lunes, 3 de diciembre de 2012

20 de xaneiro Castro Barbudo - Rianxo





Os puntos de encontro foron ás 9 e 10 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9.30 en Campo Maneiro - Tarragoña (Rianxo). Fumos arredor de 42 pés, contando por suposto a Duna.

A ruta foi sobre 8 km e medio, recortouse respecto ao previsto polo mal tempo, a chuvia acompañounos toda a ruta ao principio chovía pouco, pero contra o final caia con ganas, a dificultade media - baixa.

Empezamos a andar en Campo Maneiro e fomos ata Castro Barbudo, onde a pesar da chuvia disfrutamos dunhas bonitas vistas e pasamos por un interesante sendeiro de acacias.

Grazas Loli polas fotos!

Feliz 2013!



 A foto é do sendeiro máis perigoso do mundo, está na montaña sagrada de Hua - Shan (China)

domingo, 18 de noviembre de 2012

2 de decembro: Cuntis - Valga

Capela dos Martores

Os puntos de encontro foron ás 8.30 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 8.55 en Valga na zona de Parada de taxis que hai en Ponte Valga, cerca da Casa do Concello de Valga (carretera xeral Padrón-Caldas, onde se inicia a rúa nº cinco, cerca de Centro Social )

Esta é unha ruta lineal, é dicir, non é dircular, como a maioría que facemos en Vintedouspés. En Valga deixamos uns coches e noutros iremos ata Cuntis, onde empezamos a ruta de andar. Fixemos andando arredor de 16 km, a dificultade foi media - baixa, en xeral non presenta ningunha dificultade excepto nunha zona chamada Fervenza de Raxoi, pero nesta zona hai que ir con coidado para evitar resbalóns. A parada para picar algo foi na capela de Os Martores. Non presenta desniveles importantes iniciase a uns 200 metros de altitude, ascendese ata 356 m e remátase arredor de 150 m. Despois volvemos en coche a Cuntis a recoller os coches que quedaron alí. Discurre pola ruta de sendeirismo chamada PR-G 21.
Grazas Paco polas fotos.
 


 





Sobre a Capela dos Martores (texto collido do libro '50 lugares mágicos de Galicia', de Carlos G. Fernández.)

54. Os Martores, la otra tumba de Prisciliano


Capilla de Os Martiores - Valga
A unos treinta kilómetros al sur de Santiago de Compostela se encuentra una pequeña aldea, situada en el municipio pontevedrés de Valga, que recibe el nombre de Os Martores. Una sencilla capilla dedicada a San Mamede es una de las candidatas a ser la tumba del obispo hereje Prisciliano.
Así lo sugirió el obispo, teólogo y filósofo español José Guerra Campos, que consideró el enclave como un lugar “altamente sugerente (…) en cuyo interior han aparecido sarcófagos antropoideos tallados en piedra que bien pudieran pertenecer al siglo IV”. Asimismo, el teólogo sugería que el topónimo “Os Martores” es una transformación popular de “Os Mártires”, tal como fueron considerados los priscilianistas ejecutados en Trèveris. Asimismo, defiende que el topónimo no se repite en Galicia.
Tumba antropomorfa junto a la capilla
Por otra parte, en el entorno de la capilla existe una necrópolis tardorromana y altomedieval, donde se especuló que pudieran estar sepultados Prisciliano y sus discípulos.

El obispo hereje
Prisciliano defendía un cristianismo más sencillo, en el que primaba el ascetismo y la relación directa de cada persona con Dios. Fundó una escuela de talante libertario, rigurosa y precursora del movimiento monacal, inspirada en la tradición gnóstica y totalmente contraria a la ascendente opulencia de la jerarquía eclesiástica del siglo IV.
Quiso transmitir al clero la idea del celibato –por aquel entonces no aceptado- y la pobreza voluntaria. Su ascetismo riguroso sentó las bases del camino de perfección que promovían los cátaros, en el que había una moral más relajada para los creyentes, aunque mucho más estricta para los “perfectos”.
Las reuniones priscilianistas se realizaban frecuentemente de noche, en bosques, cuevas o en lugares alejados de las urbes. El baile, elemento tan distante de la liturgia del cristianismo de aquel entonces, formaba parte de los ritos priscilianistas, en la que participaban tanto hombres como  mujeres. Sustituyó el pan y el vino por leche y uvas e hizo partícipe a colectivos entonces relegados, como mujeres y esclavos, en la lectura de textos evangélicos, tanto canónigos como apócrifos, que defendía fervientemente. Asimismo, se relacionaba al priscilianismo con la astrología e incluso con la numerología.
Tras abultadas tramas y conspiraciones, el obispo hereje fue condenado por brujería en Tréveris, siendo torturado y posteriormente decapitado junto a algunos de sus seguidores. Una vez ajusticiado, un grupo de acólitos llevaron su cuerpo hasta algún lugar de Galicia, donde fue enterrado. Las crónicas no señalan el lugar exacto, lo que alimentó las especulaciones sobre el lugar de su enterramiento, que los estudiosos consideran que debería ser un lugar destacado, ya que Prisciliano contaba con numerosos seguidores en el noroeste de la Península Ibérica.
Uno de los lugares sugeridos por numerosos autores es la propia catedral de Santiago de Compostela, especulando que las tumbas que se encuentran en su interior son las de Prisciliano y sus seguidores.
Otro de los enclaves sugeridos como lugar de descanso del obispo hereje es Santa Eulalia de Bóveda (31), cerca de la ciudad de Lugo. 




