jueves, 25 de abril de 2024

5 de maio, Arca - Santiago. última etapa do camiño francés

 O domingo 5 de maio faremos a última etapa do Camiño Francés, Arca-Santiago. Sobre 20 km.

Neste enlace tes información da etapa:  https://www.caminodesantiago.gal/gl/planifica/as-rutas/camino-do-norte/etapa-arca-santiago-de-compostela

Cada un fará a etapa ao seu ritmo porque está marcado. Iremos en autobús. É unha ruta para socios/as. 

O autobús non pode agardar pola xente, debedes estar 5 minutos antes da saída nos puntos de encontro. Aconsellamos levar algo para comer, cantimplora con auga e unha mochila para deixar no autobús e mudarse ao chegar.

Puntos de encontro para coller camiñantes:

Avda da Constitución de Boiro, zona da Casa da Cultura, enfrente a tenda aluzine ás 6.55 para sair ás 7 da mañá.

Rotonda de Te (Rianxo) ás 7 e 10.

Rotonda saída autovía de Lestrove ás 7 e 20.

Fixaremos outras paradas se é necesario en función dos inscritos. Se algún que saia de Noia ou arredores podemos falar ca empresa de autobús por se poden incorporarse nesa zona. Se hai algún nese caso contactade con nos.

Para inscribirse hai que:

 facer un ingreso: 10 € (o club subvenciona parte do coste) na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso etapa 7, o nome da persoa/parella ou grupo inscrita.

 mandar un correo electrónico a vintedouspes@gmail.com indicando que é para inscribirse na saída de etapa 7 camiño francés, nome, apelidos e onde te incorporas,

 O prazo para inscribirse remata o mércores 1 de maio ás 23 horas. No caso de que te anotes, o sábado 4 de abril a partir das 15 horas revisa o noso blog por se hai algún cambio de última hora. Se tes algunha dúbida podes contactar con nos.


viernes, 5 de abril de 2024

Andaina de 25 ou 15 km de Porto do Son da Liga Galega de Sendeirismo (FGM)

 Información da Ruta:

  • Data: 26 de Maio 2024
  • Distancia: Rutas Circulares de 25 km e 15km, aprox.
  • Dificultade: Media
  • Peche de Inscricións: 23 de Maio, ás 23:59 horas
  • Entrega de dorsais: dende as 7:30 ata as 8:45 horas
  • Punto de Saída: Fachada Maritima de Porto do Son (Ver en Maps)
  • Inicio da Andaina de 25 km9:00 horas
  • Inicio da Andaina de 15 km9:05 horas
  • Punto de Chegada: Porto de Portosín
  • 3 Avituallamentos e petiscos ao final da Ruta