lunes, 29 de abril de 2013

actividades de sendeirismo doutras entidades

O Concello de Rianxo organiza 2 actividades de sendeirismo: o 25 de maio dirixido a adultos Rio Pedras - A Portela, 22 km, e o 1 de xuño dirixido a maiores de 50 anos e 3ª idade sendeiro fluvial de Catoira e Torres do Oeste sobre 5 km. Máis información http://www.concelloderianxo.es/deportes/-/blogs/andainas-rio-pedras-a-pobra-e-sendeiro-fluvial-de-catoira

Sábado 4 de maio: ruta de sendeirismo San Ramón de Bealo - San Finx, organizado polos concellos de Boiro (Departamento de Turismo) e Lousame (Departamento de Deportes). Para inscribirse chamar ao Concello de Boiro ou de Lousame. 12 km. · 3 €. (esta ruta estaba prevista para Semana Santa pero polo mal tempo aprazouse)

Sábado 18 de maio: multiactividade que inclue sendeirismo organizado pola Voz de Galicia e Concello de Lousame. Máis información:http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2013/04/20/voz-convoca-millar-personas-descubrir-tesoros-naturales-barbanza/0003_201304B20C5991.htm

Sábado 18 de maio andaina de 50 km en Allariz. Máis información no Concello de Allariz

martes, 9 de abril de 2013

28 de abril: Catoira - Xiabre


O domingo 28 de abril fixemos a ruta Catoira - Xiabre - Catoira, é unha ruta circular que parte de Tras da Veiga (Catoira) e ascende ata pico do monte Xiabre. Os puntos de encontro foron ás 8.30 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 no inicio dunha rúa que vai a Tras da Veiga (Catoira) que se inicia entre o Centro de Saúde de Catoira e o bar Campo Subido, para chegar aí se vas desde o Barbanza hai que ir a Catoira e coller dirección Vilagarcía e despois de pasar diante da Casa do Concello de Catoira, antes de que remate Catoira hai unha rotonda, deberíase darlle a volta a toda a rotonda e xusto onde finaliza (como se estiveramos para volver cara o Barbanza) se inicia esa rúa.

A ruta é de dificultade media-alta, son arredor de 21 kilómetros, e a ruta de andar levounos arredor de 5 e media horas. Partimos do lugar de Tras da Veiga que está a 30 metros de altitude e ascendemos ata o pico do monte Xiabre (640 metros de altitude), os últimos metros foron duros subindo polo cortalume, descendemos ata Tras da Veiga por camiños, pistas e pola beira dos regos Cibrán e Catoira. Tivemos bo día e poidemos disfrutar de boas vistas da ría de Arousa e do Ulla.
No alto do Xiabre fixemos unha parada para repoñer forzas e picar algo, pero facía un aire moi frio.
Está a ruta en wikiloc http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4383553








As fotos son de Paco




sábado, 6 de abril de 2013

Sábado 13 de abril andaina Bisbarra do Sar

Ola o sábado 13 de abril hai a andaina Bisbarra do Sar, en Padrón, son 50 km, en 2 aneis de 26 e 24 km.
Máis información en http://andainabisbarradosar.blogspot.com.es/