domingo, 28 de julio de 2019

1 DE SETEMBRO 2019 FRAGAS E LEVADAS DO CALVO E DEVA



Neste enlace tedes moitas fotos de Eduardo https://drive.google.com/drive/folders/1-S0nrBhW5pJ7tFx05MN8r51czfBXaJbv

Desplazarémonos en autobús e será una ruta aberta a non socios. Sairemos do lugar de A Ponte en Parada de Achas (A Cañiza) lonxitude 18km, dificultade moderado. A ruta circular, de 18 km., rodea o fermoso val de Parada de Achas, paseándonos por máxicas  fragas, por un singular bosque de sobreiras, por excepcionais paisaxes de media montaña e polos misterios e sons dos ríos Calvo e Deva.
Recupera sendas e camiños esquencidos, lugares cheos de encanto e historia, recunchos segredos nos que perderse e soñar…
Ten unha derivación de 6,2 km. , ao Coto da Vella que nos recompensa con impresionantes vistas.
CADA UN LEVA A SUA COMIDA (bocata, froita,…).
Hora saida: ás 7,50 horas da Cachada, paradas en Rianxo rotonda de Te ás 8 horas, e Catoira rotonda gasolineira Repsol ás 8,10. A hora de volta dependera do tempo que nos leve a ruta.
INSCRICCIÓNS:
SOCIOS ata o 7 de agosto,  NON SOCIOS a partir do 7 de agosto, hai de prazo ata o 28 de agosto a non ser que se cubran antes as prazas. POR CUESTIÓN DO SEGURO AOS NON FEDERADOS REMATA O PRAZO PARA INSCRIBIRSE O MARTES 27 ÁS 14 HORAS.
Prezos:
Federados de CMB Vintedouspés 10 €. É obrigatorio inscribirse
Federados doutros clubs 12 €, deberán ensinalo carné de federado ao iniciar a ruta.
Non federados 16 € (faráselles un seguro de día)

Para inscribirse
- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/ECF3r2GD8HbYbtRj8
- Ingresar a cantidade que correspondente na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca)  (deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita).
- Mandar xustificante do ingreso ao email vintedouspes@gmail.com.

Aviso para os inscritos: este plan pode sufrir algúnha modificación, se te inscribes, o sábado 31 de agosto pola tarde revisa o blog por se hai algún cambio.

Información da ruta facilitada por Xoanzinho en Wikiloc
Esta ruta transcorre pola parroquia de Parada de Achas, no Concello da Cañiza, con treitos realmente espectaculares e recantos de enorme fermosura. Malia ter algún tramo de enlace algo insípido, paga realmente a pena descubrir os agasallos para os sentidos que se agachan aquí. Foi preparado pola Asociación de Veciños e a Comunidade de Montes de Parada.

Deixamos o coche ao lado dun bar na praia fluvial da Ponte e seguimos as indicacións, abundantes en case todo o percorrido, aínda que é recomendable ter de man o gps para non despistarse nalgún desvío. A ruta é circular agás no primeiro quilómetro e medio, camiño que percorremos tanto á ida como á volta. Ao chegarmos a ese punto no km 1,5, no lugar das Caldas, temos que escoller en que sentido realizar a ruta: nós optamos por tirar á nosa dereita, en sentido descendente, directamente cara ao río Calvo até achegarnos a unhas poldras polas que non hai que cruzar . Mantémonos na beira dereita do río (no sentido da corrente) e pasamos onda o pontillón de madeira de Vilamide e o muíño de Entre as Viñas. Pouco máis adiante a levada de San Paio ou Sampaio (co seu muíño) e a levada de Pintelos vannos achegando a unha zona na que o río forma fermosos rápidos que logo de pequenos saltos rematan na fervenza do Deva, onde o as augas do río volven acougar. Levamos camiñado tres quilómetros e xa damos por xustificada a visita, sen saber todo o que nos espera. Un vídeo deste recanto gravado por nós este mesmo día tédelo en https://www.youtube.com/watch?v=dyUgsIbfNM8

