jueves, 20 de octubre de 2016

6 de novembro: Aldea Vella - Torre de Inxerto (Pobra)


Puntos de encontro: 8.40 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 en explanada onde remata carretera que vai a Aldea Vella (Pobra do Caramiñal).
Dificultade media-alta, a maioría da ruta é de dificultade media, pero hai un quilómetro que se fai duro por ter bastante pendente. Arredor de 14 km. Duración estimada: 5 horas.

Empezamos a andar cerca de Aldea Vella e empezamos a ascender cara a ponte da Miserela e as pozas do río Pedras, despois vamos paralelos ao río San Xoan ou o dos tobogáns (é a parte dura da ruta), nun quilómetro ascendemos 250 metros de altitude,  Despois continuamos ascendendo pola serra do Barbanza pero con pouca pendente dirixíndonos á Torre de Inxerto (arredor de 650 m) de altitude, cerca da Portela cruzaremos o rio Barbanza, e dende o alto irémolo vendo durante parte do percorrido, continuamos descendendo ata chegar a entrerrios e despois dunha breve e suave ascensión estaremos no punto de saída. Hai que levar calzado axeitado para andar pola montaña, e un ou dous bastón axudan nas pendentes a subir e a baixar.

Para anotarse chama por teléfono aos números  615 637 227, 616 523 902; ou manda un email vintedouspes@gmail.com  .  Prégase ser puntuais. Deberase respectar o medio ambiente.

Haberá unha persoa que vaia poñendo o ritmo por diante e outra por detrás que se deberán respectar, é dicir non debes adiantar ao que vai diante, nin ir por detrás do que vai pechando. Se busca que o grupo vaia compacto, se pon un ritmo medio, se eres dos que so disfruta andando rápido non te sentirás cómodo neste grupo e se eres dos que vas lento ou non tes un mínimo de forma física tampouco deberías participar, pois farías que o resto do grupo tivera que ir agardando por ti.

Vintedouspes é un Club de Montaña que forma parte da Federación Galega de Montañismo, para participar na ruta hai que estar federado.

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=15054798

As fotos son de Paco e Eduardo, se queres ver todas as fotos de Eduardo pincha neste enlace https://drive.google.com/drive/folders/0B8xJbscwa56VbThuRnFFOTVBQVU



































lunes, 17 de octubre de 2016

22 e 23 de outubro do 2016 polo Bierzo





INFORMACIÓN PARA OS/AS INSCRITOS/AS
Da cea do sábado hai o seguinte menú:
1º Croquetas de botillo e lacón caseiro con pementos.
2º Cordeiro asado
Postre, café e bebidas.
Se hai quen non quere ou non pode comer eso que avise por teléfono ou email a Vintedouspés para pedirlle outra cousa.

Saimos o sábado 22 de outubro ás 7 da mañá de Boiro diante da Casa da Cultura e iremos en coches particulares ata Noceda del Bierzo.
Para os que non saen de Boiro poñemos como punto de encontro nunha área de servizo que hai na autovía A-6 antes de Guitiriz ás 8 e 20. E o plan é estar ás 10.30 en Noceda del Bierzo ás 10.30 diante do Centro de Turismo Rural El Verdenal para empezar a ruta (ao vir da ruta asentámonos nas habitacións). Os que non saian de Boiro deberán avisar a Vintedouspés por teléfono ou email de onde se incorporan.

Cada un ten que levar a comida (tipo bocadillo ou similar, froitos secos e/ou barriñas enerxéticas) para as rutas do sábado e do domingo. Hai que levar auga para as rutas e calzado axeitado para andar por montaña. A previsión do tempo non está moi clara, pero o máis seguro que chova algo e vaia algo de frio, pois as cimas máis elevadas das rutas están polos 1300 metros de altitude, así que levade roupa contando con eso.

Estes días mirade este blog por se hai algún aviso.

