miércoles, 22 de febrero de 2023

Andaina de Guláns (Ponteareas) - Ruta dos Penedos 12 de marzo de 2023

A próxima ruta do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés consistirá en asistir á Andaina de Guláns (Ponteareas)  - Ruta dos Penedos o domingo 12 de marzo de 2023.

O noso club vai poñer un autobús, os/as socios/as van gratis.

Para beneficiarse da gratuidade do autobús cada persoa interesada deberá inscribirse na proba, pagar a cota de inscrición 10€ (esta é cota para federados tanto para a andaina de 25 km como a de 12 km)-inscricións aquí https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/52/Andagulans25km-IX-Open-Andainas-de-Regularidade-25-km-(2023)/

SE TES PROBLEMAS PARA FACER A INSCRICIÓN DENDE UN MÓBIL PROBA A FACELO DENDE UN ORDENADOR.

E mandar un correo a vintedouspes@gmail.com ou un whatsapp a 609071273 indicando nome e apelidos, onde vai colle o autobús e que está inscrito á andaina de Guláns.

O noso autobús sairá ás 7 de Boiro (diante da Casa da Cultura de Boiro), ás 7 e 10 de rotonda de Te, e ás 7 e 20 rotonda  cerca de Catoira (gasolineira Repsol). Hai que ser puntuais o autobús non agarda por quen non esté.

AndaGuláns 2023 – Ruta dos Penedos – Open 25 km

Hai dúas opcións: facer 25 KM ou 12 KM

Esta andaina forma parte do IX Open Andainas de Regularidade 25 km (2023)

Actividade organizada pola Asociación Cultural Guláns e o Clube de Montaña Xistra.

Colaboran Concello de Ponteareas e Protección Civil.

Información da Ruta

Data: 12 de marzo de 2023

Distancia: Rutas Circulares de 25 km e 12 km, aproximadamente

Dificultade: 25 km Media/Alta e 15 km Media/Baixa

Só conta para a competición de regularidade a proba de 25 km

Peche de inscricións: 7 de marzo de 2023, ás 23:59 horas. Hai prazas limitadas, igual se cubren as prazas con anterioridade.

Entrega de dorsais: dende as 8:00 ata as 8:45 horas

Punto de saída: Centro Cultural de Guláns (Ponteareas)

Inicio da Andaina de AndaGuláns 25 km: 9:00 horas

Inicio da Andaina de AndaGuláns 12 km: 9:30 horas

Punto de chegada: Centro Cultural de Guláns

Avituallamentos durante a proba.

Ó finalizar haberá comida con callos e bebida.

OS FEDERADOS FEDME/FGM DEBERÁN OBRIGATORIAMENTE PRESENTAR O SEU DNI E A SÚA LICENZA NO MOMENTO DA ACREDITACIÓN. DE NON FACELO A ORGANIZACIÓN CONSIDERARÁ QUE NON ESTÁN FEDERADOS E NON PODERÁN PARTICIPAR NA PROBA. NON SE DEVOLVERÁN OS CARTOS.


jueves, 16 de febrero de 2023

LIGA XUNTA DE GALICIA DE SENDEIRISMO 2023 | ANDAINA MONTES E PRAIAS DE MARIN 26 de febreiro


*** LIGA XUNTA DE GALICIA DE SENDEIRISMO 2023 | ANDAINA MONTES E PRAIAS DE MARIN ***

A segunda proba da Liga Xunta de Galicia de Sendeirismo destina a metade do prezo da inscripción (5€) a un donativo para a Asociación Española Contra el Cáncer Pontevedra ademais de contribuir a difundir a sua labor en prol da loita contra o cancro.
Tamén cabe recordar que esta proba está incluida na Liga Ibérica de Senderismo de la FEDME que desenvolve probas en España, Portugal e Andorra.…
Ver más
Puede ser una imagen de 3 personas, personas de pie y texto que dice "Patrocinador institucional: MARÍN Un xeito de ser. COVIRAN Patrocinadores avituallamientos: GADIS EROSKI center OXYPRO Andaina MPMARÍN 15 KM DATA ANDAINA POPULAR DÍA 26/02/2023 HORA DE SAÍDA 09:00 Marin contra 25 KM ANDAINA DEPORTIVA Donativo G INSCRICIÓN: 5€ Popular 10€ Deportiva* *NonfederadosFCM+3€ contrae cáncer enMarin Patrocinadores Cdm Xesteiras: TERMAS DE CUNTIS MOUSE GALICORTE VBIKES MARÍN wU DEPUTACIÓN GOBIK Inscricióne información fo https://sportmaniacs.com/es Saudete CEDYTER Redmuver Montes Praias de Mariu toldosbueu ww.toldordebueu.com MARISCADORA"
¡Últimos días para poder inscribirte en la VIII Andaina Montes e Praias de Marín 😍 a favor de la Asociación!, organizada por el @Concello de Marín con la colaboración de nuestra sede en Marín 💚 y el Xesteiras CLUB De Montaña .
➡️ La andaina, que tendrá lugar el próximo día 26 de febrero a las 09.00hrs, recorre el ayuntamiento de #Marín y consta de dos modalidades:
✅ una popular de 15 km
✅ otra deportiva de 25km,
📌Realizada mayormente por senderos evitando en la medida del posible las carreteras 🚶
📝 Si quieres inscribirte puedes hacerlo, hasta este domingo, en el siguiente enlace: https://sportmaniacs.com/.../inscription/viii-andaina-mpmarn

miércoles, 15 de febrero de 2023

29, 30 de abril e 1º de maio no Courel

O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza o 29, 30 de abril e 1º de maio no Courel:

Sábado 29: Seoane-Vilar-Vilamor.

Domingo 30: Devesa da Rogueira-Formigueiros.

1º de maio: Seceda - rutas do oso e o mel.

Aloxarémonos nas Casas do Comerciante en Vilamor.

Mandamos información aos/ás socios/as por correo electrónico, se eres socio/a e non o recibiches contacta con nos para incluirte no listado.

Relación provisional de inscritos:

CASA CARLOS

Xabier Vaamonde. Habitación 6

José A. Pérez. Habitación 4

Mario. Habitación 5 ( 2 noites)

Gerardo e Asun. Habitación 7

Lita e Rosa. Habitación 3

Loli Pili. habitación 1

Manolo garcia e Manolo gomez. habitación  11.

Berta Garcia e Gabriel Ouviña habitación 2

Nati e Santi. Habitación 8 (2 noites)

Bea e Jose. Habitación 9 (2 noites)

Conchi e Eduardo. Habitación 10 (2 noites)

CASA DOSINDA

VIRU, ANXO, MANDI, LOREN, MARIBEL

CASA DO COMERCIANTE

Ana e Loreto

____________

En reserva están Chefa, Mª Loureiro e Mercedes