martes, 28 de septiembre de 2021

San Ourente (Outes), fervenza de Sta. Leocadia (Mazaricos), rego do Vao do Denonciño e mirador do Cotro (Negreira)



Domingo 10 de outubro, ruta San Ourente (Outes), fervenza de Sta. Leocadia (Mazaricos), rego do Vao do Denonciño e mirador do Cotro (Negreira)

Neste enlace está o track da ruta que fixemos https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=82205797 o inicio da ruta non coincide coa descrición, ese día empezamos en San Ourente

A primeira parte da ruta vai cara a fervenza de Santa Leocadia por pistas asfaltadas case sen tráfico e algún camiño. A fervenza está ao lado dunha capela barroca do mesmo nome. A partir de aqui, uns kilómetros de subida. Cruzamos o rego e imos uns 2,5 km por un bosque espectacular que vai paralelo ao rego do Vao do Denonciño, pasamos pola fervenza da Augabril ou Pozo Grande, ao rematar este tramo  dirixímonos cara o mirador do Cotro, que foi construido polos vecinos de Campolongo e ten vistas moi bonitas da ría de Muros e Noia e tamén doutros montes, como O Pindo, a partir de aquí voltamos por pistas e camiños ao punto de inicio.

 O desnivel acumulado na ruta é sobre 580 m.

Darlle as grazas a Manolo (Negreira) -o bailarin camiñante- pois hai uns anos nos mostrou esa fervenza e ese bosque.