O domingo 16 de novembro faremos unha ruta circular polo concello de Dodro (é so para socios/as), esta ruta denomínase “Pensa Nao”, xa que recorre diversos sitios que se enumeran da novela homónima do autor local Anxo Angueira, se algún le o libro e despois fai a ruta lle resultará aínda máis interesante.
Comenzaremos o percorrido en Imo, xunto aos seus hórreos. Tamén coñecidos como Hórreos da Lavandeira, os hórreos de Imo datan do séculos XVIII. Ubicanse na coñecida como Eira da Lavandeira, de ahí o seu otro nome. En total son once hórreos, todos moi próximos entre eles. Son construccions de planta rectangular e de pedra levantadas en vanos, estreitos e con cuberta de tell do país a dúas augas adornada con pináculos e cruces. Os peches laterais son de listóns de madeira separados por columnas de pedra. Este tipo de hórreos
conócense como tipo Mahía. Cada hórreo ten o seu nome, a saber: hórreo de Andrea, hórreo de Xastre, hórreo dos de Rey, hórreo de Lago, hórreo de Rial, hórreo de Vitorio, hórreo de Richalda, hórreo de Ardeira, hórreo de Rivelas, hórreo de Esclavitude do Viturro e hórreo do Corral.

De seguido chegaremos ao Souto de Manselle, lugar histórico onde se reunían os cooperativistas na Segunda República para debater tódolos temas concernentes ao devir das cooperativas agrícolas que xa por aquel entón había no concello.
Tralas marcas da ruta adentrámonos no monte onde poderemos gozar de impresionantes vistas do río Ulla dende diversos miradoiros, así como contemplar uns cantos petróglifos que farán as delicias dos afeccionados ao arte rupestre.
Seguindo o noso sendeiro e localizado no lugar de Abelán da Cruz, no Monte Padronelo, no cruce dos camiños que van a Teaio, Bustelo e A Devesa, antiga encrucillada, punto que separa as aldeas do monte e as do val, atopamos o cruceiro de Abelán. Típico cruceiro de capela ou de loreto da zona do Barbanza. Feito en granito. As medidas xerais son de 4,6 metros de alto por 2,5 de ancho. O fuste mide 1,6 metros e 2,1 de perímetro. A capela ten unha altura de 0,98 metros.
Antes de comenzar a volta atopámonos co último dos miradoiros, o que presenta mellores perspectivas, xa que nel poderemos contemplar, mirando cara a esquerda, o transcurso calmo do río e cara a dereita o comenzo da Ría de Arousa. Un pouco cara diante toparemos o camiño da Orixe que nos levará de volta ao punto de partida.

Distancia: 17 Km.
Dificultade: media – baixa, xa que as subidas que hai son moi levadeiras, non habendo tramos de dificultade.
Tempo estimado de catro horas e media.
Puntos de encontro:
Onde sempre de Boiro ás 9 menos 20
Rotonda de Te (Rianxo) ás 9 menos 10
Punto de inicio horreos de Imo ás 9 de mañá
Punto de inicio horreos de Imo ás 9 de mañá
Para inscribirte contesta a este correo indicando nome e apelidos e onde te incorporas antes das 10 horas do 15 de novembro.
Se te inscribes, o sábado a partir das 16 horas mira o noso blog por se hai algún cambio de última hora.
Por último dicir que a ruta estaba marcada perfectamente con moitas sinais para que fose fácil de seguir, pero a día de hoxe faltan algunhas marcar, polo que hai que estar atentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario