martes, 13 de diciembre de 2016

8 de xaneiro do 2017: Monte Meda (Padrón)


Puntos de encontro ás 8.30 diante da Casa da Cultura de Boiro (Avda da Contitución) e ás 9 na parte de atras do xardín botánico de Padrón.

Dificultade: media-baixa, duración estimada: 4 horas e media, distancia: sobre 16 km

A ruta consiste na subida ao monte Meda (Padrón), durante a subida (se o tempo o permite) iremos vendo Padrón, Pontecesures, Herbón, Carcacía e o curso do río Ulla, ao chegar ao cume temos unha panorámica xeral, incluído Santiago. Os camiños son anchos e bos de andar.


O track da ruta foi máis ou menos este https://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1418964

















martes, 6 de diciembre de 2016

Licenzas federativas 2017


Para ter licenza federativa no ano 2017 hai que:

- Escoller a modalidade que che interesa (ver cadro que hai máis abaixo cos prezos).

- Ingresar a cantidade que corresponde + 10 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e a modalidade escollida (a modo de exemplo un adulto que escolla a modalidade A que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 76 € (nesos 76 vai incluida cota do club) e o que escolla a modalidade B que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 80 € (nesos 80 vai incluida cota do club)).

- Enviar un email a vintedouspes@gmail.com cos teus datos: nome e apelidos, enderezo, email, teléfono, data de nacemento e nº de DNI. Indica tamén que submodalidade destas practicas: Senderismo, Montañismo, Alpinismo, Escalada, Barranquismo, Carreras por Montaña, Esquí de Travesía,

 Se tes algunha dúbida podes preguntarnos por email ou teléfono.

Os prezos das licenzas federativas para o ano 2017 están neste enlace http://fgmontanismo.es/wp/wp-content/uploads/PREZOS-LICENCIAS-F.G.M.-2017-1.pdf e nesta imaxe


Pódeste dar de alta en calquera momento do ano, pero como a validez da licenza é por ano natural o ideal é darse de alta a principios de ano.

ESTAR FEDERADO DÁCHE DEREITO A:
Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME).
Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
Comunicacións periódicas
Calendario de actividades
Participar en actividades divulgativas
Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME: www.ventajasfedme.es

DATOS IMPORTANTES
 Licenzas válidas por ano natural. Tódalas licenzas caducan o 31 de decembro.
Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar tódolos seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
Tódolos duplicados do carné federativo motivados por erros do clube solicitante, extravío, roubo ou ampliación de cobertura do seguro, terán que pagar 3 euros por tramitación.
Información impotante:
Calquera accidentado ten a obriga de chamar a Federación para cumplimentar un Parte de Accidente coa maior brevidade posible.

Máis información na páxina da Federación Galega de Montañismo http://fgmontanismo.es/licenza/

domingo, 4 de diciembre de 2016

Tres días de sendeirismo pola Ribeira Sacra. 29, 30 de abril e 1 de maio


Actividade especial do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés o 29 e 30 de abril e 1 de maio do 2017 sendeirismo pola Ribeira Sacra.

Aloxarémonos en Parada do Sil, en 3 sitios: O Torgal, Apartamentos Ribeira Sacra e Casa da Lenda.

Terán preferencia para inscribirse os socios do club, no caso de que sobre alguna praza poderán anotarse non socios. Se algunha persoa se vai facer socia no 2017 e quere apuntarse a esta viaxe á Ribeira Sacra, pode ingresar a cota da federación e os 10 € do noso club e enviar os datos.

Está previsto realizar as rutas:
CANÓN DO SIL-SANTA CRISTINA, CANON DO RÍO MAO e MAQUINO LARGAÑO.

Gastos da viaxe por persoa:
federados do noso club
- 2 noites nos aloxamentos antes mencionados 50 €.
- 2 Ceas (sábado e domingo) 24 €.
non federados: seguro de día 12 € por 3 días

NON QUEDAN PRAZAS, SE QUERES PODES ANOTARTE EN RESERVA POR SE HAI QUEN ANULA. CHAMA AO 615 637 227.

Para apuntarse nesta viaxe:
- Hai que ingresar:
*federados do noso club 74 € por persoa
*federados doutros club 80 € por persoa
*non federados 90 € por persoa
 na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca), deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita.
- Mandar un correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para viaxe da Ribeira Sacra e nome, apelidos, e teléfono.
(Os que non teñen conta en Abanca para que non lle cobren comisión poden facer o ingreso en efectivo en caixeiros intelixentes das oficinas de Abanca poñendo o nº de conta completo do noso club antes mencionado e indicando nome e apelidos.)
-As prazas son limitadas. Reservarase por orde de inscrición.

O desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai, compartindo gastos, se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.
Cada un ten que levar a comida (tipo bocadillo ou similar, froitos secos e/ou barriñas enerxéticas) para as rutas do sábado e do domingo. Hai que levar auga para as rutas e calzado axeitado para andar por montaña.
Por cuestións das reservas no caso de apuntarse e ao final non poder ir so se devolverán os 24 € da cea, sempre que se avise con 4 días de antelación. Excepto si se anula por unha causa de forza maior e hai persoas de reserva e ocupen o seu sitio, nese caso excepcional devolverase a totalidade.

Información das rutas (facilitado polo Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra):

CANÓN DO SIL-SANTA CRISTINA

Esta ruta circular, empeza e termina na Praza do Barquilleiro, no pobo de Parada de Sil. Debido á proximidade da Praza do Barquilleiro e Fondo de Vila, pódese dividir a ruta en dous tramos tamén circulares mediante unha variante.  Isto permite reducir o percorrido á metade.
O carreiro transcorre maioritariamente por camiños de carro, entre muros, que percorren a paisaxe do borde do canón, entre unha abundante vexetación onde predominan os carballos e os castiñeiros.
Boa parte do percorrido realízase de maneira paralela ao Río Sil, e atoparemos varios miradoiros no percorrido, o que nos permitirá gozar das espectaculares vistas, e dos tradicionais viñedos dispostos nas paredes do canón.
Un dos puntos máis interesantes do percorrido é o mosteiro de Santa Cristina, que se atopa escondido no medio dun souto de castiñeiros. Pódese visitar todo o ano, aínda que a igrexa só está aberta no verán e algúns fins de semana.
M.I.D.E. Desplazamiento: 2 
M.I.D.E. Itinerario: 2 
M.I.D.E. Esfuerzo: 4 
M.I.D.E. Medio: 2

RUTA DO CANON DO RÍO MAO

Esta ruta circular do Concello de Parada de Sil, é unha das máis atractivas da Ribeira Sacra.A ruta percorre o Canón do río Mao, dende San Lourenzo ata a ponte romana de Conceliñas, aproveitando a canle abandonada da antiga central hidroeléctrica. Este tramo discorre no seu maior parte pola propia canle, que percorre o canón a media ladeira cunha pendente moi suave. Atoparemos as tumbas antropomórficas de San Vitor, escavadas na roca, muíños e a ponte romana de Conceliñas.
O resto do percorrido, xa aloxándonos do canón, discorre por camiños de carro, con muros a ambos os dous lados, atravesando carballeiras e pasteiros, e con boas vistas do Canón do Sil en varios puntos. Visitaremos os núcleos de Forcas e A Miranda, pobos de montaña ben conservados e regresaremos a San Lourenzo.
M.I.D.E. Desplazamiento: 2 
M.I.D.E. Itinerario: 2 
M.I.D.E. Esfuerzo: 3 
M.I.D.E. Medio: 2

RUTA DE MAQUINO LARGAÑO

Este percorrido circular iníciase no pobo de Luíntra, capital do Concello de Nogueira de Ramuín. O percorrido resulta moi variado nas paisaxes, pasando por carballeiras, bosques de bidueiros, leiras e poboacións. A ruta discorre principalmente por camiños e pistas de terra entre arboredo, con pendentes suaves. Visitaremos varios pobos do municipio, as mámoas de Moura, o Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil e un tramo do canón do Sil pertencente á Rede Natura.
M.I.D.E. Desplazamiento: 2 
M.I.D.E. Itinerario: 2 
M.I.D.E. Esfuerzo: 4 
M.I.D.E. Medio: 1


A codificación utilizada no apartado de información de valoración de M.I.D.E. é a seguinte:

 Medio. Severidad del medio natural
 1 El medio no está exento de riesgos
 2 Hay más de un factor de riesgo
 3 Hay varios factores de riesgo
 4 Hay bastantes factores de riesgo
 5 Hay muchos factores de riesgo

Itinerario. Dificultad de orientarse en el itinerario
 1 Caminos y cruces bien definidos
 2 Sendas o señalización que indica la continuidad
 3 Exige la identificación precisa de accidentes geográficos y de puntos cardinales
 4 Exige técnicas de orientación y navegación fuera de traza
 5 La navegación es interrumpida por obstáculos que hay que bordear

 Desplazamiento. Dificultad en el desplazamiento
 1 Marcha por superficie lisa
 2 Marcha por caminos de herradura
 3 Marcha por sendas escalonadas o terrenos irregulares
 4 Es preciso el uso de las manos para mantener el equilibrio
 5 Requiere pasos de escalada para la progresión

Esfuerzo. Cantidad de esfuerzo necesario
 1 Hasta 1 h de marcha efectiva
 2 Más de 1 h y hasta 3 h de marcha efectiva
 3 Más de 3 h y hasta 6 h de marcha efectiva
 4 Más de 6 h y hasta 10 h de marcha efectiva
 5 Más de 10 h de marcha efectiva