miércoles, 14 de noviembre de 2012

18 de novembro charla e saída de cogomelos

O domingo 18 de novembro fixemos unha actividade referida aos cogomelos.

Ás 10 da mañá na casa de turismo rural "Casa do Xan" (Ardeleiros 9, Fruime - Lousame) charla sobre identificación de cogomelos, impartida por Suso, presidente da asociación micolóxica "Refungando".
Posteriormente fíxose unha saída polos montes da zona para poñer en práctica o aprendido, Suso fixo de guía micolóxico.
Por último fíxose unha pequena degustación de cogumelos na Casa do Xan, Parabéns para Manoli que fixo de cociñeira.



Os puntos de encontro foron ás 9.30 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9.30 no Centro de saúde de Noia.

Grazas Eva e Rosa polas fotos, se alguén ten máis e as quere compartir neste blogue pode mandalas ao email vintedouspes@gmail.com

Grazas á casa de turismo rural "Casa do Xan" por facilitarnos poder facer aí estas actividades.








lunes, 29 de octubre de 2012

4 de novembro: Costa de Couso (Carreira)


O domingo 4 de novembro fixemos a ruta pola costa de Couso (Carreira-Ribeira) os puntos de encontro foron ás 9 en Boiro e ás 9 e 20 Capela da Guia (coller a estrada cara Aguiño, dende a rotonda de Xarás-fin autovía-. se pasa o cruce do Vilar, dirección Carreira-Aguiño e a 500 m hai sinal á dereita que pon Capela da Guía).
Foron arredor de 13 km, dificultade facil, e duración aproximada sobre 3 horas e media.
Saimos da capela da Guía, pasamos polo corredor da escola, cara o lugar do cruceiro, de alí ,saimos por unha rúa que lle chaman "as pedriñas",atravesamos a estrada que vai a Aguiño,e enfilamos cara a aldea da Felgueira, atravesamos esta e a continuación collemos por unha corredoira que vai dar aos "areeiros", despois de atravesar a estrada que vai de Castiñeiras a Aguiño, collemos dirección á praia da "Catia" (despois de atravesar o rio de Listres por unha ponte de madeira), vamos paralelos á praia, ata a entrada do carreiro,e dende aí enfilamos ata o muelle de Aguiño, pasamos este, polo patio da que foi a depuradora de marisco. A continuacion atopámonos co muelle fenicio, seguimos adiante e nos vamos atopando cunhas praias pequenas de arena moi fina e branca, despois de pasar a de Penisqueira, atopámonos cun lavadeiro do mesmo nome, a continuacion hai un edificio, onde se experimenta sobre a cria e engorde dos alevíns. Na esquina desa fabrica hai un petroglifo medival. A continuación ven a praia de couso e tapando o Atlántico están as pedras do "Perico", dende elas se ven unhas boas vistas, descartando a fabrica que está ao lado, aí Pachi contounos a Lenda do home de Sagres. Despois de deixar o "Perico", fomos bordeando todo couso, e poidemos observar algunha pequena praia e ata os restos dunha cetarea , despois de bordear todo couso, pasamos a piscifactoria dos rodaballos, vamos cara onde están as ruinas do porto de baixo, Vimos a lagoa de Vixán, non poidemos ir ata os carrizales nin ao mirador das aves pois estaba o camiño encharcado de auga e se facía imposible de pasar. Emprenderemos a ruta cara Vixán, e despois de pasar por un camiño entre dous muros no que so se pode ir en fila, chegamos á capela. 


