lunes, 29 de octubre de 2012

4 de novembro: Costa de Couso (Carreira)


O domingo 4 de novembro fixemos a ruta pola costa de Couso (Carreira-Ribeira) os puntos de encontro foron ás 9 en Boiro e ás 9 e 20 Capela da Guia (coller a estrada cara Aguiño, dende a rotonda de Xarás-fin autovía-. se pasa o cruce do Vilar, dirección Carreira-Aguiño e a 500 m hai sinal á dereita que pon Capela da Guía).
Foron arredor de 13 km, dificultade facil, e duración aproximada sobre 3 horas e media.
Saimos da capela da Guía, pasamos polo corredor da escola, cara o lugar do cruceiro, de alí ,saimos por unha rúa que lle chaman "as pedriñas",atravesamos a estrada que vai a Aguiño,e enfilamos cara a aldea da Felgueira, atravesamos esta e a continuación collemos por unha corredoira que vai dar aos "areeiros", despois de atravesar a estrada que vai de Castiñeiras a Aguiño, collemos dirección á praia da "Catia" (despois de atravesar o rio de Listres por unha ponte de madeira), vamos paralelos á praia, ata a entrada do carreiro,e dende aí enfilamos ata o muelle de Aguiño, pasamos este, polo patio da que foi a depuradora de marisco. A continuacion atopámonos co muelle fenicio, seguimos adiante e nos vamos atopando cunhas praias pequenas de arena moi fina e branca, despois de pasar a de Penisqueira, atopámonos cun lavadeiro do mesmo nome, a continuacion hai un edificio, onde se experimenta sobre a cria e engorde dos alevíns. Na esquina desa fabrica hai un petroglifo medival. A continuación ven a praia de couso e tapando o Atlántico están as pedras do "Perico", dende elas se ven unhas boas vistas, descartando a fabrica que está ao lado, aí Pachi contounos a Lenda do home de Sagres. Despois de deixar o "Perico", fomos bordeando todo couso, e poidemos observar algunha pequena praia e ata os restos dunha cetarea , despois de bordear todo couso, pasamos a piscifactoria dos rodaballos, vamos cara onde están as ruinas do porto de baixo, Vimos a lagoa de Vixán, non poidemos ir ata os carrizales nin ao mirador das aves pois estaba o camiño encharcado de auga e se facía imposible de pasar. Emprenderemos a ruta cara Vixán, e despois de pasar por un camiño entre dous muros no que so se pode ir en fila, chegamos á capela. 


Podes poñer comentarios sobre como resultou a ruta, que foi o que máis gustou, o que menos, ... (senón sabes como poñer o comentario, manda un email a vintedouspes@gmail.com co texto que queres publicar e indicando o nome que queres que figure e despois o poñemos nos no blogue).


>Lenda do home de Sagres


ILLA DE SAGRES. Así chamada en conxunto, en realidade son dúas illas, a de norte e a de sur, separadas polo Carreiro do Inferniño que é vadeable en marea baixa. O topónimo Sagres, parece ser que procede do latín “sacris”: ou sexa lugar sagrado. Ten unha fermosa lenda coñecida como “O Home de Sagres”, que reproducimos aquí:


Contan que fai moitísimo tempo moraba nestas terras un pobo coñecido co nome de Oestrymnios. A súa forma de vida sería semellante a de outras tribos da bisbarra, a caza, a pesca e o marisqueo serían os medios dos que se valerían para subsistir. Un mal día chegou por estas terras un home chamado Saepes ó mando dun poderoso exercito. Estes estranxeiros tiñan por tótem á serpe, de onde ven o nome do xefe, Saepes ou Sephes.
A idea desta xente era poder dominar nas illas, e a mellor maneira de conseguilo era casar ca filla do xefe da tribo chamada Forcadiña. Tiveron un fillo, o que lle puxeron ó nome de Noro. 
Conforme ía pasando o tempo e Saepes non chegaba a dominar nas tan ansiadas illas, maltrata a súa dona Forcadiña, con tanta xenreira que a lingua salta partida en sete anacos, as Sete Linguas, a Queixada foi dar ó Falcoeiro, os Canteiros (caninos en castelán) caeron polo suroeste de Pragueiros, a Testa foi parar a Area Mesa, as Mos van dar ó Carreiro e a Dianteira (os peitos) entre Pragueiros e Sagres. O pai de Forcadiña cando veu o que tal acontecera, bótalle unha terrible maldición a Saepes, Home de Sagres, que alcanza tamén a súa filla e á xente que o seguía, quedando todos convertidos en pedra para sempre. Contan que as pedras que rodean a illa de Sagres e arredores son os restos do exercito que acompañaba a Saepes. Ninguén quedou a salvo de tan terrible castigo, nin tan sequera os animais que formaban parte da facenda. Aí están: o Porco de Sagres, na mesma illa, o Cabalo de Insua Vela, entre Sálvora e Sagres, o Cabalo da Forcadiña, na Forcadiña, o Galo de Vionta, en Vionta, o Salto da Craba, en Couso, o Curro das Cabras e Area dos Bois en Sálvora, onde pacerían tranquilamente estes animais sen sospeitar o que se lles viña encima. Os pastos na illa debían ser bos, pois xa a xente de Carreira levaba o seu gando a pacer a esta illa no ano de 1764 según Diego Antonio Cornide e Saavedra. 
O Chapeu do Home de Sagres foi caer preto de Vionta.Casa e terras tamén quedaron abandonados i espallados polos arredores, así temos: A Hortiña no Carreiro, As Cortiñas en Sagres - ó lado do porco - Os Asadoiros en Sálvora, O Cabaceiro Grande e Cabaceiro Pequeno ó leste de Noro,Os Fornos en Sagres, a Arca e a Barca na Covasa, a Zafra en Sálvora, as Barqueiras o sur de Sagres, e as Barqueiras de Torán ó nordeste da mesma illa, e Fosaporcas preto de Sagres onde o Porco de Sagres pasaría os seus días rebuldando.
¿Hai algo de certo en todo isto? ¡Quen sabe! As lendas non deixan de ser iso, lendas, ¡pero! no Perico de Couso apareceron restos dun poboado prehistórico, nos Castelos de Aguiño pode que houbera un castro, no porto d’Abaixo outro?. Alá cada quen ca súa imaxinación.



















