lunes, 22 de junio de 2015

12 de xullo, circular por Campo Maneiro

Punto de encontro ás 8 da mañá en Campo Maneiro, xunto ao colexio Brea Segade (TARAGOÑA).
RUTA CON SAIDA DE CAMPO MANEIRO, QUE NOS LEVA POR A VOLTA DO CASTRO, PRETO DO CASTRO BARBUDO,OUTEIRO,AS TRAVESAS ATA O HORREO DE ARAÑO E VOLTAREMOS O PUNTO DE INICIO DISFRTUTAREMOS DUNHAS FERMOSAS VISTAS E PODEREMOS VER UN DOS HORREOS MAIS LONGOS DE GALICIA. Fixo de guía Mariano. Fixémolo en arredor de 4 horas.
Neste enlace está o track da ruta realizada http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4568100
Son sobre 17 km, no track figuran máis ao computar o traxecto en coche dende Rianxo

Nas dúas fotos seguintes hai que buscar as diferencias e explicalas en comentarios ;-)




Horreo de Araño, din que é o máis longo do mundo, 37 m, de tan longo que é non entrou na foto ;-)

viernes, 19 de junio de 2015

Actividades de sendeirismo doutras entidades

- Goza do Ulla. Percorrido polos roteiros de sendeirismo dos concellos do Ulla. Máis información https://www.facebook.com/GozadoUlla e http://www.deportesdemonte.com/tag/goza-do-ulla/

- Andaina Campo Maneiro-Muralla-Castro Barbudo-Campo Maneiro. O servizo de deportes do Concello de Rianxo organiza unha andaina para o 4 DE XULLO. As inscricións poderán formalizarse na oficina de Deportes (981 86 63 81 - deportes@concelloderianxo.gal) ou no pavillón polideportivo de Rianxo (981 86 61 10) ata o venres 3 DE XULLO:
1.Punto de Encontro: Pavillón Polideportivo Taragoña (Campo Maneiro)
2. Saída: 8:30 h.
3. Lonxitude: 24 km.
4. Inscrición: gratuíta
5. Duración estimada: 6 horas
6. Dificultade: alta

lunes, 1 de junio de 2015

21 de xuño - Pontes do Lérez (Forcarei)

21 de xuño: ruta as Pontes do Lerez (Forcarei). Como é unha ruta lineal desprazaremonos ata alí en autobús. Sairemos ás 8.20 de Boiro (onde sempre, diante da Casa da Cultura de Boiro), recolleremos aos de Rianxo na rotonda da autovía sobre as 8.35.
 A ruta son sobre 15 km, a dificultade é media. A ruta iniciase no mosteiro medieval cisterciense de Santa María de Aciveiro e percorre por sendas de pescadores as ribeiras do río Lérez ata a aldea de Gaxín. Na actualidade a súa igrexa é utilizada para o culto parroquial e as dependencias monacais foron obxecto de restauración e acollen un hotel. Tras visitarmos o mosteiro a ruta descende cara ao río, que nos acompañará ata a ponte medieval de Andón. A ruta abandona momentaneamente o río para se dirixir cara ao Pico Valiñas; unha mesta vexetación acompaña o sendeirista ata Ponte da Carballa, onde se recupera a compaña do río Lérez.
Dende este punto, e a través dunha espesa fraga, o vieiro ha levarnos dunha ribeira á outra cruzando as pontes do Crego, Maril, Ponte Vella e Nova de Forcarei, así coma a ponte medieval de Gomail, onde definitivamente se abandona o curso deste fermoso río e se ascende para alcanzar a aldea de Gaxín. Convén levar un bocata ou algo para comer, contamos estar de volta en Boiro sobre as 16 horas (pero pode haber variación na hora da chegada dependendo como vaia o grupo e como esté o sendeiro).
Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1781262

APUNTOUSE XENTE SUFICIENTE PARA COLLER O AUTOBÚS E QUEDAN ALGUNHAS PRAZAS LIBRES, SE QUERE APUNTARSE ALGUEN MÁIS AÍNDA ESTÁ A TEMPO. Para apuntarse hai que ingresar antes do 19 de xuño na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca) 8 € (deixando constancia no ingreso o nome da persoa inscrita) e mandar un correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para ruta pontes do Lérez e nome, apelidos e teléfono. Para participar é necesario estar federado en montañismo (para ter seguro de accidentes e rescate).

Chegaron as camisetas, nesta ruta as repartiremos, quen a pediu que traia 8 € para pagala.