A seguir adentrámonos na fraga do Deva da que saímos á altura do restaurante Cruceiro da Balsada, enlazando co Camiño Real. Atravesamos o lugar do Feirón, onde pasamos a carón do Pazo do conde de Cervellón (km 5,2) para logo atravesar o barrio da Igrexa. Entre estes dous lugares está indicada a primeira das variantes desta ruta, a derivación aos cotos, que non tomamos. Este é un tramo de pouco máis dun quilómetro pouco vistoso, mais axiña tomamos o camiño dos Defuntos que nos leva á fraga do río Calvo, auténtica marabilla natural da que gozamos durante practicamente dous fermosísimos quilómetros. O senlleiro castiñeiro da portada do tríptico da ruta fica fitándonos neste treito. A vexetación, as árbores, as pedras vestidas de verdes intensos, a auga chamando por nós para que nos desviemos un chisco do camiño e nos asomemos a contemplala nos diversos saltos que ten que ir dando para avanzar... Por certo, polo devandito camiño dos Defuntos baixaban aínda a comezos do século XX os cadaleitos dende os lugares de Formigueiro, Vilariño e Folgoso até Parada de Achas, tal como nos informa un panel na ruta máis adiante.

Déixovos a ligazón a un breve vídeo dun recanto do río Calvo: https://www.youtube.com/watch?v=y3DlegN49-Y

A uns 9 km do inicio saímos da fraga onda a segunda derivación, no lugar do Formigueiro: a variante do coto da Vella, que nos leva a lugares máis elevados do Paradanta (o coto da Vella é un espectacular miradoiro, principalmente cara ao sur, sobre o Paradanta e o val do Miño, a máis de 900 m de altitude). Nós continuamos agora en paralelo ao camiño polo que percorremos a fraga, pero a máis altura e por unha pista que vai cruzando regos como o de Porto de Bois (pouco máis adiante deste rego reaparece o camiño dos Defuntos como posible punto de retorno) ou o de Porta Cedeira, punto de confluencia do camiño da Raíña, denominado deste xeito por telo utilizado dona Urraca para ir ao castelo do Sobroso (antigamente “Soberoso” pola abundancia de sobreiras) ou mesmo ao castelo de Salvaterra de Miño. Este camiño entraba en Galiza dende Castela e pasaba, por exemplo, polos mosteiros de Oseira, Melón e A Franqueira.

Continúa o camiño cara ao muíño do Arendo (km 12,5) onde collemos a desviación cara á ermida da Pena de Francia, lugar de romaría cun fermoso castiñeiro centenario e boa zona de merendeiro (onde aproveitamos para tomar o noso bocata). O desvío até a ermida é duns 800 metros (ida e volta incluídas). Pouco máis adiante atopamos o pequeno río Oulo e atravesamos un fermoso sobreiral polo que nos achegamos novamente ao río Deva.

Ao pasar a pequena central hidroeléctrica de Cabo (km 15,6) hai unha ponte que nos levaría directamente ao lugar da Ibia, pero preferimos descubrir (e que ben fixemos sen o saber) o fermoso recanto que nos regala o Deva seguindo o río xusto antes de chegar ao muíño da Ibia. Seica debería haber unhas poldras para cruzar o río: ou non as vimos ou estaban cubertas pola auga, pero cun chisco de paciencia sempre se atopa unha zona de paso (a non ser que o caudal sexa moito, pero cando pasamos non era pequeno). No peor dos casos soamente habería que recuar uns trescentos metros, así que ben paga a pena asomarse.

A partir de aquí atravesamos o lugar da Ibia, cruzamos outra ponte sobre o Deva e chegamos de volta ao lugar das Caldas, dende onde regresamos ao punto de partida.

Tríptico informativo http://www.caniza.org/recursos/archivos/Folleto%20Sendero.pdf


jueves, 18 de julio de 2019

29 de setembro andaina de 25 km ou 15 km

O club CMB VINTEDOUSPES agradece o concello de Rianxo e máis concretamente ao Servizo de Deportes o apoio dado en todo momento para a celebración da andaina.

Neste enlace están as fotos que fixo Eduardo https://drive.google.com/drive/folders/1bLk8gkaoyw-i076zyAiYrp54FyOOPsP4



Este é o percorrido que estamos a preparar:
Saída de Campo Maneiro. Pásase pola aldea de Traba (sitio onde está o hórreo con maior capacidade de Galicia); séguese por camiños de monte pasando polas aldeas de Cerqueiras, O Vilar, A Varela, Campelo.
Súbese ata o lateral do Pico Muralla (sen chegar ao cumio) con grandes vistas da Ría de Arousa.
Baixase polo antigo camiño tradicional pasando por Ourille preto do Castro Barbudo, para seguir polo chamado Camiño do Vixilante polo medio dun bosque de acacias ata chegar a Campo Maneiro.

