domingo, 15 de diciembre de 2019

Ruta do 29 de decembro, Moldes, rego de Loberias, A Curota, e próximas rutas previstas





Ruta do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés o domingo 29 de decembro, Moldes, rego de Loberias, A Curota. Circular, so para federados, dificultade media, distancia sobre 15 km, duración estimada sobre 4 horas e media, o desnivel acumulado na ruta é arredor de 500 metros subindo e o mesmo baixando. 
(ubicación https://goo.gl/maps/qYPoApw6cekbAZyN8).

Empezamos a andar desde o cruceiro de Moldes, facendo o primeiro quilómetro por asfalto en dirección a Palmeira, os cinco primeiros quilómetros aproximadamente son con pequenos desniveles, pasamos cerca do cámping Ria de Arousa II, imos un rato paralelos ao rego das Lobeiras, e empezamos unha ascensión de arredor de cinco quilómetros ata o alto da Curota (o desnivel superado nesa ascensión será arredor de 350 metros de altitude) e a partir de aí todo baixar ata o cruceiro de Moldes, pasando polo miradoiro de Valle Inclán.















Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/moldes-rego-de-lobeiras-cascada-curota-44960814?fbclid=IwAR0K1MTZdCkLuQwdcSfDRi-Uri5NeierBax1jllpvTO8fpzFZ1VElpUGmfg 

licenza federativa 2020

Licenza federativa no ano 2020, se queres tramitar a licenza a través do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés hai que:

1.- Escoller a modalidade que che interesa Os prezos das licenzas federativas para o ano 2020 están neste enlace https://fedgalmon.gal/wp-content/uploads/2019/12/2Prezos-de-Licencias-2020.pdf

2.- Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta  ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida.

 A modo de exemplo:

 -Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 84 € (nesos 84 vai incluida cota do club).
  
-Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 88 € (nesos 88 vai incluida cota do club).

-Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 65 € (nesos 65 vai incluida cota do club)

3.- Cubrir formulario neste enlace
https://forms.gle/WgWcYfcb6yTNDMtS8

////////////////////////////////////////////////

Estar federado dáche dereito a:
Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
Comunicacións periódicas
Calendario de actividades
Participar en actividades divulgativas
Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es

As licenzas son válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.

No caso de accidente
Información concerniente a tódalas aseguradoras:

Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.

Calquera accidentado ten obriga de cumprimentar un Parte de Accidente e remitilo á Federación coa maior brevidade.

Pasos a seguir no caso de accidente deportivo e centros concertados: Guía de Urgencias Federaciones Deportivas

 No Caso de:

ACCIDENTE DEPORTIVO CON RESCATE
Se o accidente é grave (emerxencias e urxencias) e deben evacualo dalgunha zona, debe avisar aos grupos de rescate de onde se atope. O número de emerxencias en España é o 112. Infórmese do número de emerxencias se viaxa ao estranxeiro. Deberán desprazalo ao Hospital máis achegado. O antes posible, deberá comunicar o accidente á Federación Galega de Montañismo, onde lle explicarán os seguintes pasos a facer para cumprimetar o parte de accidente, e valorar o desprazamento a un centro concertado pola Aseguradora se fose posible e necesario.
   
ACCIDENTE DEPORTIVO SEN RESCATE
Se o accidente non necesita rescate, pero é grave (urxencias), debe ir a un centro de Urxencias, e indicar dende o primeiro momento que se trata dun accidente na práctica deportiva e que está federado. En canto sexa posible, debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo para que lle expliquen cómo cumprimentar o parte de accidente, e indiquen os seguintes pasos a seguir.

Se o accidente non é grave (non urxencias) debe poñerse en contacto coa Federación Galega de Montañismo canto antes, para que lle expliquen os pasos a seguir para poder acudir a un centro concertado e que o atendan.

Lembre que sempre debe conservar toda a documentación que lle entreguen, por se lla solicita a entidade aseguradora.

Neste enlace está a información da Federación ao respecto das licenzas https://fedgalmon.gal/licenza/




martes, 3 de diciembre de 2019

asemblea de socios/as o sábado 14 de decembro

Estimado/a socio/a:

        O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés convoca a tódolos socios/as para a celebración da asemblea ordinaria que terá lugar o sábado 14 de decembro ás 6 e media da tarde en primeira convocatoria e ás 7 en segunda  convocatoria na Casa da Cultura de Boiro.

Orde do día
1-aprobación da acta da asemblea anterior
2-aprobación das contas
3-Elección de presidente e xunta directiva
4-Valoración da marcha do club ao longo do 2019
5-Programación de rutas e actividades para o ano 2020
5-Rogos e preguntas

Se desexas presentarte á directiva ou a presidente e presentar una lista propia de xunta directiva envía un email a vintedouspes@gmail.com antes do 13 de decembro, indicándoo.
  


Un cordial saúdo da directiva do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés

Notas: 
-a asemblea empezará ás 7 da tarde pois ás 6 e media (1ª convocatoria) non haberá quórum.
-Da directiva actual hai algunha persoa que avisou de que no vai continuar polo que sería bo que algún socio/algunha socia se animara a presentarse.

lunes, 28 de octubre de 2019

19 DE XANEIRO. RUTA DA AUGA (GUITIRIZ).





Saida do lugar de  Ponte de Santo Alberto (Parga-Guitiriz, Coordenadas- UTM: 29T X:598225 Y:4780850),  lonxitude 19,6km, dificultade fácil, duración estimada da ruta 6 horas. A ruta é lineal.

Información da ruta facilitada por Turgalicia:

A Ruta da Auga de Guitiriz é un percorrido sen desniveis que, á beira dos ríos Parga e Ladroil, percorre o verde camiño que se estende dende a ponte de Santo Alberto ata a Carballeira de Pardiñas.

Os lugares, historia e construcións, farán del un camiño moi recomendable: as pontes de Santo Alberto no Camiño Xacobeo do Norte, a ponte de Pitero, as de Parga, Ferreira, Montemeá ou Moeiro; multitude de muíños, coma os restaurados de Parga e Ferreira; as áreas de lecer coma a de Sete Muíños; a antiga mansión romana de Caranicum; o Castelo e a Feira de Parga; as igrexas, capelas e a curiosa mesquita de Guitiriz;...

Pero por riba de todo, este sendeiro une as tres fontes de augas curativas máis importantes: Valdobín, e a súa apracible área recreativa; San Xoán de Lagostelle, no impoñente Balneario de Guitiriz; e a tranquila Fonte de Santo Domingo xunto á Carballeira de Pardiñas.
  






























miércoles, 23 de octubre de 2019

Domingo 3 de novembro San Tirso de Cando-pedra Serpal-Carballoso-Xallas-Tambre (Outes)





Neste enlace está a ubicación do punto de inicio https://goo.gl/maps/N6By6HfZoV3cZUn78

Dificultade media, 19 km.

PERCORRIDO: Saida da igrexa de San Tirso de Cando, empezamos ascendendo cara o alto do Castelo e a Pedra Serpal (impresionante pedra con vistas espectaculares da devesa de Nimo, o Tambre e a ría de Muros e Noia), a continuación fomos a San Xoan do Carballoso e á súa fonte milagreira, baixamos polo Xallas cara o Tambre, cruzamos a ponte colgante e pasamos por diante do Pazo do Tambre voltando ao punto de inicio.

Collimos de referencia unha ruta de Manolo de Negreira (o bailarín camiñante) e lle fixemos unha variante, neste enlace está a nosa ruta feita https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/san-tirso-de-cando-pedra-serpal-carballoso-xallas-tambre-outes-43295087