Podes poñer comentarios sobre como resultou a ruta, que foi o que máis gustou, o que menos, ... (senón sabes como poñer o comentario, manda un email a vintedouspes@gmail.com co texto que queres publicar e indicando o nome que queres que figure e despois o poñemos nos no blogue).


>Lenda do home de Sagres


ILLA DE SAGRES. Así chamada en conxunto, en realidade son dúas illas, a de norte e a de sur, separadas polo Carreiro do Inferniño que é vadeable en marea baixa. O topónimo Sagres, parece ser que procede do latín “sacris”: ou sexa lugar sagrado. Ten unha fermosa lenda coñecida como “O Home de Sagres”, que reproducimos aquí:


Contan que fai moitísimo tempo moraba nestas terras un pobo coñecido co nome de Oestrymnios. A súa forma de vida sería semellante a de outras tribos da bisbarra, a caza, a pesca e o marisqueo serían os medios dos que se valerían para subsistir. Un mal día chegou por estas terras un home chamado Saepes ó mando dun poderoso exercito. Estes estranxeiros tiñan por tótem á serpe, de onde ven o nome do xefe, Saepes ou Sephes.
A idea desta xente era poder dominar nas illas, e a mellor maneira de conseguilo era casar ca filla do xefe da tribo chamada Forcadiña. Tiveron un fillo, o que lle puxeron ó nome de Noro. 
Conforme ía pasando o tempo e Saepes non chegaba a dominar nas tan ansiadas illas, maltrata a súa dona Forcadiña, con tanta xenreira que a lingua salta partida en sete anacos, as Sete Linguas, a Queixada foi dar ó Falcoeiro, os Canteiros (caninos en castelán) caeron polo suroeste de Pragueiros, a Testa foi parar a Area Mesa, as Mos van dar ó Carreiro e a Dianteira (os peitos) entre Pragueiros e Sagres. O pai de Forcadiña cando veu o que tal acontecera, bótalle unha terrible maldición a Saepes, Home de Sagres, que alcanza tamén a súa filla e á xente que o seguía, quedando todos convertidos en pedra para sempre. Contan que as pedras que rodean a illa de Sagres e arredores son os restos do exercito que acompañaba a Saepes. Ninguén quedou a salvo de tan terrible castigo, nin tan sequera os animais que formaban parte da facenda. Aí están: o Porco de Sagres, na mesma illa, o Cabalo de Insua Vela, entre Sálvora e Sagres, o Cabalo da Forcadiña, na Forcadiña, o Galo de Vionta, en Vionta, o Salto da Craba, en Couso, o Curro das Cabras e Area dos Bois en Sálvora, onde pacerían tranquilamente estes animais sen sospeitar o que se lles viña encima. Os pastos na illa debían ser bos, pois xa a xente de Carreira levaba o seu gando a pacer a esta illa no ano de 1764 según Diego Antonio Cornide e Saavedra. 
O Chapeu do Home de Sagres foi caer preto de Vionta.Casa e terras tamén quedaron abandonados i espallados polos arredores, así temos: A Hortiña no Carreiro, As Cortiñas en Sagres - ó lado do porco - Os Asadoiros en Sálvora, O Cabaceiro Grande e Cabaceiro Pequeno ó leste de Noro,Os Fornos en Sagres, a Arca e a Barca na Covasa, a Zafra en Sálvora, as Barqueiras o sur de Sagres, e as Barqueiras de Torán ó nordeste da mesma illa, e Fosaporcas preto de Sagres onde o Porco de Sagres pasaría os seus días rebuldando.
¿Hai algo de certo en todo isto? ¡Quen sabe! As lendas non deixan de ser iso, lendas, ¡pero! no Perico de Couso apareceron restos dun poboado prehistórico, nos Castelos de Aguiño pode que houbera un castro, no porto d’Abaixo outro?. Alá cada quen ca súa imaxinación.
Esta lenda está publicada no libro “Antiga Dorna Polbeira De Castiñeiras” de Juan Pérez Martínez “Xandomar”


















domingo, 14 de octubre de 2012

saída especial "mañá de lecer no outono" (apta para nenos/as) 28 de outubro

Ruta: "Mañá de lecer no outono"

Con esta mañá de lecer pretendemos iniciar nas rutas os máis cativos da familia a partires dos 5 anos (sempre acompañados de unha persoa responsable de cada un deles) así como darlle a coñecer o entorno, costumes ou tarefas que ata non fai tanto se facían nas aldeas. Dentro da idea tamén tentaremos que os rapaces  non o vexan como un esforzo físico, é dicir, que so van a camiñar , senón que haberá unha parte lúdica e como antes dicía de coñecemento da zona.

