lunes, 8 de julio de 2013

28 de xullo, ruta da pedra e da auga e rio San Martiño (Armenteira)


O domingo 28 de xullo pola mañá 28 pés (Sabela, Rus, Pili, Moncho, Nati, María José, María, Jose Antonio, Jose, Carlos Benjamín, Anxo e Ana) fixeron a ruta do río San Martiño e a ruta da pedra e da auga pola zona de Armenteira (Meis - comarca do Salnés). O punto de encontro foi ás 8 diante da Casa da Cultura de Boiro. Foron nos coches (levou sobre 50 minutos) ata a rotonda da autovía do Salnés en dirección a Armenteira e empezaron a andar ascendendo pola beira do río San Martiño ata as Piñeiras na parroquia de San Salvador de Meis, despois dirixíronse ao mosteiro de Armenteira e por último fixeron case toda a ruta da pedra e da auga, baixando pola beira do río Armenteira, ata onde se xunta co rio San Martiño. Viron moitos muiños (máis de 30), algúns deles de cubo, distintos aos habituais -de canle-, e tiveron bastante sombra ;-) ao ir pola beira dos rios e estar o día nublado e arredor do 25 por cento do tempo lles estivo chovendo.

Varios comentaron que a pesar da chuvia, valeu a pena facela ruta ao gustarlles especialmente o tramo da ruta da pedra e da auga.

A ruta foron arredor de 17 kilómetros, a dificultade media, e a duración arredor -paradas incluidas- de 5 horas.

As fotos son de Ana, quen teña máis fotos da ruta e queira que se publiquen neste blogue que as envie ao noso email vintedouspes@gmail.com












No hay comentarios:

Publicar un comentario