PATROCINADORES:






Praza Rafael Dieste






DISTEVA








miércoles, 17 de julio de 2019

actividade especial 12 e 13 de outubro duas rutas de sendeirismo polo Carballiño e Ribeira Sacra





Ruta do contrabando (Luintra – Ribeira Sacra)

O pasado 15 de maio inaugurouse un fermosísimo roteiro polo concello de Nogueira de Ramuín da man da asociación Móvete por Nogueira que traballou arreo para abrir vieiros cegados e que contou co sólido apoio da empresa de lecer Rutea.

O percorrido desenrólase polas abas e cimeiras de a cabalo entre o río Miño e o Sil, por camiños, congostras e carreiros testemuñas de tempos de "contrabando" coa fariña que saía dos muíños que hai por debaixo de Baldomir.

Sendo o traxecto circular, nós ímolo comezar en Penalba, na antiga estrada N-120a e seguindo o sentido das agullas do reloxo, sobor de A Ferreirúa, teremos a vista de paxaro, aló embaixo, ao río Miño e deseguido verémonos mergullados no medio de carballeiras que de cando en vez trócanse soutos.

Chegados a Moura non podemos deixar de ir ata o miradoiro de A Lampa, de onde albiscamos o mosteiro de Santo Estevo, tendo aos nosos pés un Sil que baixa entre paredes verticais. Deixando atrás a vella escola, entramos nunha contorna de penedía onde as rochas teñen nome de seu: Penedo do Trigo, Penedos de Rufino e a impresionante e vertical Pedra Longa de imprescindible visita cun pequeno desvío. Conta a lenda que aquí unha princesa moura sufriu un infeliz encontró e tivo que enterrar as súas alfaias e outros tesouros entre as enormes rochas do camiño.

Da aldea de Monteverde ata a de Baldomir, o noso sendeiro, cadra có do Maquino Largaño, para logo internarse polas beiras dun pequeno rego con marxes ateigadas de feiticeiros muíños hidráulicos, vendo todos cunha curta desviación no recorrido.

Máis carballos, bidueiros e castiñeiros que nos envolven nunha fraga de fermosura sen igual e na que non falta ata una antiga alvariza.

En Borraxos o carreiro baixa rápido por corredoiras entre soutos a procura de máis muíños e, xa de remate, subimos cara a Penalba onde iniciamos a Ruta do Contrabando. (información facilitada por Jesús Simón en Wikiloc).
Sobre 15 km, duración aproximada sobre 6 horas e media.
Dificultade media.



























Rio Barbantiño

Se trata de una de una de las rutas de ríos y bosques más bellas de Ourense que discurre por los municipios de Punxín, Maside, Amoeiro y Cea, en un entorno natural precioso, y que recorre la antigua vía de comunicación que bordeaba el río Barbantiño y comunicaba las distintas aldeas de la zona.

La ruta discurre por senderos y caminos que atraviesan maravillosos bosques de cuento de hadas, al mismo tiempo que vamos contemplando interesantes y valiosos elementos etnográficos como molinos, pontellas, pasos y levadas, disfrutando en todo momento de un entorno tranquilo con el rumor del agua, que invita a la contemplación y a la relajación.

Partiendo de Viñao, caminaremos siempre por el interior del bosque pegados al río Barbantiño hasta llegar al lugar donde se encuentra la impresionante fervenza de Cachón, con una caída de unos 15 metros de altura, situado en un paraje idílico en lo más profundo del bosque, con un conjunto etnográfico de molinos restaurados.

A partir de aquí el sendero continúa hasta llegar al puente medieval de San Fiz (s. XIII), por donde pasaba el antiguo Camino Real que unía Ourense con Santiago, finalizando el tramo en la atractiva población de Mandrás, perteneciente a Cea, por donde pasa el Camino de Santiago.
(información facilitada polo club Acivro)
Distancia: 17 km. Duración: 5 horas e media.
Dificultad: fácil





















Pozo dos fumes (Pazos de Arenteiro).




Logo de facer a ruta do río Barbantiño, visitamos o pobo de Pazos de Arenteiro, único Conxunto Histórico-Artístico dende 1973 que existe no rural galego, para facer a continuación  a ruta do pozo dos fumes.















As fotos son de María e Paco.