Día:28 de outubro

Puntos de encontro: ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 e 20 no aparcamento do Campo da festa de San Roquiño-Tállara (carretera Noia-Ponte Beluso) (ser puntuais).

De tanto éxito que tivo esta convocatoria non dimos contado cantos pés viñeron, pero a ollo houbo uns 70 minipés, uns 80 pés e 4 patiñas.

Almorzo: degustación dun producto típico da tempada cunha cunca de papas de millo (gratis). Serviránolo gustosamente na Taberna-Cafetería "A DO PANADEIRO" (a 100m do aparcamento) así como calquera outro tipo de almorzo (cafés, infusións, bolleria etc) que queiramos tomar (disto cada un paga o que tome). Isto do almorzo é optativo xa que ninguén está obrigado o que queira pode vir almorzado da casa.

Despois do almorzo partimos todos xuntos (maiores e rapaces) por un camiño dende a capela de San Roquiño cara a Noia pasando por Campanle onde si está bo día se verá o pobo e a ría. O chegar o Alto do Bosque colleremos a esquerda para baixar ata a Ponte de San Francisco.Pasamos polo paseo fluvial do río Tállara onde nos separemos en 2 grupos. Os que queiran facer a ruta pequena axeitada para rapaces (acompañantes) , principiantes e a longa os que collan camiño cara o Parque e  ermita de San Lourenzo. Na ruta pequena houbo actividades no medio así como un obradoiro de cabazas ao rematar a ruta no poli (5-6 km). Con motivo da chegada do Samaín os que participen no obradoiro trouxeron a súa cabaza así como o material para realizalas. Mentres se preparan as cabazas empezarase cos preparativos do magosto para cando cheguén os sendeirista da ruta longa degustalas todos xuntos (12-13 km).
Tanto a ruta curta (5-6km) como a longa (12-13km) rematou no polideportivo do San Roquiño. Asaronse castañas que trouxeron os participantes.

Se alguen ten algunha foto desta saída e desexa publicala no blogue pode mandala ao correo electrónico do grupo vintedouspes@gmail.com  (nesta saída non veu o fotógrafo "oficial" e polo de agora non temos ningunha foto para publicar).

Dende Vintedouspés queremos agradecer ao Concello de Lousame a colaboración prestada nesta ruta ao limpar de maleza un tramo por onde discurría a ruta e así non ter que facer ese tramo pola estrada.

Podes poñer comentarios sobre como resultou a ruta, que foi o que máis gustou, o que menos, ... (senón sabes como poñer o comentario, manda un email vintedouspes@gmail.com co texto que queres publicar e indicando o nome que queres que figure e despois o poñemos nos no blogue).

lunes, 24 de septiembre de 2012

Finou Nebra


O 19 de setembro finou Nebra -un dos membros máis participativos de Vintedouspés- de morte natural.

Nebra: moitas grazas pola túa compañia nas rutas de Vintedouspés. Estarás sempre no noso corazón

miércoles, 19 de septiembre de 2012

7 de outubro Rio Barbanza - Gravados podomorfos



Campo da Estivada
Os puntos de encontro foron ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda. da Constitución) e ás 9 e cuarto en S. Isidro, xunto ao aparcamento que hai ao lado dun bar e na zona da igrexa. Saimos andando da zona de S. Isidro (Pobra), xunto dun campo de futbol de terra, o lugar chamase Chan de Po e fomos polo rego dos Salgueiros, Petón do Corral, Petón da Hedra, Pousadoiro, Petón de Currumil, Alto do Salgueiro, Campo da Estivada, Curro das Eguas, Pedra da Barca, río Barbanza ata A Portela, as Chans do Barbanza, miramos e fixemos unha pequena parada na mámoa Casarota do Fusiño e despois pasamos por Outeiro dos Corvos, cruzamos o rego de Mos (segun outros o rego Batán), vimos uns gravados rupestres podomorfos que se descubriron hai pouco, e voltamos a Chan de Po pola costa de San Paio. Foron sobre 16 km, dificultade media. Partimos dunha altitude de 200 m e o punto máis alto será pola zona de A Portela arredor de 500 m.

