lunes, 29 de julio de 2013

25 de agosto: Santa Cecía


Santa Cecía é montaña que domina a Maía (a  comarca que se estende desde Brión ata Padrón).  Ten 497 m de altitude (como A Curota, máis ou menos). A nosa saída consistiu na súa ascensión desde Santa María dos Ánxeles (Brión), a 80 m. s. n. m. n. Partimos desde a igrexa desta parroquia e cruzamos as aldeas de Piñeiro, Sanín, Gosende e Saíme, por agradables vales entre bosques en dirección á montaña. Desde Saíme, a 200 m de altitude, comeza unha esixente subida por pistas ben marcadas, que nos levan sen moita demora ata o vértice xeodésico de Santa Cecía. Despois iremos cara unha caseta de vixilancia forestal, desde onde, se contou a historia do Coto do Castelo a da ermida de Santa Cecilia, hoxe en día desaparecida. 
Sobre o ano 900 uns señores loiros e con cornos na cabeza subiron polo rio Ulla e lle cortaron a cabeza ao bispo de Santiago. Como aos bispos non lle gusta que lle corten a cabeza estableceron un sistema de vixilancia dos accesos de Santiago desde o mar. Un deses puntos segundo o que teorizan alguns expertos, estaria no Monte Santa Cecia, no Coto do Castelo, que puidemos ver  na saida. No Monte atopabase tamen unha capela, cun imaxe de Santa Cecilia, que foi transladada hai varios seculos a Bastavales, por baixo da montaña. Pouco a pouco foi sendo desmantelada a ermida, ata que so quedou unha columna cun estatua dunha muller espida e cunha cobra enrolada. Esta columna foi roubada en 2006, desde enton a ermida de Santa Cecilia e unha capela fantasma, e so e utilizada pola Santa Companna nas noites neboentas
Probablemente a esta capela fai referencia este poema do trobador galego medieval Martín de Xinzo (Xinzo é unha aldea de Bastavales).
Como vivo coitada, madre, por meu amado
Ca m ´enviou mandado que se vai no fossado
E por el vivo coitada!
Ca m´enviou mandado que se vai no ferido
Eu a Santa Cecilia de coraçon o digo
E por el vivo coitada!
(o ferido e o fossado= a guerra)


Outro poema de Martín de Xinzo di:
 

Se vos prouguer, madre, desta guisa
Irei miñas candeas queimar
no meu manto e na miña camisa
a Santa Cecilia, ant´o seu antar
ca moir´eu, madre, por meu amigo
e el morre por falar comigo
 

Ao lonxe, recoñecemos cumes que nos resultan familiares: A Muralla, Monte Culou, Pico Sacro O Iroite e no horizonte, Os Forcados e A Curota. Tras picar algo, fixemos un cómodo descenso ata Macedos (perto de Urdilde) polo cordal da montaña. Finalmente, regresamos aos Ánxeles atravesando cómodas pistas de terra pistas de terra e asfaltadas que atravesan os lugares de Gosende de Arriba, Souto e Piñeiro.

Esta é unha ruta circular.  Os puntos de encontro foron ás 7:45 na Casa da Cultura de Boiro e ás 8:35 no bar A Casiña en Urdilde, desde onde fomos xuntos ata a Igrexa de Santa María dos Ánxeles.

A ruta é de dificultade mediaTodo o camiño é moi cómodo, por pistas e devasas (algunhas con pedras soltas). Hai un par de trechos de subida esixente, que requiren boa forma física. Iremos a paso rápido. Leva unhas 4:30 horas, dependendo do ritmo, e son 14,6 Km. Hai polo menos unha fonte no camiño, e outra máis cerca da cima que se cadra estará seca daquela. Recoméndase levar algo de auga e cousas para picar, así como protección contra o sol (ou chuvia no seu caso).



ascensión Sta. Cecía

ascensión Sta. Cecía

meseta Sta. Cecía

No hay comentarios:

Publicar un comentario