sábado, 29 de junio de 2019

28 de xullo: Foxo do lobo (Cotobade)





Información da ruta:
Un foxo do lobo é unha construción adicada a dar caza a este animal nunha batida comunitaria que consistía en espantalo cara a uns muros altos de pedra que iban converxendo ata rematar nun profundo burato no chan, no que finalmente caía o depredador do gando. Os foxos están extendidos por todo o noroeste de España e tamén háinos en Portugal e no caso concreto de Cotobade existen dous, visitando nós o que se atopa entre as freguesías de Carballedo e Corredoira.

O noso percorrido irá polo sendeiro marcado como Foxo do Lobo, cunha ampliación da andaina xa que sairemos da área de lecer de Pozo Negro. Se facemos o traxecto no sentido contrario as agullas do reloxo, da praia fluvial de Pozo Negro encamiñámonos a igrexa de San Martiño de Rebordelo, que aínda conserva a cabeceira románica do século XII, con casa reitoral ao seu carón. Pasado Soutolongo, entramos n´Os Martices coa súa carballeira e capela de San Brais. Internámonos deseguido nunha fraga con corredoiras que levan ata as aldeas abandonadas de O Sabugueiro e Arufe.

Baixamos as beiras do río Almofrei, cheo de pontellas que comunican as súas bandas e con antigos muíños movidos polas súas augas e atravesada a engaloiante ponte de medio punto de Serrapio a congostra sobe procurando o foxo do lobo, mergullado nunha acolledora carballeira.



Facemos o retorno de novo ao Almofrei para folgar ou bañarse na área de lecer de A Chan, con muíños, mesas e piscina. O camino d´As Barcias enfila cara o final do roteiro, ollando os muíños Suas Veigas e dos Milagres, cunha pequena praia, xa as beiras da piscina de Pozo Negro, onde rematamos.(información collida de Wikiloc dun texto de Jesús Simón)

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/foxo-do-lobo-cotobade-39297911

















martes, 11 de junio de 2019

Domingo 30 de xuño, fervenza das hortas (Arzua)



Información da ruta:

No lugar no que deita as súas augas no río Iso a Ponte Santa nace o Roteiro da Fervenza das Hortas, que ten como fitas principais:
- A Torrente de Maroxo, que remata no coto do mesmo nome e que ofrece unha panorámica única da vila de Arzúa.
- O encoro de Portodemouros, que foi construído no ano 1968 na cunca do río Ulla, límite entre as provincias de A Coruña e Pontevedra. Ofrece un espazo ideal para os deportes náuticos e a pesca.
- O Enredo do Abelleiro, interesante museo temático sobre o mel e a apicultura.

O roteiro remata na Fervenza das Hortas, un dos límites naturais entre os concellos de Arzúa e de Touro. Consta de dúas caídas de auga, en gneis mesturados con cuarcita, duns 30 metros de altura, do Regato de Saímes, segundo o libro Augas caídas. Fervenzas de Galiza.






















 



Neste enlace están as fotos de Eduardo https://drive.google.com/drive/folders/17IICelN03s8EJKrzZs95xmeL8AgAAZne

Seguimos a ruta creada e compartida en Wikiloc de José Conxo https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/pr-g-169-roteiro-fervenza-das-hortas-9824166