martes, 18 de agosto de 2015

6 de setembro: Xirimbao - Rio Ulla - Coto de salmón de Santeles (A Estrada)

Puntos de encontro ás 8.20 h. en Boiro, diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 na área recreativa do Xirimbao (Teo), (está nun desvio na carretera que une Padrón con Pontevea.
A ruta son sobre 19,8 km, dificultade facil, é bastante chan, ainda que por suposto ten certos repechos, tecnicamente non é dificil excepto algún tramo que vai por unha senda de pescadores, en caso de choiva resultará un pouco máis complicada, pero tede en conta a vosa forma física e que son casi 20 km, duración estimada a ruta de andar arredor de 5 h, 15 minutos.
Partimos dende a impresionante ponte colgante de Xirimbao  e regresamos a mesma despois de algo menos de 20 Kilómetros ao longo do Río Ulla escoitando os sonidos e silencios deste rio e vendo unha paisaxe natural única con aves, muiños, fontes e vexetación. Iremos algo por camiños á beira do rio e por pistas. Ao chegar ao coto salmoneiro de Santeles daremos volta e voltaremos máis ben por pistas distintas ás que fixemos a ida e un pouco máis alonxados da beira do Ulla.











































martes, 4 de agosto de 2015

15 de agosto nocturna petroglifos Foxa Vella e os Mouchos (Rianxo)

O sábado 15 de agosto o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fará unha ruta de sendeirismo nocturna.
Punto de encontro ás 21.30 (9 e media da tarde) no alto de Paradegua, é na carretera vella que une Ribeira con Padrón, nun punto onde hai unha ampla explanada para deixar os coches, antes había unha formigoneira, é onde remata o concello de Rianxo e empeza o de Dodro, si vamos dende Boiro, pásamos Araño, despoís Burés e ao chegar ao alto temos esa explanada no lugar de Paradegua.
Esta será unha ruta lineal (levaremo uns coches para o final da ruta) duns 13 km que aproveitaremos para ver grupos importantes de grabados rupestres, pola noite, pola noite con axuda de linterna é cando millor se ven os grabados rupestres pois ao iluminar lateralmente vese moito millor o relevo.
Veremos as mamoas do Campillo e os grabados rupestres de Foxa Vella e os grabados rupestres de Os Mouchos, e pasaremos pola aldea abandoada (para algúns aldea maldita) de Abuín.
Irá con nos un coñecedor do mundo dos petroglifos que dará explicacións sobre eles.
Convén levar chaleco reflectante e linterna (as ideais son as chamadas frontais, van na frente para ter as mans libres), non fai falta que os levemos todos, as linternas non irán encendidas todo o tempo, so cando o terreo sexa irregular e requira ver ben onde se pisa.
Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/03/licenzas-federativas.html
se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.


Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.