miércoles, 19 de junio de 2013

outras actividades. 30 de xuño

Ruta San Lourenzo- Muiño do Caparucho

Ol@!!!

O próximo día 30 pola mañá volvemos a saír  e disfrutar das nosas paisaxes.

Comenzaremos as 9,30h da mañá no Parque  de San Lourenzo (Confurco-Lousame) cunha ruta de 13kms (circular) para maiores. Discurrirá por pistas forestais, camiños de carro, corredoiras e carballeiras. Ademais de boas vistas, si o tempo acompaña veremos un muiño centenario "O do Caparucho" cerca da aldea de Gandarela. O seu nome da unha pista da súa singularidade pero mellor si podedes e que veñades e o vexades vos mesmos. Sobre a 13,30 xa teremos rematado.

"Ó TEU CARÓN"(programa de actividades en familia, dende 4 anos)

Queremos invitarche a vir pasar a mañá do domingo día 30 de xuño ca túa familia .

Faremos unha actividade o aire libre ralacionada cas árbores no Parque de San Lourenzo (Confurco- Lousame). Para esto contaremos ca axuda e explicación dunha rapaza  inxenieira forestal e agrónoma.
Logo sobre as 10,30 sairemos a camiñar.A nosa peque-ruta  é de kms, asi que é faciliña.
Ireivos contando unha historia da que se fala nas aldeas dos arredores sobre un lugar polo que vamos a pasar e tamén xogaremos ca imaxinación a ver  figuras nos distintos outeiros que nos vamos atopar.
Xa de volta faremos un xogo de pistas  no Parque, donde pequenos e grandes participaremos.
Esperamos que ahora que estades de vacacións non vos de pereza levantarvos  e veñades 

ESPERÁMOSVOS 

No hay comentarios:

Publicar un comentario