domingo, 26 de marzo de 2023

2 de abril 2023 ruta "monte Louro e Ancoradoiro" (Muros).

Seguimos co plan previsto (actualizado o sábado 1 de abril)

O domingo 2 de abril o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza a ruta "monte Louro e Ancoradoiro" (Muros).

Empezamos na praia de Louro, vamos polo paseo e praias de Louro ata chegar ao faro, collemos unha pista de terra paralelos ao mar e empezamos a subir ata o monte Louro), as vistas que nos acompañan son espectaculares. Collemos outra pista que nos leva ata a lagoa de Ancoradoiro, que bordeamos e vamos ata a aldea de Louro e posteriormente vamos por un via crucis e ao mosteiro de San Francisco, rematamos no punto de inicio.

Son sobre 15 km e está previsto que nos leve arredor de 5 horas e media.

Os puntos de encontro son ás 8 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 8 e vinte polo Mercadona de Noia.

Vamos en coches particulares (compartimos coche e gastos), so poden ir socios/as.

Para inscribirte contesta a este correo electrónico indicando nome e apelidos e onde te incorporas antes das 13 horas do 1 de abril.
Se te incribes, o 1 de abril a partir das 18 horas revisa o noso blog por se hai algún cambio de última hora.

Relación provisional de inscritos:
Chantal Boiro
Eduardo Boiro
Concha Boiro
Andrés Noia
Manuel Antonio Boiro
Manolo Gomez Boiro
Moncho Rey
Marita Boiro
Chus Boiro
Javier Boiro
Lita Noia
Javier Bouzas
Mario Noia
Mila Noia
Lilí Boiro
Mercedes Boiro
Nati Boiro
Berta praia Louro
Raul praia Louro
Viru Boiro
Anxo Boiro
Chus Seijas
Moncho Vazquez Noia
Pilar Burke Noia
Carlos Llanes praia Louro


sábado, 18 de marzo de 2023

actividades doutros clubs

o 25 de maio hai andaina de 25 ou 13 km en Xinzo (Ponteareas) do Open Andainas Regularidade. Podes inscribirte aqui https://xistra.playoffinformatica.com/actividad/54/Xinzo25km-IX-Open-Andainas-de-Regularidade-25-km-2023/

O 16 de abril andaina de 25 ou 15 km por Porto do Son. Forma parte da Liga de sendeirismo da Federación Galega de Montañismo. Máis información https://trabandainas.com/andaina-son

Podes inscribirte aqui https://cronocheck.com/porto-do-son-25-km


jueves, 16 de marzo de 2023

8 e 9 de xullo, fin de semana pola costa de Loiba (Ortigueira) e a mariña lucense (O Vicedo).


Sábado 8: ruta das algas,  Espasante-banco de Loiba-praia de Esteiro (Mañón). Sobre 16,5 km, dificultade: media-fácil

E paseo por Fuciño do Porco . Sobre 4 km, dificultade: fácil


Ruta das algas,  Espasante (Ortigueira) - banco de Loiba - praia de Esteiro (Mañón), información collida do Club Acivro e do concello de Ortigueira:

A Ruta das Algas, tamén chamado "Camiño da Costa" é unha das rutas costeiras máis fermosas e atractivas existentes en Galicia, conta con numerosos e importantes valores naturais e paisaxísticos que fan que este itinerario sexa auténticamente inesquecible para calquear camiñante.

Discurre por gran parte da franja costeira do concello coruñés de Ortigueira, por lugares tranquilos e aonxados das masificacións doutras zonas.

Esta ruta é un compendio dos seguintes itinerarios:

Ruta dos mariñeiros de Espasante

Ruta dos cantís de Céltigos

Ruta da Pena Furada (Céltigos)

Ruta das algas (Loiba)

Ao longo do itinerario podemos contemplar diversidade de elementos interesantes, destacando:

• Un gran número de praias de gran beleza, a maioría vírxenes e a salvo do turismo masivo, entre as que se atopan as praiaa da Concha, San Antón, Eirón, Bimbieiro, Ribeira dos Ourizos, Sarridal, Ribeira do Carro, os Castros, Fábrega, Picón, Lousido e Esteiro.

• Impresionantes zonas de cantís ao longo do percorrido, destacando os situados na parroquia de Loiba.

• Fantásticos miradores como o de Pena Furada, Cadaval o el mirador de O Coitelo, desde os que temos magníficas vistas de toda a franxa costeira.

