martes, 27 de octubre de 2015

Ruta temática do Samain, destinada preferentemente a nenos/as,



Ruta organiza por Senda XXI e colabora CMB Vintedouspés

Os federados non pagan, pero teñen que anotarse igual.

Sábado 31 de outubro. recepción 15:30 e saída 16:00 no curro de Noia.

Percorrido: Curro, Corredoira, San bernardo, Río Traba, Portobravo, indo de vuelta polo outro lado do río Traba, Ponte de Traba.
                 Haberá escenificacións de teatro polo camiño. Distancia 5 km.

O resto da información está no cartel

domingo, 18 de octubre de 2015

facebook

Agora o CMB Vintedouspés tamén está en facbook con información de sendeirismo en xeral https://www.facebook.com/profile.php?id=100010459804960&fref=nf

e nesta páxina de grupo con información das actividades do club https://www.facebook.com/groups/vintedouspes/

lunes, 12 de octubre de 2015

25 de outubro: Carballeiras e Soutos de Brión


O Club de Montaña do Barbanza o 25 de outubro vai facer a ruta "Carballeiras e soutos de Brión".
Os puntos de encontro serán ás 8.15 en Boiro, diante da Casa da Cultura e ás 9 en Ponte Insua, onde hai unhas instalacións de piraguismo e remo do Concello de Brión (cerca de Negreira).  Ollo!, a noite do sábado para o domingo hai cambio de hora.

Ruta de arredor de 16 km, de dificultade facil, tempo estimado arredor de 4 horas e 20 minutos.

Preciosa ruta que nos permite disfrutar das carballeiras y soutos do Concello de Brión. A ruta comeza en Ponte Ínsua e inicialmente va seguindo o curso do Río Tambre. O caminante vai xunto carballos, piñeiros, acivros, faias, eucaliptos e moitísimos castiñeiros, o que constitue unha delicia no outono. Atopanse elementos arquitectónicos de tipo relixioso como a igrexa de Santa María de Viceso e a de Santa María de Ons; numerosos cruceiros como os de Forxán, o da Portuguesa, o de Mourentáns e o da Goriña, cunha capela guarecendo a imaxe da Virxe co neno en brazos, encadrados na chamada "Ruta dos cruceiros", do mesmo concello. Tamén hórreos, moitos deles do chamado "estilo maián", pontes, fontes, muiños nas beiras do regato Viceso, e aa un Castro, o de Forxán, ainda que está inexcavado.
Destaca a fervenza do Pozo Negro pouco antes de que o regato Dos Chavielos entregue as suas augas ao río Tambre.

Seguimos máis ou menos a ruta feita por MCMoledo que ten neste enlace de Wikiloc http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=8737368


















domingo, 4 de octubre de 2015

1ª andaina polo corazón de Galicia (11 de outubro)

Ao final poucos Vintedouspés animaronse a ir, a previsión de mal tempo desanimou a uns cantos, pero uns cantos atreveronse e desafiaron a previsión de mal tempo, madrugaron e tiveron a súa recompensa porque estivo un día boísimo para o sendeirismo, sen chuvia e con boa temperatura, a organización foi moi boa e os paraxes polos que se pasou resultaron atractivos. 
Neste enlace tende fotos e información da andaina organizada polo Club Deportivo Atletismo Chantada o domingo 11 de outubro (21 km).
http://clubedechantada.wix.com/andainapolocorazon