jueves, 28 de abril de 2022

22 de maio fervenza do Rexedoiro (Val do Dubra) e enlace para ver as fotos das rutas da Ribeira Sacra

SEGUIMOS CO PLAN PREVISTO

O domingo 22 de maio o Club de Montaña do Barbanza organiza a ruta fervenza do Rexedoiro (Val do Dubra). Distancia:15km, dificultade baixa.

Saida as 9 h de Boiro, ás 9.10 rotonda de Te (Rianxo) e ás 10 no campo da Feria en Bembibre

Duración sobre 5h,farase unha parada sobre as dúas para comer.O rematar se pode visitar a os sartegos da Pedra do Home en Portomouro (a 5 minutos de onde rematamos) e Ponte Maceira.

Senda circular que  comenza e remata no  Campo da Feira de Bembibre. Desde este punto, o camiño transcorre pola marxen dereita do   río Dubra ata  Insua de Santa Mariña de San Román, desde onde volve ó  inicio. No seu percorrido, se desvía ata o cauce do Rego do Porto, afluente do Dubra, que forma a fervenza do Rexedoiro , dous tramos, sumando uns 10 metros de desnivel.

O percorrido alterna camiños e sendas de pescadores, así como terras agrícolas de cultivos y praderías con zonas forestais, indo a maior parte por bosques autóctonos.

So poden asistir federados e socios do club. Vamos en coches particulares.

Se te queres inscribir manda un correo electrónico ao club vintedouspes@gmail.com antes das 16 horas do sábado 21 de maio.

Se te inscribes, revisa o sábado 21 de maio a partir das 18 horas por se hai algún cambio de última hora a páxina do club http://vintedouspes.blogspot.com/

____________________

Neste enlace están as fotos das rutas da Ribeira Sacra https://www.blogger.com/blog/post/edit/4692442742333391522/4324583179881642723