Os nosos socios Concha e Moncho na gala do 60 aniversario da Federación Galega de Montañismo collendo os trofeos pola súa participación na liga galega de sendeirismo.
sábado, 23 de diciembre de 2023
jueves, 21 de diciembre de 2023
programa provisional de rutas e información para federarse no ano 2024
o programa provisional de rutas no ano 2024 é o seguinte.
- O 14 de xaneiro faremos a ruta “Pedras miudas e arredores” (Catoira).
- Facer sete etapas en domingos seguidos do Camiño francés a partir do 4 de febrero. Iremos en autobús. As dúas primeiras serán abertas a non socios/as.
- Pozas de Melón. Iremos en autobús.
- Fervenzas Caldas e Barosa.
- O Pindo.
- Fragas do Eume. Iremos en autobús.
- 17, 18 e 19 de maio, tres días pola zona de Pena Trevinca. As rutas que temos previstas son as seguintes: "ascensión a Pena Trevinca" (cume máis alto de Galicia), "teixedal de Casaio" e unha ruta polo Parque Natural Enciña de Lastra, “rio Sil, Pardollán, Vilardesilva e Covas”.
- Na ponte do 25 de xullo iremos catro días ao Parque Natural de Redes (Asturias). https://
- Fin de semana no outono con rutas pola zona de Celanova, en principio ruta de Cortegada e rio Gorgua, con posibilidade de balneario. Iremos en autobús.
Destas rutas iremos mandando información cando se acerque a data de celebración.
Hai rutas para o segundo semestre do ano pendentes de decidir que se anunciarán máis adiante.
Para participar nestas actividades hai que ser socio/a do club e estar federado, a continuación vai a información por se te queres facer socio e federarte no ano 2024:
1.- Escoller a modalidade que che interesa, ver este enlace https://fedgalmon.gal/licenza/
2.-Ingresar a cantidade que corresponde + 12 € a maiores por cota anual do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés, nº de conta ES2520800310553000121101 (Abanca). En concepto indicar nome, apelidos e modalidade escollida.
A modo de exemplo:
-Un adulto que escolla a modalidade A con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo, Marcha Nórdica (Sen incluir a Alta Montaña) tería que pagar en total ao ano 95 € (83 de licenza e 12 cota do club).
-Un adulto que escolla a modalidade B con ámbito territorial España, Portugal, Pirineo francés, Andorra e Marrocos que inclue Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, Canicross, Snow Montaña, Marcha Nordica, Splitboard e Vías Ferratas tería que pagar en total ao ano 99 € (87 licenza e 12 cota do club).
-Un adulto que escolla a modalidade AU terá de ámbito territorial Galicia, as disciplinas da modalidade B, tería que pagar en total ao ano 73 € (61 licenza e 12 cota do club).
- Se estás federado noutro club e queres facerte socio/a do noso deberás ingresar so 12 €
- Ten en conta que hai modalidade de inclusión social (B IS), coa mesma cobertura que a licenza B nacional. Para poder tramitar esta licencia deberá aportar copia do certificado de discapacidade igual ou superior ao 33%.
3.- Cubrir formulario neste enlace https://forms.gle/
Se queres máis información podes consultar o noso blog http://vintedouspes.
Que pases unhas boas festas e un próspero ano novo gozando da natureza e das montañas.
sábado, 9 de diciembre de 2023
Domingo 17 de decembro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza a ruta río Confurco - parque de San Mamede - río Beluso.
sábado, 18 de noviembre de 2023
26 de novembro ruta circular desde Carnota
O domingo 26 de novembro o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha ruta circular desde Carnota pasando por:
- Fervenza de Pedrafigueira
- Petróglifos Filladuiro
- Fonte da Silveira
lunes, 9 de octubre de 2023
fin de semana por Valdeorras en novembro 2023
Sábado 11 de novembro: ruta O Bolo - Santuario das Ermidas. Sobre 16 km, fácil.
Descrición da ruta feita por Eri y Edu:
Domingo 12 de novembro, participamos na XVII andaina de outono O Barco de Valdeorras.
A andaina de 15 km ten 494 metros de desnivel e a califican de moderada.
A andaina de 25 km ten 1162 metros de desnivel e a califican de moderada.
La Andaina se celebrará el día 12 de Noviembre pasando por dos municipios, O Barco de Valdeorras, desde donde se saldrá y donde tendrá lugar el final de la misma y la comida, y Vilarmartin de Valdeorras.
La salida tendrá lugar desde el Malecón del Barco de Valdeorras a las 09:00. La Entrega de Dorsales tendrá lugar a partir de las 07:30 de la mañana del Domingo.
Subiremos al paseo del Malecón y atravesaremos la pasarela verde que cruza el rio. Al final se gira a la derecha, atravesando el Salgueiral y por el camino dirección al polígono de A Raña.
Descrición da andaina de 25 km:
Visitamos la Pincheira donde tendrá lugar un control de dorsales. Y retrocedemos para coger de nuevo el camino que nos llevara a Fervenza donde s en el kilómetro 19,9 dtendrá un ultimno avituallamiento (común para los de la larga y corta).