martes, 25 de julio de 2017

sábado 12 de agosto ruta de atardecer e nocturna por Corrubedo


Puntos de encontro: ás 20.10 horas diante da Casa da Cultura de Boiro, ás 20.40 faro de Corrubedo.

Distancia: arredor de 15 km.
Tempo estimado: 5 horas.
Dificultade: fácil.

Ao ser una ruta nocturna aconsellamos levar lanterna, e o ideal é lanterna tipo frontal para levar as mans libres.

Nesta ruta estaremos nunha das zonas máis bonitas do Barbanza para ver a posta do sol e nesta noite temos chuvia de estrelas, as lágrimas de San Lourenzo ou Perseidas, faremos un alto para mirar o ceo.

Empezaremos a ruta co atardecer seguindo a liña da costa, pasamos bordeando as praias de Balieiros e Espiñeirido, chegaremos á aldea de Serán onde deixamos a costa para dirixirnos ao Tahúme (altitude 230 m), miradoiro espectacular desta “fisterra” barbanzano, voltaremos por pistas pasando polo merendeiro  Laxa da Gata, Praia da Ladeira e Corrubedo.

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/12/licenzas-federativas-2016.html

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respectar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán res petar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.


Os que vaian asistir estade atentos ao blog o sábado 12 de agosto arredor das 11 da mañá por se hai que facer algún cambio no plan previsto.  CONFIRMAMOS QUE SEGUIMOS CO PLAN PREVISTO

23 e 24 de setembro fin de semana de sendeirismo por Parque Natural de Sanabria

1º día Cañón rio Tera



















































2º día Cascada y laguna de Sotillo











As fotos son de Domingo, Paco e Nino

SEGUIMOS CO PLAN PREVISTO, UNICAMENTE SE VAI FACER A RUTA DO DOMINGO UN POUCO MÁIS CURTA. LEMBRADEVOS DE LEVAR AUGA, ACONSELLAMOS ALOMENOS UN LITRO POR PERSOA EN CADA RUTA (NON HAI FONTES)

NON QUEDAN PRAZAS.

LISTA DE INSCRITOS:

Chus e Javier
Eva e Marita
Fita e Moncho
Pilar e Moncho
Teresa e Juan
Viru e Anxo
Pilar, Berta, Asun e Loli
Mandi e Loren
Rosa
Sabela
Blanca e Mª Carmen
Montse e Paco
Dolores e Domingo
Nino
Loli e Pili Oliv.
Lita
Ana 
Irene
Mario
Santiago
Mª José

O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha viaxe de 2 días ao Parque Natural do lago de Sanabria os días 23 e 24 de setembro. Aloxarémonos no Hotel Don Pepe en Ribadelago.

Está previsto realizar as rutas:
CANÓN DO RIO TERA e RIBADELAGO –LAGOA E FERVENZA DE SOTILLO-SOTILLO.

Gastos da viaxe por persoa:
- 1 noite no aloxamento antes mencionado 33 € (almorzo incluido).
- 1 Cea (sábado) 15 €.

Hora prevista para saída de Boiro o sábado ás 7 h., hora prevista chegada a Boiro o domingo 20 h. 

Para apuntarse nesta viaxe:
- Prazo ata o 14 de agosto. As prazas son limitadas. Reservarase por orde de inscrición. Terán preferencia para inscribirse os socios do club, ata o 6 de agosto so poden inscribirse socios, no caso de que sobre alguna praza a partir dese día poderán anotarse non socios.

- Hai que ingresar por persoa na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca):
+ Os socios federados do noso club: 48 €
+ Os federados doutros clubs de montaña: 58€
+ As persoas non federadas: 60 €
- Deixar constancia no ingreso o nome da persoa inscrita.

- Mandar un correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para viaxe de Sanabria e nome, apelidos, e teléfono (os non federados deberán indicar tamén o nº de dni e a data de nacemento).
 (Os que non teñen conta en Abanca para que non lle cobren comisión poden facer o ingreso en efectivo en caixeiros intelixentes das oficinas de Abanca poñendo o nº de conta completo do noso club antes mencionado e indicando nome e apelidos.)

O desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai, compartindo gastos, se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.

Cada un ten que levar a comida (tipo bocadillo ou similar, froitos secos e/ou barriñas enerxéticas) para as rutas do sábado e do domingo. Hai que levar auga para as rutas e calzado axeitado para andar por montaña.

Por cuestións das reservas no caso de apuntarse e ao final non poder ir so se devolverán os 15 € da cea, sempre que se avise con 4 días de antelación. Excepto si se anula por unha causa de forza maior e hai persoas de reserva e ocupen o seu sitio, nese caso excepcional devolverase a totalidade.

Información das rutas:

CANÓN DO RIO TERA
É unha das rutas máis axeitadas para observar o modelado glaciar, atopamos mostras interesante de flora (acivro, teixo, …  É unha das rutas máis impresionantes do Parque Natural.
Partimos de Ribadelago e iremos ata San Martín de Castañeda pola Senda de los Monjes.
Desde aí colleremos un camiño que asciende ata un collado.
Baixaremos ata que comenzamos a ver o Canón e a Cova de San Martín (fermosa lagoa).
Ao chegar á Cova de San Martín, colleremos un pequeno sendeiro que é o comenzo do descenso do canón, bajando por piedra, bloques, etc. É importante por este tramo levar bo calzado de montaña.
Dependendo de como vaiamos desde a Cova de San Martín podriase dar opción de seguir subindo algo máis polo canón do Tera e volvendo despois de novo ata a cova.
A ruta atravesa pozas, fervenzas, etc. Finalmente chegaremos a Ribadelago, onde comenzamos.

Distancia aproximada: 15 km.
Duración aproximada: 5 horas e media.
Dificultade: media.

RIBADELAGO –LAGOA E FERVENZA DE SOTILLO-SOTILLO
Nesta ruta sairemos de Ribadelago por un camiño empedrado cada vez máis estreito e en continua subida, ata que cheguemos a un cruce onde seguiremos pola esquerda. A senda que ascende pola morrena lateral que bordea  Lago de Sanabria na que se desenvolveu unha frondosa carballeira. Á zona se lle coñece co nome de "Beseda" e hoxe é un dos bosques autóctonos millor conservados. o bosque comenza a desaparecer cando chegamos á altura da Lagoa de Carros (1.330 m.). Para visitala hai que facer un pequeno desvio.
 Después de admirar a Lagoa de Carros continuaremos polo camiño da dereita, tras algún kilómetro andando q carballeira dará paso a "chaguazos" e “escobas”, aquí terás unhas vistas do Lago de Sanabria impresionantes. Tras seguir outros dos kilómetros e subir un montículo veremos a Lagoa de Sotillo (1.600 m.).
Una vez aquí  colleremos a senda que parte xunto a o desagüe da Lagoa de Sotillo; pronto empezaremos a descender en dirección esquerda y empezaremos a ver marcas na ruta, ata que vexamos o río Truchas, a senda se fai máis ancha, ata chegar á ladeira onde podremos oír e observar as fervenzas de Sotillo. Tras observalas seguimos a pista forestal repleta de carballos que nos conducirá ata Sotillo de Sanabria e por último dirixirémonos ao punto de inicio.
Distancia aproximada:19 km.
Duración aproximada: 5 horas y media.
Dificultade: media.

Este plan previsto pode sufrir algunha variación. Se te inscribes estate atento por se hai modificacións. O venres 22 de setembro ao inicio da tarde confirmaremos o plan definitivo.