martes, 21 de abril de 2015

10 de maio: Monte da Pena - río Te (Rianxo)

PUNTOS DE ENCONTRO ÁS 8.30 EN BOIRO (diante da Casa da Cultura, Avda da Constitución) E ÁS 8.45 EN RIANXO (diante do Instituto Felix Muriel, rúa Ana Mª Mogas, 1, Rianxiño).

A RUTA SAE DE RIANXIÑO, SEGUIMOS POLA PISTA DE TERRA, PODEMOS VISITAR OS PETROGLIFOS DA FOXA VELLA E CRUZAREMOS POR DEBAIXO DA AUTOVÍA,SEGUIREMOS ATA O ALTO DA PARADEGUA (FRONTEIRA ENTRE OS CONCELLOS DE DODRO E RIANXO) PRETO EXISTEN DOUS CASTROS POR ESCAVAR SEGUIMOS POLOS MONTES DE BURÉS ,FEXACOS ATA ATOPARNOS CO RIO TE, SEGUÍMOLO CURSO DEL DURANTE VARIOS KILÓMETROS E SAIREMOS NUNHA ROTONDA DE ENTRADA DA AUTOVÍA SEGUIMOS ATA A PRAIA DA TORRE, PASEO MARÍTIMO E CHEGAMOS A RIANXO E RIANXIÑO.

SON SOBRE 19 KM, DIFICULTADE MEDIA-BAIXA, ESTIMAMOS QUE DURE ARREDOR DE 4 HORAS E MEDIA OU 5. HAI QUE TRAER CALZADO AXEITADO PARA ANDAR POLO MONTE.

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=9206755

DADO QUE ESTAMOS NO MES DAS LETRAS GALEGAS, NA PARADA QUE SE FARÁ A MITADE DA RUTA QUEN O DESEXE PODERÁ LER OU RECITAR ALGÚN POEMA OU FRAGMENTO LITERARIO, ASÍ QUE SE QUERES PARTICIPAR NA LECTURA LEVA ALGO PREPARADO..
Os poemas lidos foron:


- Fragmento de Coma un río de Diaz Castro

Coma un río quixera eu ser: cantar

con estrelas no lombo cara ó mar,

deixando unha chorima en cada pedra,

e unha bágoa de Deus en cada herba.


- SOS de Manuel Antonio

Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.

Roubaron-nos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco

Roubaron-nos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pol-a corda floxa d' o horizonte

Este oucéano desatracóu d'as costas
e os ventos d' a Roseta
ourentaron-se ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de lonxe
como as horas d' o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d' unha singladura
N-o cuadrante estantío d'as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d'o Mar
fixo d'o barco un cadaleito

Fume de pipaSaudade
NoiteSilenzoFrío
E ficamos nós sós
Sin o Mar e sin o barco
nós.

A fala de Manuel María

O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pesar máis profundo.

O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.

O idioma é o tempo,
é a voz dos avós
e ese breve ronsel
que deixaremos nós.

O idioma é un herdo,
patrimonio do pobo,
maxicamente vello,
eternamente novo.

O idioma é a patria,
a esencia máis nosa,
a creación común
meirande e poderosa.

O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
¡Se perdemos a fala
non seremos ninguén!

O idioma é o amor,
o latexo, a verdade,
a fonte da que agroma
a máis forte irmandade.

Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
¡Precisamos a lingua
se queremos vencer!

















ESTES DÍAS CON TANTA CHOIVA, O RÍO TE ESTÁ ESPECTACULAR

Para participar é obrigatorio estar federado en montañismo (polo motivo de ter un seguro que cubra posibles accidentes ou rescates), Se estás federado en montañismo noutro club podes asistir á ruta pagando 2 € e deberás mostrar o carné. Se non estás federado e queres federarte con nos (para participar nesta ruta tes de prazo ata o 6 de maio) tes unha entrada do blogue no que se explica http://vintedouspes.blogspot.com.es/2015/03/licenzas-federativas.html
se queres anotarte chama por teléfono aos números 615 637 227 ou 616 523 902; ou manda un email a: vintedouspes@gmail.com. Prégase ser puntuais. Deberase respetar o medio ambiente.


Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respetar. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.