lunes, 15 de julio de 2013

actividades de sendeirismo doutras entidades (actualizado o 27 de agosto)


**** O Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro organiza unha andaina para o día 31 de agosto. Denominada "O Rianxo descoñecido, lendas do mar e da terra", partirá de Rianxo ata a Aldea Maldita de Abuín, con paradas no dique de Tanxil, Punta Fincheira e a Praia do Porrón.  Ao longo da andaina iranse explicando historias vinculadas cos lugares que se van percorrendo e que forman parte do noso patrimonio.
Información xeral:
  • HORARIO: Saída ás 10 da mañá no Auditorio de Rianxo. A partir das 9:30 h. recepción de participantes.
  • RUTA: 3 horas aprox., dificultade media-baixa.
  • INSCRICIÓN DE BALDE: Susa (609 818 998), Dolores (638 005 335) ou no Centro Cultural de Leiro.
Recoméndase levar roupa e calzado axeitado, ademais de auga e algo de froita.

 ************************************

****  Duatlhon fotográfico en Lousame: Ola! somos un grupo de mozos/as de Lousame que estamos facendo un proxecto para xuventude no cal as actividades están relacionadas coa natureza a cultura e a  e a fotografía, en concreto temos dúas andainas fotográficas unha a San Ramón (31 de agosto) e outra en Santiago (7 de setembro).Máis información e inscricións en 609 828 853

 ************************************

**** O Servizo de Deportes do Concello de Rianxo organiza unha andaina o vindeiro 7 de setembro na que se percorrerán dúas rutas que discorren polos concellos pontevedreses de Meis e Ribadumia: a Ruta da Pedra e da Auga e a do Río San Martiño.
A andaina vai dirixida a maiores de 14 anos e adultos, ten dificultade media e achégase aos 20 km.; discorre por fermosas ribeiras de río e zonas de monte e natureza en estado puro, con muiños restaurados, unha "aldea labrega" que representa a vida rural gallega de primeiros do século XX e os seus elementos tradicionais (horreo, forno, cruceiro...)
Información e inscricións no Servizo de Deportes (deportes@concelloderianxo.es - 981 866 381) e nos pavillóns polideportivos.

 ************************************

**** Dúas rutas nocturnas pola paisaxe megalítica da Serra do Barbanza. Os guías das mesmas serán os arqueólogos Patricia Mañana e Xurxo Ayán, que nos farán un percorrido por unha ducia de túmulos, dando comezo en Outeriño do Pan.
Os principais contidos a tratar na visita serán, xunto co patrimonio arqueolóxico funerario, a construción da paisaxe megalítica, o uso tradicional do monte, a cantería tradicional e o imaxinario colectivo.
Aproveitando a lúa chea, as rutas faranse os vindeiros venres 23 e 30 de agosto de 2013. E para non distraernos coas fermosas vistas das rías de Arousa e Muros-Noia, as mámoas terán atractivos especiais!
Que precisas saber?
Idades: as visitas están ideadas para maiores de idade, pero tamén aceptamos familias con nenos/as (mellor, maiores de 12 anos).
Custe: 5 €/persoa. Non precisas facer un ingreso previo. Chega con que pagues o día da visita.
Hora de saída: 21 horas (prégase estar 15 minutos antes).
Duración: 120 minutos (aproximadamente).
Distancia do percorrido: 7 quilómetros (aproximadamente).
Punto de partida: aparcamento do EVA nº 10 do Monte Iroite (aquí).
Como chegar: a pista para subir ao Monte Iroite atópase na estrada comarcal 1105 que une os concellos de Noia e Boiro. Á altura do lugar de Moimenta atópase un desvío no que está indicada a Serra do Barbanza, xunto coas mámoas ou o EVA nº 10. Percorridos uns 9 quilómetros, chégase á base militar, diante da que partiremos.
Que debes levar?
Lanterna e chaleco reflectante.
Máis información:  http://etnoga.com/blog/rutas/

************************************

**** Goza do Ullapercorrido polos roteiros de senderismo dos concellos do Ulla dende maio ata outubro. Máis información en: http://andainas.blogspot.com.es/2013/05/goza-do-ulla-2013.html


No hay comentarios:

Publicar un comentario