martes, 14 de junio de 2022

24, 25 e 26 de xuño tres rutas por Somiedo e Babia



Venres 24 de xuño: La Cueta - Fontes do Sil - pico Pena Orniz.



Ruta de montaña da comarca de Babia (León).

Teremos a ocasión de ascender a Peña Orniz, que con 2192 metros de altitud é o segundo pico máis elevado da comarca de Babia, después das Ubiñas.

Partimos do pobo de La Cueta (o máis alto da provincia de León, 1446 metros de altura).

A ruta discurre por pista e sendeiros que bordean algúns dousmiles como o Cuetalbo, e Peña Chana, pasando por varias "majadas" (Bustusil e Covalancha).

Chegamos ao nacimento do río Sil, desde aí emprenderemos a ascensión ao pico Pena Orniz, onde se divisan innumerables picos.

A volta vai bastante rato pola beira do rio Sil.

Distancia: sobre 16,5 km (ruta circular)

Dificultade: media-alta (é unha ruta de montaña). Haberá a opción de quen non queira facela ascensión ao pico Pena Orniz pode quedar na base, así a ruta será algo menos dura.

Neste enlace está o track da ruta en Wikiloc https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/la-cueta-fuentes-del-sil-pico-pena-orniz-78249497



















Sábado 25 de xuño: Lagos de Saliencia – Lago del Valle – pico Albos oriental.




Saindo do aparcamento do Alto da Farrapona collemos a pista cara os lagos de Saliencia, o primero deles é o lago de la Cueva. Subimos en zig zag ata o lago Cerveriz.


De aquí en adiante o camiño vai ata a Vega de Camayor, inmensa pradería onde soe haber bastantes reses pastando en libertade.

Ao final da vega diriximonos a Lago del Valle, un precioso lago e o máis grande de toda esta ruta onde veremos un teito (cabaña con techumbre de escoba típica en Somiedo) e a súa illa central.

Agora toca realizar a parte máis dura da ruta, unha subida empinada que sae pola parte esquerda do teito, posteriormente un tramo con pouca pendente e a subida para acceder á cima do  Albo Oriental.

Tras coronar este último, tomaremos o camiño de baixada - algo complicada- para acabar a ruta bordeando os lagos Cerveriz e Calabazosa.

Distancia: sobre 18,5 km (ruta circular)

Dificultad: media-alta . Quen no quiera hacer la ascensión al pico Albos oriental pode volver ao chegar ao lago del valle ao punto de inicio polo camino de ida e bordear os lagos, así la ruta será menos dura.

En este enlace está el track de la ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/lagos-saliencia-lago-del-valle-albo-oriental-107199290























Domingo 26: Laguna de las verdes, pena Chaña




esta ruta empeza en Torre de Babia (1271 m), hai restos de unha torre fortificada da que ainda se conservan parte dos seus muros e debeu servir como punto de control do tránsito de persoas e mercancías entre as vertentes leonesa e asturiana da Cordillera Cantábrica.e vai por un val glaciar ata lagoa "de las Verdes". A continuación vamos subindo ata o collado e ascendemos a Pena Chana (2105 m), onde podemos gozar de bonitas vistas de outros cumes da zona: Montihuero (2180 m.), Picón (2082 m.), Pena Los Años (2157 m.), la Cervata (2087 m.) entre outros e o val do Sil.
Volvemos a lagoa Las Verdes máis ou menos polo mesmo sitio e volvemos por outro camiño que sae a man esquerda, pasaremos a carón doutra lagoa e chegaremos ao punto de inicio.
Quen queira facer a ruta menos esixente pode ir ata a lagoa e seguir o camiño de volta.

Neste enlace está o track en wikiloc https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/laguna-verdes-pena-chana-105846379