivel. Atravesamos as localidades recuperadas polo movemento hippie que dan nome á ruta podendo tomar algo en Matavenero. Poibueno antiguamente chamábase Poimalo

Gastos da viaxe por persoa:

- para os que escollan 2 noites  e 2 medias pensións (cea e almorzo) 102 € por persoa.

- para os que escollan 1 noite e media pensión (cea e almorzo) 51€ por persoa.

Os que estén federados na modalidade autonómica deberán pagar a maiores 10 € ao ser fora de Galicia (seguro para dous días).

 

 Para apuntarse nesta viaxe (hai que estar federado e ser socio/a do noso club):

 - Ingresar a cantidade establecida por persoa na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita.

- Mandar un correo electrónico (vintedouspes@gmail.com) indicando que se fixo o ingreso para viaxe Bierzo, nome, apelidos, teléfono, sinalando con quen vai durmir ou con quen lle asigne o club e tipo de cama (matrimonio, xemelgas, triple ou cuadruple), e se vai pasar unha ou duas noites.

-Cubrir formulario https://forms.gle/ZZ9BXSEKkL36YDYp8

Prazo: ata o 14 de setembro do 2022 a non se que se cubran antes.

Cada un ten que levar a comida e auga para as rutas (na do Catoute é moi importante o de levar auga pois non hai onde coller) e calzado axeitado para andar por montaña.

No caso de baixa só se devolverán os cartos da media pensión, sempre que se avise con 3 días de antelación. Excepto si se anula por unha causa de forza maior e hai persoas de reserva que ocupen o seu sitio, nese caso excepcional devolverase a totalidade.

Se te inscribes o venres 3 de novembro ao mediodía revisa o blog por se hai algún cambio de última hora. Uns días antes faremos un grupo de Whasapp cos inscritos para concretar últimos detalles.

Rutas previstas:

Este plan pode sufrir variacións pero contamos facer as seguintes rutas:

Sábado 5: Catoute (Descrición de Jacasad3). CONOCEMOS CASTILLA Y LEÓN

De nuevo en la Sierra de Gistredo con el Grupo Gabanceda para realizar una ruta circular.

Salimos a primera hora de la mañana con muy baja temperatura del aparcamiento de Colinas del Campo de Martín Moro Toledano, dirigiéndonos en dirección NE hacia el camino que nos va a llevar al Pico Catoute (2112m). Iniciamos la ruta pasando al lado del panel con el mapa topográfico de la zona. Un poco más adelante nos alegra los sentidos la Fuente del Moral por la cantidad de agua que aporta al río Susano. Este nos va a acompañar durante gran parte del recorrido.

En una hora nos ponemos en el punto donde sale otra senda hacia la Laguna de Rebeza a la derecha. Nosotros continuamos por la de la izquierda dejando, un poco más adelante, una caseta a nuestra derecha.

Seguimos subiendo y las vistas se van haciendo más espectaculares. Pronto divisamos la cima del Catoute. Cruzaremos el Arroyo Intermitente y pronto llegaremos a la Fuente de los Gallones de la cual brota abundante agua cristalina y a la collada que nos conducirá a la cima del Catoute en media hora.

Desde la cima disfrutamos de preciosas vistas de la sierra. Nos fijamos en los Picos de Europa ya nevados, en todos los serpenteantes cresteríos, los bosquetes de abedules y robledales con sus hojas otoñales de color amarillo, en la localidad de Salentinos, encajada en un precioso valle de montaña, en cimas hacia el SW como el Alto de Calogán, la Fana Rubia... y hacia el NE el Pico de la Cernella (2119m), el más alto.

Pasado un buen rato en la cima decidimos seguir el crestería hacia el último pico mencionado para bajar por la izquierda buscando la Laguna de la Rebeza. Las vistas desde esta cresta son maravillosas.

Disfrutamos durante un rato de esta laguna truchera y repusimos fuerzas disfrutando del paisaje y del Sol.

La bajada la hicimos siguiendo la senda paralela al Río Susano (dejando a nuestra derecha el cauce) hasta enlazar con la senda de subida en la caseta. Un poco más abajo están los indicadores (también podemos llegar hasta aquí por la pradera para llegar a la senda de bajada.

En tres cuartos de hora estábamos disfrutando de unas merecidas cervezas en el acogedor bar del pueblo.

Domingo 6: Matavenero-Poibueno (Descrición de Gordones)

Sencilla actividad realizada por tierras Bercianas en la que, partiendo desde el Pueblo de San Facundo, fui hasta la aldea semiabandonada de Matavenero, para luego ir a otra aldea casi abandonada de Poibueno, visitar el pozo de la Hoya y volver, de nuevo, a San Facundo.

La ruta carece de dificultad, pero transcurre toda ella a traves de trocha, por lo que habrá que poner especial atención donde se ponen los pies. La ruta transcurre a través de un bonito robledal, en el que encontraremos gran cantidad de castaños y nogales que hacen más bonita todavía la actividad.

Antes de llegar a Matavenero pasaremos al lado de una pequeña presa que en primavera debe de rebosar de agua, ya que yo realicé la ruta en septiembre y todavía salía agua por su parte superior.

Sobre los pueblos de Matavenero y Poibueno qué decir, realmente es un choque bastante grande para gente que procedemos de zonas "habitadas", tienen biblioteca, tienen dos bares, tienen hasta campo para jugar al fútbol sala, y casualmente el día en el que fui celebraban fiesta porque era el 27 aniversario de la "resurrección" del pueblo, ya que fue abandonado en los 60 y reconstruido en 1989. Tenían música, y un ambiente bastante bonito que no desmerecía las fiestas que puede haber en cualquier pueblo pequeño. Bonita casualidad la que viví.

En Poibueno me encantó la iglesia (prácticamente el único edificio todavía un poco reconocible), pero lo que más me gustó de la ruta fue el Pozo de la Hoya, la verdad es que me impresionó... el mismo debe ser una maravilla visual en primavera, con todo el agua azotando a la roca, la verdad es que me encantó.

También indicar que durante toda la ruta cruzaremos unos 4 puentes para salvar los diversos arroyos, pero no tendremos dificultad para realizarlo ya que los mismos se encuentran en buen estado (al menos hasta el día en el que yo la realicé).

En definitiva, una ruta que me ha sorprendido, y que sin duda repetiré en primavera, para ver los arroyos en todo su esplendor.