• Elementos paisaxísticos interesantes como a Pena Furada, imponente roca que sobresae do mar con forma de dobre arco, formada ao longo dos séculos pola erosión do mar e do vento; e o embarcadeiro de picón, situado nun increíble lugar ao pe mesmo dos cantís.

• Diversas poboacións ao longo do percorrido como Espasante, Paredes, Mazorgán e Picón.

 Paseo polo Fuciño do Porco (información facilitada polo concello de O Vicedo):

Nas Rías Altas galegas, na zona occidental da Mariña Lucense áchase un dos puntos de visita obrigada para quén visite o norte de Galicia.

O que ata fai poucos anos era unha paraxe descoñecida e inexplorada, foi gañando fama grazas ás súas peculiaridades orográficas e a beleza da súa paisaxe ata o punto de converterse nun dos emprazamentos máis visitados e coñecidos da costa galega, nunha visita obrigada.

Trátase dun cabo escarpado que se percorre a través dun sinuoso camiño sobre cantís salvaxes. Se xa o propio paseo chama a atención polo zigzagueante que é o seu percorrido, aínda chaman máis a atención as súas vistas do Mar Cantábrico e do Océano Atlántico que se estenden cara á inmensidade  ante os ollos de quen o visita. Todo isto suma un conxunto incomparable de beleza e natureza, de mar e montaña e de lecer e deporte que merece a pena ser visitado algunha vez na vida.

O seu nome real é Punta Socastro, pero é coñecido popularmente como Fuciño do Porco pola semellanza que ten co fuciño dun porco visto desde o mar.


















Domingo 9: Morgallón - rio Sor - Ponte do Porto. Sobre 12,5 km, dificultade: fácil



Morgallón - rio Sor - Ponte do Porto (información facilitada polos concellos de O Vicedo e Mañón):

Ao longo do percorrido, que discorre nunha boa parte por un sendeiro de pescadores achegado ao río, pódense observar os restos dunha antiga central hidroeléctrica, unha presa de retención, os restos dunha antiga telecadeira, que servía para que os pescadores cruzaran o Río Sor, un antigo muíño de auga, un refuxio de pescadores e, por suposto, a beleza do lugar de Monte de Insua.

O percorrido discorre por zonas bastante chas, nas que atopamos bancos colocados para descansar. Despois duns corenta minutos de camiño chegamos á ponte colgante e xunto del o Refuxio de Pescadores da Furada.

Continuamos o percorrido ate que podemos admirar a Ponte do Porto, antiga ponte de orixe medieval construída para que o Camiño Real entre Viveiro e Ortigueira, sorteara o río Sor. Foi realizada en cantería con arcos de medio punto. No seu centro (a dez metros sobre o nivel da auga) aínda pode verse o marco que sinalaba o límite entre as antigas provincias de Betanzos e Mondoñedo.

A súa beira encóntrase a capela da Virxe do Porto, onde hai anos se celebraba unha gran romaría onde asistían os veciños de toda a bisbarra, quedando agora só en lembranzas.

Os bosques de ribeira forman unha galería arbórea ao longo do río de grande importancia ecolóxica. Serven como corredores verdes para a fauna. A súa sombra axuda a regular a temperatura das augas do río, manténdoa case constante, especialmente no verán e ademais actúan de filtro verde purificando as augas que se incorporan ás correntes.

O Sor circula polo seu leito transportando materiais diversos. En certos lugares no que o leito se agranda moito se producen acumulacións de sedimentos que forman ao longo do tempo illas. Estes anacos de terra vexetados son moi importantes para a flora e fauna do río, por que ofrecen un lugar protexido, illado da influencia dos humanos e dos predadores. Polo tanto son uns espazos moi valiosos para a conservación da biodiversidade.

No Sor viven dous mamíferos ben adaptados a vivir na auga dos nosos ríos, sempre que estean ben conservados: a lontra e o auganeiro.

Da lontra o máis probable é que só vexamos as evidencias da súa existencia: ben as súas pegadas ou ben os seus excrementos. Precisa augas limpas e ecosistemas ben conservados para poder vivir. Este mamífero está perfectamente adaptado a vida no río, e pode chegar a nadar a unha velocidade de 11 km/hora cando un nadador olímpico só chega a uns 7 km/h. Tamén e quen de aguantar debaixo da auga até 4 minutos. O corpo en forma de fuso e as pequenas orellas para reducir a resistencia á auga, as patas traseiras palmeadas e a súa cola aplanada como un temón, son algunhas das adaptacións deste mamífero que volveu ao mundo acuático e que se alimenta fundamentalmente de peixes que caza sorprendéndoos.

