miércoles, 27 de septiembre de 2023

andainas solidarias de outubro: xoves 12 por Rianxo e domingo 29 por Ponteareas

 Xa está aquí unha nova edición da Andaina con superpoderes!!!!

A “Asociación de Axuda a Niños Oncolóxicos de Galicia”, ASANOG, coa colaboración do servizo de deportes do Concello de Rianxo, organiza esta segunda edición co obxectivo de recadar fondos para a asociación, á que irá o 100% do recadado a través das inscricións.

Adrián Mosquera, o primeiro deportista olímpico rianxeiro,volverá ser o padriño da proba.

​​A andaina desenvolverase o xoves 12 de outubro, a partir das 10:30 horas e pódese escoller entre dous percorridos de moi baixa dificultade (4 e 11 km) para facilitar a participación e colaboración con ASANOG.

Se non se pode participar tamén é posible colaborar a través da FILA CERO (0) que estará dispoñible na páxina web das inscricións.

O prazo de inscrición xa está aberto e remata o o luns 9 de outubro de 2023 ás 23:59 h.

Inscricións:

- ​​​​​​​En liña, a través da páxina de emesports no seguinte link:

https://eventos.emesports.es/inscripcion/iii-andaina-solidaria-a-beneficio-de-asanog/inscripcion_datos/

- Presenciamente en:

* Servizo de Deportes.

* Na Praza Castelao ata 15 minutos antes do inicio da proba.

Límite de prazas: 750 participantes

COLABORA coa Andaina Solidaria con Superpoderes Rianxo

*********************************

domingo 29 por Ponteareas. Mais información e

inscricións:  https://xistra.org/ponteareas25km-2023/