lunes, 28 de octubre de 2019

19 DE XANEIRO. RUTA DA AUGA (GUITIRIZ).





Saida do lugar de  Ponte de Santo Alberto (Parga-Guitiriz, Coordenadas- UTM: 29T X:598225 Y:4780850),  lonxitude 19,6km, dificultade fácil, duración estimada da ruta 6 horas. A ruta é lineal.

Información da ruta facilitada por Turgalicia:

A Ruta da Auga de Guitiriz é un percorrido sen desniveis que, á beira dos ríos Parga e Ladroil, percorre o verde camiño que se estende dende a ponte de Santo Alberto ata a Carballeira de Pardiñas.

Os lugares, historia e construcións, farán del un camiño moi recomendable: as pontes de Santo Alberto no Camiño Xacobeo do Norte, a ponte de Pitero, as de Parga, Ferreira, Montemeá ou Moeiro; multitude de muíños, coma os restaurados de Parga e Ferreira; as áreas de lecer coma a de Sete Muíños; a antiga mansión romana de Caranicum; o Castelo e a Feira de Parga; as igrexas, capelas e a curiosa mesquita de Guitiriz;...

Pero por riba de todo, este sendeiro une as tres fontes de augas curativas máis importantes: Valdobín, e a súa apracible área recreativa; San Xoán de Lagostelle, no impoñente Balneario de Guitiriz; e a tranquila Fonte de Santo Domingo xunto á Carballeira de Pardiñas.
  






























miércoles, 23 de octubre de 2019

Domingo 3 de novembro San Tirso de Cando-pedra Serpal-Carballoso-Xallas-Tambre (Outes)





Neste enlace está a ubicación do punto de inicio https://goo.gl/maps/N6By6HfZoV3cZUn78

Dificultade media, 19 km.

PERCORRIDO: Saida da igrexa de San Tirso de Cando, empezamos ascendendo cara o alto do Castelo e a Pedra Serpal (impresionante pedra con vistas espectaculares da devesa de Nimo, o Tambre e a ría de Muros e Noia), a continuación fomos a San Xoan do Carballoso e á súa fonte milagreira, baixamos polo Xallas cara o Tambre, cruzamos a ponte colgante e pasamos por diante do Pazo do Tambre voltando ao punto de inicio.

Collimos de referencia unha ruta de Manolo de Negreira (o bailarín camiñante) e lle fixemos unha variante, neste enlace está a nosa ruta feita https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/san-tirso-de-cando-pedra-serpal-carballoso-xallas-tambre-outes-43295087























miércoles, 9 de octubre de 2019

12 e 13 de outubro ruta do Contrabando, rio Barbantiño, pazos de Arenteiro e poza dos fumes

As fotos  e máis información desta actividade está nesta entrada http://vintedouspes.blogspot.com/2019/07/actividade-especial-12-e-13-de-outubro.html, como no blogue van as entradas ordeadas polo día da publicación, esta quedou bastante atras, poñemos esta a maiores e actualizada

plan da viaxe:
Puntos de encontro:
Boiro ás 8 e media
Rotonda de Lestrove ás 8.45
Cafeteria no baixo do hostal Casasnovas antes de gasolineira Cepsa en Silleda ás 9 e media.
Diante da Casa do Concello de Nogueira de Ramuín en Luintra ás 10.40
Quedamos para sair de Boiro sábado 12 de outubro ás 8 e media diante da Casa da Cultura de Boiro (onde sempre), paramos na rotonda de Lestrove , tiramos por Santiago e por autopista ata Cafeteria no baixo do hostal Casasnovas antes de gasolineira Cepsa en Silleda, onde faremos unha pequena parada para tomar algo e ir ao baño. De Silleda iremos por N-525 ata rotonda  polígono 2000 antes de Lalín onde colleremos a autovía gratuita AP 53 en dirección a Ourense, collemos posteriormente a A 52, pasamos por Ourense e collemos a N-120 que vai paralela ao Miño uns kilómetros, vamos atentos a carteles e máis ou menos en Frieira desviamonos por C 546 e posteriormente por OU 0508 ata Luintra (Nogueira de Ramuín)
O Sábado faremos a Ruta do contrabando.
Domingo, visitaremos o pobo Pazos de Arenteiro e faremos Unha pequena ruta desde alí, pozo dos fumes, e faremos a ruta do Río barbantiñomo durmimos no Carballiño e a ruta do rio Barbantiño (Pazos de Arenteiro é o único Conxunto Histórico- Artístico dende 1973 que existe no rural galego)

Neste enlace están as fotos de Eduardohttps://drive.google.com/drive/folders/1MdIFklJMgso3JcFVtq9gh8WzMm6fjv0e