miércoles, 24 de noviembre de 2021

19 de decembro ruta por Esgos (Ribeira Sacra-Ourense)



Son dúas rutas nunha soa: pr-g 4 Camiño Real San Pedro de Rocas e ruta dos muiños (as Campinas - Esgos)

En total son 17 km. Dificultade media-baixa.

Neste enlace está o track da ruta https://es.wikiloc.com/wikiloc/spatialArtifacts.do?event=setCurrentSpatialArtifact&id=91962190

San Pedro de Rocas:

Neste mosteiro, único por estar escavado na roca natural, non atoparemos lixeiras estruturas góticas nin harmoniosas proporciones renacentistas. Trátase dun recinto antiquísimo, rústico, case primitivo, testemuña dos primeiros asentamentos eremitas nestas terras. O valor de San Pedro de Roca é antropolóxico.

A presenza dos primeiros ocupantes deste lugar remóntase ao ano 573. Segundo as inscricións da lápida fundacional, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial, os seus fundadores foron sete varóns que escolleron este fermoso enclave para retirarse a unha vida de oración. Posteriormente, xa no século IX, o cabaleiro Gemodus redescubre o lugar nunha xornada de caza e se establece nel, sendo elixido abade polos seus compañeiros. Lenda ou realidade, o caso é que existe constancia da existencia de Gemodus, tal como figura no privilexio que Alfonso V concede a Rocas en 1007. Nos séculos posteriores, este mosteiro, nunca demasiado rico nin moi habitado, pasou a depender do de Santo Estevo de Ribas de Sil e do de San Salvador de Celanova. En 1923, foi declarado Monumento Histórico-Artístico.

A igrexa do mosteiro, do século VI, é un dos templos cristiáns máis antigos que se coñecen. As súas tres naves están escavadas na roca. O teito da nave central presenta unha abertura pola que entra luz desde o exterior. Unha pilastra fai as veces de altar. Na parede da capela da esquerda, un reducido espazo de 5 x 3,40 m, ábrese un oco no que supón que estaba o sepulcro do cabaleiro Gemodus. Nel descubriuse unha pintura mural ao fresco, datada entre 1175 e 1200, que mostra imaxes dos apóstolos e un mapamundi.

Tamén podemos ver uns sepulcros esculpidos nos que se representan figuras xacentes. No chan da igrexa e o atrio están escavados na roca numerosos sepulcros. O recinto da igrexa foi ampliado cunha nova nave de posterior construción. O campanario, obra de Gonzalo de Penalva no século XV, está situado na parte superior dunha enorme formación rochosa de case 20 m de altura que da nome a este lugar.

Un arco permite o acceso a un pequeno espazo, empregado ata fai pouco como camposanto parroquial. É de forma cuadrangular e está cercado por un muro. Desde este punto sae un camiño que baixa pola pendente da montaña e chega ata a Fonte de San Bieito, tamén escavada na roca. Información facilitada por Turismo de Galicia - Xunta de Galicia.



























sábado, 13 de noviembre de 2021

23 e 24 de abril do 2022 dúas rutas pola Ribeira Sacra (Castro Caldelas). Bosques máxicos e mirador de Matacás


Bosques máxicos: O PR- G 213 é unha ruta circular que te leva polas paisaxes que rodean Castro Caldelas. Con dous bucles que suman 20,2 km, o seu trazado foi deseñado para facerte gozar camiñando polo patrimonio natural e monumental do que foi recentemente recoñecido como unha das vilas máis bonitas de España.

Percorre prados, viñedos, soutos de castiñeiros e bosques nos que a auga flúe por tódalas partes, e coñece a arquitectura popular e relixiosa que, en forma de muíños, sequeiros, aldeas tradicionais, corredoiras ou mosteiros, xurdiu durante xeracións ao seu redor.

Así pois prepárate, abre os teus sentidos, e segue o camiño que te leva polos bosques máxicos de Castro Caldelas.

Sobre 16,5 km. Circular. Media. Sobre 15 km. Tempo estimado 5 horas e media.

 





















Mirador de Matacás: O PR-G 237 é unha ruta circular que une o centro de Castro Caldelas co Miradoiro de As Penas de Matacás, onde se abre unha panorámica espectacular sobre o Canón do Sil que pon de manifesto o contraste entre as ladeiras boscosas de Ourense e os asollados viñedos en socalcos de Lugo.

O percorrido ofrece o gran atractivo dos viñedos, soutos e aldeas de xisto negro de Paradela e Alais, a sobreira centenaria de Lugar de Arriba e as fermosas vistas ao val de Abeleda e aos bosques que rodean Castro Caldelas.

Sobre 16,5 km. Circular. Media. Sobre 15 km. Tempo estimado 6 horas e media.

(Información das rutas facilitada polo Concello de Castro Caldelas)