Das rutas:
Ola, son Nino, o que será o voso guía nesta fin de semana polo Bierzo, e agardo que as rutas deseñadas sexan do voso agrado.
A primeira, coñecida como as Fontes Curativas de Noceda, e unha ruta circular con saída e chegada xunto a igrexa, e que comeza dun xeito un tanto empinado por unha rampa de formigón e despois un anaquiño asfaltado, pero non tardando chegaremos xa a unha pista de terra e a pendente disminuirá considerablemente.
O comezo da ruta irá entre castiñeiros seculares, a cando chegemos á altura do punto da captación de auga, o camiño estreitárase moito, pero gañará moito en beleza.
A pesar da estreitez do camiño, non deberemos de ter problemas para pasar.
Chegaremos a unha das fontes máis espectaculares da ruta, a do azufre, pero para achegarnos a ela, deberemos ir por turnos, xa que seremos uns 25-26 persoas e alí non cabemos todos e ademáis para arrimarse hai unha pasarela metálica que non é conveñente que nos subamos nela máis de tres ou catro á xunta.
O camiño seguirá sendo estreito e haberá algún treito no que gañaremos altura novamente de xeito rápido, pero pronto verá unha zona de descanso que deberemos de aproveitar, xa que cando cheguemos de novo a unha pista máis ancha, volveremos a ter pendentes algo máis duras, pero nada do outro mundo.
Agora a nosa esquerda abriranse unha fermosas vistas sobre parte da Hoya do Bierzo e do val polo que chegamos ata aquí. Estas vistas chegaran ao seu climax ao chegar ao miradoiro espectacular. Para encaramarnos ao alto do  teremos que trepar e quizáis botar as máns á terra, pero nada que nos impida chegar a disfrutar dunhas panorámicas realmente bellas. Este tramo son uns poucos metros.
Cando baixemos do miradoiro, si que chegaremos a unha parte algo máis dura e a parte máis “técnica” da ruta. Trátase dun descenso bastante pronunciado no que contaremos ca axuda dunhas cordas para baixar. O meu consello é que baixemos despacio e non agarrar o mesmo treito de corda máis dunha persoa para evitar que haia falsos movementos, xa que algún dos postes polos que pasa non está ben suxeito ao terreo.
Durante o descenso pasaremos xunto a duas fervenzas, sendo a primeira delas a máis difícil de chegar. Xa que hai que destrepar uns poucos metros por rocha, pero pódese facer sen problemas. Se alguén non quere, pode seguir ata a seguinte fervenza cun acceso moito máis doado. Están practicamente xuntas e pegadas ao camiño da ruta.
Despois desto, xa será un paseo ata Noceda xunto ao río, e ala a descansar, que mañán haberá outra ruta.


O segundo día, iremos cos nosos coches ata a bella localidade de Peñalba de Santiago. A subida a Peñalba, conta cun asfalto en perfecto estado, pero a estrada é moi estreita e con curvas moi pechadas, polo que subiremos e baixaremos despois con precaución. Teremos que deixar os coches nun aparcadoiro que hai á entrada da aldea.
Iremos cara a pequena pero fermosa igrexa do pobo e alí podemos dicir que comezamos a nosa ruta. En principio, se non quedamos moi cansos o día anterior e imos ben de tempo, a idea é visitar a cova de San Genadio, onde hai unha pequena capela que sinceramente, creo que paga a pena visitar, xa non so pola cova senon polas paraxes e paisaxes que podemos disfrutar. Entre a ida e a volta a esa cova son dous kilómetros.
Unha vez que voltemos a ruta, iremos por zona boscosa, e cando desaparezan ás árbores chegaremos a unha zona con maiores desniveis, pero nun tramo non moi longo. Chegaremos a unha campa dende a que veremos Ponferrada, a central de Compostilla, e as montañas da Cordilleira Cantábrica, se o día está claro.
Tra-la campa, baixaremos ata Montes de Valdueza, donde na cantina do pobo podemos parar a tomar algo, e visitar o seu antigo Mosteiro.
Baixaremos ata a Ferreiría, cruzaremos o río, e iremos xa subindo todo o rato ata Peñalba de Santiago, sendo un pouco duro ao principio, pero podemolo facer todos sen problemas.


Os que teñades a oportunidade de poder quedar outro día máis polo Bierzo, recoméndovos visitar a Herrería de Compludo, As Médulas e para xantar o cear, recoméndovos a Palloza de Balboa ou na Casa de Lamas, que é outra palloza na aldea de Canteixeira, tamén no concello de Balboa, catro kilómetros monte arriba pasando Balboa.


A disfrutar!!!!


