jueves, 17 de agosto de 2023

O 3 de setembro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés fai a ruta do Pereiro-Sales (Vedra).




É unha ruta circular, fácil, de 19 km aproximadamente, e está previsto que  leve sobre 5 horas.

Información da ruta facilitada por manumkds:

Precioso e tranquilo roteiro que está xa homologada pola FGM pero na que aínda non figura a súa numeración nos carteis, pero está moi ben mantida. Case case totalmente sinalizada, excepto algún cruzamento que outro, moi limpa e en xeral moi fácil de camiñar. No inicio non hai moito sitio para aparcar, polo que comecei o roteiro un pelin antes nunha zona mais fácil para deixar o vehículo. Tras camiñar os primeiros pasos o roteiro xa nos mete de cheo nun estreito carreiro pegado ao rio Pereiro, no que veremos infinidade de muiños, uns mellor conservados que outros. Ao pouco temos que elixir se facer o roteiro en sentido horario ou anti horario. Para o meu a elección foi anti.... A senda lévanos pouco despois ao túnel sobre a AP53. Aquí temos tamén algunha que outra opción. O que fixen hoxe foi chegados ao túnel seguir o roteiro pola dereita, seguindo as marcas do prg, cruzar a AP 53 por unha ponte e despois seguir as indicacións cara á fervenza do Pereiro, non fun pola indicación de PRG. Ao avanzar por aquí chégase á fervenza e muíños do Pereiro, un lugar absolutamente sorprendente. Se continuamos un pouco mais polo carreiro ábrese unha baixada á nosa dereita, entre os muíños e que nos leva xusto ao leito da fervenza. Volve subir e continuamos pola pequena senda que nos deixará na boca oposta do túnel que viñamos fai un intre. Despois hai que volver sobre os nosos pasos e pasar de novo á beira da fervenza, para continuar o roteiro. Por iso digo que aquí hai varias opcións, unha é esta descrita. Outra seria segundo chegamos ao túnel continuar polo e subir cara ao camiño da fervenza e desde aí continuar o roteiro. Outra opción é ao chegar ao túnel, continuar as marcas do PRG, cruzar a AP53 pola ponte e despois seguir as indicacións do roteiro, no canto da fervenza, é un tramo de camiño en baixada que ao terminalo hai que virar á dereita e xa estamos no carreiro que nos leva á Fervenza, e de aí continuar o roteiro.
Durante uns kms o roteiro perde algo de encanto, que posteriormente volve recuperar ao atravesar pequenos ríos e aldeas. Así ata chegar de novo ao comezo.
É moi recomendable ir con bo calzado porque en numerosos puntos hai bastante humidade. Tamén levar abundante auga porque só existe unha fonte, a dos Milagros.