Rego dos Salgueiros

Pousadoiro


Casarota do Fusiño

Rio Barbanza

Rio Barbanza

Dar as grazas a Victor Barbeito do Centro Arqueolóxico de Neixón por levarnos unha tarde a onde están os gravados rupestres que vimos nesta ruta. E parabéns ao grupo que adestra cans no campo de futbol de San Isidro que nos acompañaron pois non molestaron a marcha desta saída. 

Ao chegar picamos e bebimos para celebrar o 2º cumpreanos de Vintedouspés, de tan cansos que chegamos entre todos case non damos apagado a vela ;-) .







Sobre os gravados rupestres podomorfos hai algo de información no blogue de Manuel Gago
Un petróglifo moi antigo aos pés da veta mineral de estaño e ouro, onde homes de hai milenios deixaron gravados os seus pés; un petróglifo inédito esquencido de expertos e prendido a penas con pinzas nos tendais da memoria das aldeas próximas. O petróglifo galego con máis pegadas de pés, concentradas de xeito insistente nunha pedra e estendidos a outras dúas máis.
Ese petróglifo de podomorfos non está aí por casualidade. Ese petróglifo responde a un ritual, e teño a intuición de que é un ritual de apropiación da mina, unha toma de poder simbólico do lugar, un acordo cos deuses que proporcionan ese mineral que nace na terra como as árbores. Teño a sensación de que o petróglifo está a sancionar a propiedade dun recurso económico valiosísimo por parte de comunidades ou de individuos, a diferencia entre a riqueza e a supervivencia. Estamos falando do Bronce Final.
(Fragmentos sacados do blogue de Manuel Gago antes mencionado)
Nestes enlaces que hai a continuación ven máis información relacionada con eses gravados e coa mina existente na zona
Por último poñemos un enlace a un video de Youtube onde Yolanda Seoane explicanos as tecnicas de analise do petroglifo de motivos podomorfos do Outeiro dos Corvos
Fotos sacadas do blogue Capítulo Cero de Manuel Gago:





miércoles, 15 de agosto de 2012

16 de setembro Fragas Alto Eume (As Pontes)


Esta foi a primeira saída de Vintedouspes con autobus, o punto de destino foron as fragas do alto Eume en as Pontes de García Rodriguez.
A ruta de andar foron arredor de 24 km, a dificultade é media-alta pola cantidade de kms e polo terreo irregular, xa que subimos e baixamos bastante.
É unha ruta especialmente bonita, pasamos polas fragas de Lostegal e de Ribeira e vamos á beira do encoro de Ribeira.
Os puntos de encontro foron ás 7:45 dende o garaxe de Autobuses Comparado que está en San Roquiño e ás 8 diante da Casa da Cultura de Boiro.



O bosque soñado
O río Eume, duns cen quilómetros de lonxitude total, labrou na maior parte do seu treito medio e final un profundo canón. As abruptas ladeiras, nalgúns puntos de ata 300 metros de desnivel, conservan o manto vexetal orixinal dos bosques atlánticos. Un bosque coma todos soñamos: a espesura, as estacións transformadas en cores, un río que coñece a aventura do salmón e busca a proximidade do mar para facerse ría...

Porque fraga significa bosque con árbores de diferentes especies. Carballos e castiñeiros forman o manto caducifolio acompañados de bidueiros e ameneiros, freixos e teixos, abeleiras e froiteiras silvestres; e dos perennes loureiros, acivros e érbedos. Todos forman unha heteroxénea selva na que cada especie ocupa o seu lugar. As sobreiras, por exemplo, teñen nas voltas destas ladeiras orientadas ao sur, o seu límite setentrional en Galicia. Nas ribeiras húmidas e sombrías consérvase unha ampla colección de liques, carrizas e fentos que son unha das xoias dos bosques climáticos como Eume, relictos da Era Terciaria. (texto sacado de Turgalicia)

Foi unha ruta de todo o día, Chegouse de volta a Boiro e San Roquiño (Lousame) ao final da tarde.
Moitísimas grazas ao Club de montaña O Caxado pola axuda para preparar a ruta.
Se fixeches a ruta sería bo que comentaras algo ao respecto, cousas positivas e/ou negativas, sensacións, ...
Se tes algunha foto interesante da ruta e queres que se publique neste blogue podes mandala ao email vintedouspes@gmail.com

 




Neste enlace podes ler un relato desta ruta e fotos feito por un sendeirista noutra ocasión
http://senderocircular.blogspot.com.es/2012/07/el-bosque-animado.html