domingo, 14 de octubre de 2012

saída especial "mañá de lecer no outono" (apta para nenos/as) 28 de outubro

Ruta: "Mañá de lecer no outono"

Con esta mañá de lecer pretendemos iniciar nas rutas os máis cativos da familia a partires dos 5 anos (sempre acompañados de unha persoa responsable de cada un deles) así como darlle a coñecer o entorno, costumes ou tarefas que ata non fai tanto se facían nas aldeas. Dentro da idea tamén tentaremos que os rapaces  non o vexan como un esforzo físico, é dicir, que so van a camiñar , senón que haberá unha parte lúdica e como antes dicía de coñecemento da zona.

Día:28 de outubro

Puntos de encontro: ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 e 20 no aparcamento do Campo da festa de San Roquiño-Tállara (carretera Noia-Ponte Beluso) (ser puntuais).

De tanto éxito que tivo esta convocatoria non dimos contado cantos pés viñeron, pero a ollo houbo uns 70 minipés, uns 80 pés e 4 patiñas.

Almorzo: degustación dun producto típico da tempada cunha cunca de papas de millo (gratis). Serviránolo gustosamente na Taberna-Cafetería "A DO PANADEIRO" (a 100m do aparcamento) así como calquera outro tipo de almorzo (cafés, infusións, bolleria etc) que queiramos tomar (disto cada un paga o que tome). Isto do almorzo é optativo xa que ninguén está obrigado o que queira pode vir almorzado da casa.

Despois do almorzo partimos todos xuntos (maiores e rapaces) por un camiño dende a capela de San Roquiño cara a Noia pasando por Campanle onde si está bo día se verá o pobo e a ría. O chegar o Alto do Bosque colleremos a esquerda para baixar ata a Ponte de San Francisco.Pasamos polo paseo fluvial do río Tállara onde nos separemos en 2 grupos. Os que queiran facer a ruta pequena axeitada para rapaces (acompañantes) , principiantes e a longa os que collan camiño cara o Parque e  ermita de San Lourenzo. Na ruta pequena houbo actividades no medio así como un obradoiro de cabazas ao rematar a ruta no poli (5-6 km). Con motivo da chegada do Samaín os que participen no obradoiro trouxeron a súa cabaza así como o material para realizalas. Mentres se preparan as cabazas empezarase cos preparativos do magosto para cando cheguén os sendeirista da ruta longa degustalas todos xuntos (12-13 km).
Tanto a ruta curta (5-6km) como a longa (12-13km) rematou no polideportivo do San Roquiño. Asaronse castañas que trouxeron os participantes.

Se alguen ten algunha foto desta saída e desexa publicala no blogue pode mandala ao correo electrónico do grupo vintedouspes@gmail.com  (nesta saída non veu o fotógrafo "oficial" e polo de agora non temos ningunha foto para publicar).

Dende Vintedouspés queremos agradecer ao Concello de Lousame a colaboración prestada nesta ruta ao limpar de maleza un tramo por onde discurría a ruta e así non ter que facer ese tramo pola estrada.

Podes poñer comentarios sobre como resultou a ruta, que foi o que máis gustou, o que menos, ... (senón sabes como poñer o comentario, manda un email vintedouspes@gmail.com co texto que queres publicar e indicando o nome que queres que figure e despois o poñemos nos no blogue).