miércoles, 11 de diciembre de 2013

POR PREVISIÓN DE MAL TEMPO, SUSPÉNDESE A ACTIVIDADE Domingo 29 de decembro, Chegou o nadal!!!!

POR PREVISIÓN DE MAL TEMPO, SUSPÉNDESE A ACTIVIDADE


Ruta de sendeirismo e actividades de nadal para nenos en San Cristobo-Ces-Lousame.


Este domingo si o tempo acompaña faremos ruta por Ces e Gandarela (Lousame). Sera de 4km e comenzara na aldea de Ces donde faremos un xogo no que teredes que ter moito"ollo". Seguiremos entre leiras e brañas por pistas ata chegar o monte donde nunha zona con moita vexatacion atoparemos un muiño singular. Do seu teito prender uns animaliños que seguro que vos van gustar.Despois de cruzar os pasales dun pequeño regato remataremos na capela de San Cristobo donde faremos unha manualidade e un xogo, relacionado con día de reis.

Traede unha bolsa de basura, uns guantes de látex e unha  tablilla ou cartón duro. Medida (40-40cm) aprox, non fai falla que sexa exata.

Esperamosvos..

Como chegar...carretera Pontebeluso-Noia. A altura do Confurco ides atopar señalización vial e ahi metedesvos hacia Ces, Fruime.  Cando vexades a primera casa da aldea colledes a esquerda e despois a dereita así chegaredes a San Critobo que e o sitio de partida.

Saida 10h, remate sobre as 13h aprox.

É necesario inscribirse. Chama aos teléfonos 637 954 090 ou 615 637 227 ou manda un correo electrónico a vintedouspes@gmail.com. Hai de prazo ata o 27 de decembro