martes, 27 de marzo de 2018

Ruta Tras os pasos do rio Barbeira, ruta da liberdade (A Lama-Pontevedra)


Preciosa ruta que discurre en su mayor parte por las orillas del río Barbeira, dentro del municipio pontevedrés de A Lama y que cuenta con un gran número de atractivos que configuran uno de los itinerarios fluviales más recomendables a realizar en toda la provincia.

Su nombre hace mención al trabajo de los presos de la cercana cárcel de A Lama, que conjuntamente con la Asociación Cultural Río Barbeira, han acondicionado y preparado la misma.

La primera parte de la ruta discurre por las riberas del río Barbeira, entre maravillosos bosques autóctonos, disfrutando del sonido del agua al mismo tiempo que transitamos por caminos de un verde muy intenso, tapizados completamente de musgo, que dan idea de la excelente conservación del medio natural en esta zona y de la ausencia de contaminación.

En la segunda parte, caminaremos por la Serra do Cando, por zonas más elevadas, donde pastan en libertad numerosos caballos, hasta alcanzar la aldea de Covelo, y de nuevo volver a los bosques cercanos al río, que nos acompañarán de nuevo al punto de inicio.

Además de los bellos bosques, en este recorrido contemplaremos un gran número de elementos etnográficos e históricos entre los que se hallan puentes, pontellas, molinos, petos de ánimas, ermitas y cruceiros, además de visitar distintas aldeas de la zona como O Peso, As Chozas, San Lourenzo, O Cabaniño, Barbeira y Covelo.


En Covelo chama a atención a escultura de Manuel Barreiro Cabanelas da web da Televisión de Galicia collemos esta información:

A aldea de Laxedo, pertencente á parroquia de San Sebastián de Covelo, no pontevedrés concello da Lama, rende homenaxe este domingo ao seu insigne benfeitor, Manuel Barreiro Cabanelas. Cando se cumpren 150 anos do seu nacemento, os veciños da súa vila natal queren recordar a súa historia e manter vivo o seu espírito. Mecenas das artes, o urbanismo e a cultura, o chamado 'conde de Covelo', nunca esqueceu Laxedo e as súas xentes.

Fillo de labrega e canteiro foron moitas as eivas que encontrou o pequeno Manuel para acudir á escola cando era neno. Cunhas poucas moedas de ouro que o seu pai gañara traballando nas liñas ferroviarias de Portugal, á morte deste, Manuel emigra ao Brasil. Alí fará fortuna.

Avezado empresario, tanto triunfou no mundo da moda como no inmobiliario, e tamén se atreveu co xogo do becho, unha singular lotaría daquelas terras, coa que incrementou cuantiosamente os seus bens.

Celoso da súa privacidade, pouco dado a ostentación, enigmático, amante das tradicions e da musica do país... Así o definen naquela época.
Nunca casou pero tivo unha comentada relación con Conchita de Sevilla, unha artista andaluza que coñeceu no Brasil, coa que frecuentaba Laxedo.

A súa enorme fortuna e sonada xenerosidade merecéronlle o nomeamento de Conde de Covelo, pero nunca recolleu ou fixo oficial ese título nobiliario.
Barreiro Cabanelas deseñou para a súa vila natal un novo ensanche no que a vida moderna e a arquitectura tradicional convivisen en harmonía.

Financiou rúas, estradas e a súa máis importante obra, 'As Colonias', un conxunto de dous edificios dedicados á educación infantil gratuíta e un terceiro no que se impartían clases de formación profesional aos mozos e mozas de maior idade.

Disque cando marchou definitivamente ao Brasil por mor da Guerra Civil deixou cartos abondo para que o seu proxecto de futuro non se freara.
Mesmo por se tiña que volver financiou ambos os bandos implicados na Guerra, para estar a ben co gañador do conflito. Con todo, o regreso nunca se produciu.

Ocupouse da reforma do hospital de Pontevedra, axudou nas obras de beneficencia da igrexa... mesmo interveu na Guerra de Cuba, onde fora o seu irmán, financiando barcos e víveres. No Brasil o seu carácter filantrópico levouno a crear un asilo que aínda hoxe segue en funcionamento. Unha residencia para xentes foráneas e sen recursos que concebiu como unha casa de hóspedes moderna e con todos os adiantos.

Agora os descendentes daquelas familias ás que o Conde de Covelo lles deu casa e educación reivindican a súa figura e lamentan o abandono das instalacións que tanta vida lle deron á vila.
















lunes, 12 de marzo de 2018

ANDAINA DE GULÁNS 18 de marzo

Integrantes do CMB Vintedouspés que van asistir á andaina de Guláns quedaron ás 7.15 na rotonda de Te (Rianxo), se queres ir co grupo podes aparecer aí. Irán pola autopista. Lémbrate de levar carné federativo. Hai de prazo para inscribirse ata o 14 de marzo
http://www.gulans.com/andaina18/
https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1386/andagulans25km---gulans-v-open-de-andainas-populares-copa-de-andainas-de-regularidade

domingo, 4 de marzo de 2018

Actividade especial do Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés o 28 e 29 de abril do 2018 sendeirismo por Lobios (Ourense).



Información das rutas:
Sábado 28 de abril, ruta Corga Da Fecha Lobios 17 km.
A ruta empeza no balneario de Lobios, na comarca da Baixa Limia Ourense.
Xunto das termas publicas temos un aparcadoiro para poder deixar os coches.
Dende as termas xa podemos empezar a camiñar cara o inicio de ruta que esta un puco mais arriba do balneario, un camiño a dereita, ali xa temos paneis informativos donde explican o que se pode ver e visitar nesta ruta.
O tramo mais duro da ruta comenza a media hora de deixar artras ó balneario, un camiño que sube a ezquerda, aqui tomalo con calma que ainda nos queda un bo cacho de subida, unha subida dura pero moi gratificante polas vistas que nos ofrece.
En esta ruta visitaremos as ruinas romanas Aquis Originis, A Corga Da Fecha, Cabañiña do Curro (a que temos que coller un desvio a esquerda para logo volver o camiño que deixamos atras) Os Milarios e a Calzada Romana Via Nova XVIII.
Esta calzada é a que nos leva de volta ó balneario.

Domingo 29 de abril, estaba previsto ruta de Lobios- Vilameá- Balneario - Lobios 14 km, pero decidimos cambiala por unha variante das sete portes empezando en Portela do homem
Esta ruta levanos dende ó pobo de Lobios ata o balneario e de novo ó pobo de Lobios.
Saimos do pobo de Lobios pola carretera que leva ó balneario, a uns dous km mais ou menos collese unha pista que queda a esqueda e que nos levará ao rio Vilameá, unha vez no rio subimos pola súa marxe esquerda e baixamos pola marxe dereita, neste entorno visitaranse os muiños restaurados, despois de recrearnos nesta paraxe seguimos cara o balneario e de novo collemos cara a Lobios.