Non hai prazas, se hai alguen máis interesado pode chamar ou mandar email e quedaría na reserva.
O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza unha viaxe de fin de semana ao Bierzo (León) os días 22 e 23 de outubro. Aloxarémonos no Centro de Turismo Rural El Verdenal en Noceda ( http://www.elverdenal.es/ )
Plan previsto (en caso necesario poderase realizar algún cambio): Sairemos o sábado 22 de outubro ás 7 da mañá de Boiro diante da Casa da Cultura e iremos en coches particulares ata Noceda. Sobre as 10.30 iniciaremos a ruta de fuentes medicinales de Noceda (sobre 10 km, dificultade media, duración estimada 4 h.).
domingo 23 faremos a ruta circular Peñalba de Santiago – Valle del Silencio (sobre 16 km, dificultade media-alta, duración estimada 6 h.). Almorzaremos ás 7.45, despois iremos nos coches particulares a Peñalba de Santiago. En caso de mal tempo para esta ruta temos de suplente unha ruta polas médulas.
Nesta viaxe permitirase asistir a persoas non federados, farase un seguro de dous días para eles. Os federados doutros clubs que se inscriban deberán mostrar o carné da federación.
Gastos da viaxe por persoa:
- 1 noite con almorzo no CTR El Verdenal 25 €.
- Cea do sábado 15 €.
Para apuntarse nesta viaxe:
- Prazo ata o 7 de outubro
- Hai que ingresar por persoa na conta do club ES2520800310553000121101 (Abanca):
+ Os socios federados do noso club: 40 €
+ Os federados doutros clubs de montaña: 44 €
+ As persoas non federadas: 50 €
- Deixar constancia no ingreso o nome da persoa inscrita.
- Mandar un correo electrónico indicando que se fixo o ingreso para viaxe do Bierzo e nome, apelidos, e teléfono (os non federados deberán indicar tamén o nº de dni e a data de nacemento).
Os que non teñen conta en Abanca para que non lle cobren comisión poden facer o ingreso en efectivo en caixeiros intelixentes das oficinas de Abanca poñendo o nº de conta completo do noso club antes mencionado e indicando nome e apelidos.
As prazas son limitadas. Reservarase por orde de inscrición.
O desprazamento se fará en coches particulares e cada un mira con quen vai, compartindo gastos, se hai quen non ten con quen ir pode contactar con nos.
Cada un ten que levar a comida (tipo bocadillo ou similar, froitos secos e/ou barriñas enerxéticas) para as rutas do sábado e do domingo. Hai que levar auga para as rutas e calzado axeitado para andar por montaña.
Por cuestións das reservas no caso de apuntarse e ao final non poder ir so se devolverán os 15 € da cea, sempre que se avise con 3 días de antelación.
Os que se inscriban poden estar atentos ao blog do CMB Vintedouspés http://vintedouspes.blogspot.com.es/ por se hai algún cambio e o venres 21 de outubro ao mediodía revisar por se hai alguna nova de última hora.
Nino fixo de guía e as fotos son de Paco, Eduardo e Marcos. Tedes máis fotos de Eduardo pinchando neste enlace https://drive.google.com/drive/folders/0B8xJbscwa56VeEhXZ2NGbkdack0

INFORMACIÓN DAS RUTAS
Sábado, Fuentes medicinales de Noceda: Salimos del barrio de Río, y a partir de ahí inicia un cómodo ascenso, hasta alcanzar la fuente de Juan Álvarez. Luego puede continuar hasta la fuente del Azufre, de agua ferruginosa, bicarbonatada mixta. Dicha fuente hunde sus raíces en un paraje de aspecto selvático, donde vemos una pequeña cascada. El agua tiñe y salpica de color rojizo a quienes se acercan a echar un trago. Y se dice que produce un apetito comparable al de un león.
Muy cerca se halla la fuente de la Salud, cuya agua es oligomineral, clorurada sulfatada mixta. El manantial de la Salud, al que bautizara otrora como manantial de la Doncella -pues el agua brota a chorros por entre un manto de musgo-. Basta asomar la boca al caño, clorurado y salutífero, para sentir las destrezas del líquido elemento.
A partir de estas fuentes el sendero se vuelve cada vez más empinado hasta llegar al mirador de las Peñas de La Gualta o Lagualta, donde el viento de la sierra alivia el sudor de la caminata. Desde esta posición privilegiada se contempla una idílica estampa del valle de Noceda. Ahora comienza el descenso por una pendiente considerable, aunque unas cuerdas, puestas ex profeso en el sendero, ayudan al excursionista en su bajada y le dan seguridad, hasta llegar a la catarata de las Peñas de La Gualta o Lagualta. Un poderoso chorro de agua cae a plomo sobre un pozo desde unos veinte metros de altura.
A lo largo del recorrido encontramos la fuente del Canalijo y la fuente del Rubio, a la que también se puede acceder desde El Mouro por un sendero que se eleva en zig-zag entre robles (fuyacos, decimos en la zona) escobas silvestres y urces. La fuente del Rubio tiene propiedades oligominerales y el agua es bicarbonatada sódica. Los lugareños aseguran que produce todo un baño de bienestar, ya que es saludable para el reuma y fortalece los huesos, da vida y previene la caries.
Desde este punto se divisa al norte el antes citado mirador de La Gualta, riscoso, como un castro o un castillo romántico, gaélico tal vez, nimbado en misterioso color aluminio. Al sur se atisba una parte de Noceda: los barrios de Río y de San Pedro. Y al fondo vislumbramos la cola o cabeza de una culebra tendida en un manto de color verde: el barrio de Vega. La impresionante sierra de La Guiana, al sur, raya el horizonte.
La ruta por el valle de Noceda del Bierzo, donde el supremo elixir de vida es presencia y paisaje al mismo tiempo, está salpicada de color, expresividad, poesía, belleza y vida, lo que la convierte en una de las panorámicas más hermosas que podamos encontrar en el Bierzo.
Texto de Manuel Cuenya
Distancia: sobre 10 km.
Duración:  sobre 4 horas.
Dificultade: media.







































Domingo, Peñalba de Santiago - Valle del Silencio: es una ruta circular que permite conocer los espectaculares paisajes desde el cordal de los Montes Aquilanos y sus circos de Pico Tuerto, Silencio y Friguera hasta las frondosas riberas del Río Oza.
Distancia: sobre 16 km.
Duración: sobre 6 horas.
Dificultade: media – alta.