O auganeiro ou rato de almiscre é un pequeno mamífero nocturno da familia das toupas, pesa uns 50 gramos e non ten mais de 13 cm. de longo. Alimentase de pequenos invertebrados que captura coa axuda da súa trompa coa que levanta as pedras do fondo.










sábado, 4 de marzo de 2023

26 de marzo ruta Costa da Vela (O Morrazo)


Sobre a Costa da Vela na páxina web de turismo da Xunta de Galicia explican:
“Entre as Rías de Vigo e Pontevedra, no punto máis occidental da península do Morrazo, encóntrase a Costa da Vela. Este é un mundo virxe no que o mar e os piñeiros son os donos da paisaxe. Aquí as vistas son dunha beleza espectacular.
Como o solpor desde o Faro de Cabo Home, un dos máis altos de Galicia. Ou os cantís de Donón, de máis de 150 m de altura e contra os que o mar se bate furioso. Ou a praia de Melide, coas illas Cíes enfronte, case ao alcance da man, e desde a que non é raro ver golfiños xogando na auga. Ou xa na ría de Vigo, as paradisíacas praias de Nerga e Barra, esta última nudista, de augas transparentes e rodeada de piñeiros que chegan case ata a area.
E dominando o ceo e a terra, o mítico Monte do Facho, antigo castro e santuario celta. Está só a 160 m sobre o nivel do mar pero o seu emprazamento é magnífico para non perderse nada, desde Cabo Silleiro a Cabo Fisterra.”
Información da ruta: partimos da praia de Liméns, enseguida subimos ata Nerga, dende onde xa son visibles os sinais do sendeiro GR-59. En Nerga pasamos polo sistema dunar da praia de Nerga, sairemos ao extremo occidental da praia de Nerga e pasamos pola praia de Viñó e dende aí atravesamos a praia de Barra.
Dende Barra ascendemos pouco a pouco por un sendeiro que nos leva ata as pistas de terra que rodean Cabo Home, visitando os faros de Subrido, Punta Robaleira e Cabo Home e a última praia do día, Melide. É salientable a constante presenza das Cíes no horizonte.

Unha vez percorrido o Cabo do Home camiñamos ata Donón e ascendemos ao Monte Facho visitando o castro que hai na cima. Dende aquí divisamos todo o entorno de Cabo Home. Da historia deste monte explicase na web del concello de Cangas o seguinte:
“En primeiro lugar, desde o século X A.C. ata o século VII A.C., existiu un poboado na ladeira este do que a penas temos información salvo a do seu excepcional tamaño. A partir do século VI a.C. xorde o castro galaico, poboado fortificado que subsistirá ata o século I a.C. Del aínda podemos ver parte das murallas, o foso, as pedras que conformaban as súas vivendas e que hoxe cobren as ladeiras do monte, os vertedoiros de lixo nas marxes do poboado ou a topografía actual do monte que deriva tanto da construción mesma do poboado como da configuración natural.
Posteriormente, un santuario levantado sobre o cumio vai a recoller as vellas crenzas de quen vivira no castro para dotalas, ao longo dos séculos II ó IV d.C., dun novo carácter, agora marcado polo proceso de asimilación da cultura latina na rexión do imperio romano chamado Gallaecia. Finalmente no século XVIII constrúese o posto de vixilancia costeira con fins militares do cal pervive a garita.
Apareceron 161 altares, no que fai casei dous mil anos debeu de ser un bosque de aras levantadas sobre o cumio do monte.”
Después do monte Facho descendemos e continuamos seguindo as marcas do GR-59 ata o cruceiro de Hío, unha das grandes marabillas do patrimonio etnográfico de Galicia. Este cruceiro do século XIX está tallado case na súa totalidade nun só bloque de granito. Adán e Eva ante o pecado orixinal, a Virxe do Carme auxiliando as ánimas do purgatorio ou a Virxe María pisando a cabeza do demo-dragón son só algunhas das pasaxes bíblicas que poderedes observar, e por último voltaremos á praia de Liméns.