domingo, 14 de octubre de 2012

saída especial "mañá de lecer no outono" (apta para nenos/as) 28 de outubro

Ruta: "Mañá de lecer no outono"

Con esta mañá de lecer pretendemos iniciar nas rutas os máis cativos da familia a partires dos 5 anos (sempre acompañados de unha persoa responsable de cada un deles) así como darlle a coñecer o entorno, costumes ou tarefas que ata non fai tanto se facían nas aldeas. Dentro da idea tamén tentaremos que os rapaces  non o vexan como un esforzo físico, é dicir, que so van a camiñar , senón que haberá unha parte lúdica e como antes dicía de coñecemento da zona.

Día:28 de outubro

Puntos de encontro: ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 e 20 no aparcamento do Campo da festa de San Roquiño-Tállara (carretera Noia-Ponte Beluso) (ser puntuais).

De tanto éxito que tivo esta convocatoria non dimos contado cantos pés viñeron, pero a ollo houbo uns 70 minipés, uns 80 pés e 4 patiñas.

Almorzo: degustación dun producto típico da tempada cunha cunca de papas de millo (gratis). Serviránolo gustosamente na Taberna-Cafetería "A DO PANADEIRO" (a 100m do aparcamento) así como calquera outro tipo de almorzo (cafés, infusións, bolleria etc) que queiramos tomar (disto cada un paga o que tome). Isto do almorzo é optativo xa que ninguén está obrigado o que queira pode vir almorzado da casa.

Despois do almorzo partimos todos xuntos (maiores e rapaces) por un camiño dende a capela de San Roquiño cara a Noia pasando por Campanle onde si está bo día se verá o pobo e a ría. O chegar o Alto do Bosque colleremos a esquerda para baixar ata a Ponte de San Francisco.Pasamos polo paseo fluvial do río Tállara onde nos separemos en 2 grupos. Os que queiran facer a ruta pequena axeitada para rapaces (acompañantes) , principiantes e a longa os que collan camiño cara o Parque e  ermita de San Lourenzo. Na ruta pequena houbo actividades no medio así como un obradoiro de cabazas ao rematar a ruta no poli (5-6 km). Con motivo da chegada do Samaín os que participen no obradoiro trouxeron a súa cabaza así como o material para realizalas. Mentres se preparan as cabazas empezarase cos preparativos do magosto para cando cheguén os sendeirista da ruta longa degustalas todos xuntos (12-13 km).
Tanto a ruta curta (5-6km) como a longa (12-13km) rematou no polideportivo do San Roquiño. Asaronse castañas que trouxeron os participantes.

Se alguen ten algunha foto desta saída e desexa publicala no blogue pode mandala ao correo electrónico do grupo vintedouspes@gmail.com  (nesta saída non veu o fotógrafo "oficial" e polo de agora non temos ningunha foto para publicar).

Dende Vintedouspés queremos agradecer ao Concello de Lousame a colaboración prestada nesta ruta ao limpar de maleza un tramo por onde discurría a ruta e así non ter que facer ese tramo pola estrada.

Podes poñer comentarios sobre como resultou a ruta, que foi o que máis gustou, o que menos, ... (senón sabes como poñer o comentario, manda un email vintedouspes@gmail.com co texto que queres publicar e indicando o nome que queres que figure e despois o poñemos nos no blogue).

7 comentarios:

  1. Pareceme unha gran idea iniciar os cativos nas andainas e mais facendo non so como se fora un simple paseo senon tamen coma un intento de que vaian coñecendo a nosa cultura.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias por organizar unha xornada simplemente perfecta. Parabéns!!!!
    Saúdos a ata a próxima.

    Rafa

    ResponderEliminar
  3. PARABÉNS A MANOLI, SÚA NAI E TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE UNHA MAÑÁN TAN DELICIOSA, TIVEMOS SORTE CO TEMPO O CAL FAVORECEU O RECORDO TAN AGRADABLE QUE GARDAMOS DESE DÍA.
    GRAZAS.VIRU.

    ResponderEliminar
  4. felicidades por la organiación,todo perfecto y los niños lo disfrutaron.

    ResponderEliminar
  5. A min o que máis me gustou foi ir rodeado de nenos, eso doulle un toque especial á ruta.
    Extrañoume non ver a ningún neno ao cabaliño de seu pai/súa nai (non a fixen toda con eles, despois seguín coa ruta longa), eso é un síntoma de que están en forma.
    Gustaríame saber que lles pareceu aos nenos, algún neno se atreve a comentar algo directamente ou a través do pai ou nai?

    ResponderEliminar
  6. Ol@!!!!
    Alegrame moito que o comentario xeral sexa o mesmo,saber que todos pasamos realmente o que se pretendía, que era ter unha "Mañá de lecer no outono".Estamos a recibir moitos parabens, pero que sepades que tanto os que temos a iniciativa organizando como os que nos seguides somos IGUAL DE IMPORTANTES no grupo ;-)
    O que me gustaría e ver o comentario de algún dos cativos no blog. Animadeos.
    Simplemente darvos as gracias a vos pola paticipación tan alta e tamén pola actitude e bo ambiente e decir "bo rollo" que houbo durante toda a mañá asi coma a meus pais e veciños que colaboraron desde "detrás do telón" cas suas aportacións e axuda desinteresada.

    MANOLI

    PD:Xa ando a maquinar na próxima...

    ResponderEliminar
  7. PARAVENS FOI UNHA MARAVILLA.. HASTA A PROXIMA.

    ResponderEliminar