miércoles, 18 de octubre de 2017

Domingo 19 de novembro: Muiños do Folón (O Rosal)

Non se cubriron todas as prazas, se hai algún federado que queira ir ainda pode inscribirse chamando por teléfono (609 071 273 ou 615 637 227). Non federados non poden inscribirse pois non da tempo a facer o seguro.

Non se cubriron todas as prazas, ábrese o prazo a inscricións de non socios e/ou non federados (3 de novembro).

O domingo 19 de novembro faremos a ruta Muiños do Folón (O Rosal). Esta é unha ruta de portas abertas, poden asistir non federados, faráselle un seguro de día.

As prazas son limitadas e as inscricións serán por orde de inscrición, teñen preferencia os socios do club, ata o 2 de novembro so poden anotarse socios, e a partir dese día, se sobran prazas, poden inscribirse non socios.

Plan previsto: iremos en autobús, en caso de non xuntar persoas suficientes iremos en coches particulares. Sairemos de Boiro, diante da Casa da Cultura ás 7.45 horas, na rotonda de Te (Rianxo) ás 8, e na rotonda da gasolineira de Repsol (Catoira) ás 8.10. Hai que estar puntuais, o autobús non agardará pola xente. Vamos en autobús ata O Rosal e no aparcamento que hai no inicio da ruta (a ponte das Penas) empezamos a camiñar, contra o mediodía faremos unha parada para comer (cada un leva a súa comida) e pola tarde voltaremos para o Barbanza.

Prezos ao ir en autobús:
Federados de CMB Vintedouspés: gratis. Obrigatorio inscribirse
Federados doutros clubs 10 €
Non federados 12 €


Para inscribirse 
Socios de CMB Vintedouspés: cubrir formulario. (Non vale inscribirse, cubrir praza e despois non asistir.)

Non socios:
1       -cubrir formulario 
2    -ingresar na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca) a cantidade que corresponda (deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita). Mandar xustificante do ingreso ao email vintedouspes@gmail.com. Os que non teñen conta en Abanca para que non lle cobren comisión poden facer o ingreso en efectivo en caixeiros intelixentes que están instalando na maioría das oficinas de Abanca poñendo o nº de conta completo do noso club antes mencionado e indicando os datos de quen ingresa.
Hai de prazo de inscrición ata o 14 de novembro, pero o máis seguro que se acabe o prazo cando se cubran as prazas.

Información da ruta
Empezaremos a ruta ascendendo polos muiños do Folón, 36 muiños, dirixímonos posteriormente á ermida de San Martiño, muiños do rio Cal, ascendemos e chegamos a un alto onde hai unhas vistas preciosas da costa, onde se poden ver tamén as illas Cies, continuamos paralelos á costa desde o alto e chegamos á Poza dos Corvos para seguir vendo a costa ata acadar o Alto do Couto con 550 m. de altitud, punto máis alto da ruta, desde onde se divisa o río Miño,  a ribeira portuguesa, Camiña e os Montes de Santa Tegra. Para rematar a ruta descenderemos varios kilómetros para achegarnos aos muiños do Picón e rematala ruta.
Distancia: arredor de 19 km, dificultade: media.
Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=21132784
As fotos son de Paco e Moncho "Noia".

















sábado, 14 de octubre de 2017

rutas previstas e asemblea de socios/as para outubro, novembro, decembro e xaneiro

Para novembro, decembro e xaneiro temos previstas as seguintes rutas, pero están pendentes de confirmar.

29 de outubro: Campo Maneiro - A Muralla. Xa confirmada, máis información no blog.

19 de novembro: Muiños do Folón. En autobus. Aberta a non socios. Socios do club gratis. Primeiro se abrirá un prazo para inscrición dos socios e se sobran prazas abrirase o prazo a non socios.

17 de decembro: Corrubedo - Mirador Valle Inclán. Lineal, igual movendo coches ou con bus para ir ou volver. 

14 de xaneiro: Ponteceso - Laxe. Ruta dos faros. En autobus. Aberta a non socios. Primeiro se abrirá un prazo para inscrición dos socios e se sobran prazas abrirase o prazo a non socios.

E tamén asemblea de socios/as.

O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés convoca a tódolos socios/as para a celebración da asemblea ordinaria que terá lugar o domingo 26 de novembro ás 10:30 da mañá en primeira convocatoria e ás 11 en segunda convocatoria na Casa da Cultura de Boiro.

Orde do día
1-aprobación da acta da asemblea anterior
2-aprobación das contas
3-Elección de presidente e xunta directiva
4-Valoración da marcha do club ao longo do 2017
5-Programación de rutas e actividades para o ano 2018
5-Rogos e preguntas

Se desexas presentarte á directiva ou presentar una lista propia
envía un email a vintedouspes@gmail.com antes do 23 de novembro, indicándoo.
  
Nota: asemblea empezará ás 11 da mañá pois ás 10.30 (1ª convocatoria) non haberá quórum.


domingo, 8 de octubre de 2017

29 de outubro Campo Maneiro - A Muralla

Grupo dos 15 km

Grupo dos 25 km


Como bastantes socios/as non fixeron a ruta da I Andaina de 25 km do Barbanza pensamos en facela outra vez o 29 de outubro.

Faremos 2 grupos, un grupo fará 25 km e outro fará 15 km (estes non chegan á muralla ao facer a ruta máis corta) , cada un dos asistentes pode escoller en que grupo fará a ruta. Son rutas circulares.

Puntos de encontro ás 8.45 en Boiro, diante de Casa da Cultura (Avda. da Constitución) e ás 9 para empezar a andar en Campo Maneiro (Taragoña-Rianxo), diante do Pavillón.


Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), 

Se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respectar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán res petar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti. 

As fotos son de Javi, Moncho e Anxo










Había 22 pes na Muralla, pero posaron 11