domingo, 15 de junio de 2025

29 de xuño ruta capela de San Pedro e monte de Brión (Rianxo)

O domingo 29 de xuño o Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés organiza a ruta capela de San Pedro e monte de Brión (Rianxo), iremos en coches particulares, so poden ir socios/as.

Puntos de encontro en Avda da Constitución, diante da Casa da Cultura de Boiro ás 8 (saimos a esa hora por se ven un día de calor) ou na saida da ruta: aparcadoiro da praia da Torre (Taragoña-Rianxo) ás 8 e cuarto.

Iremos ata rotonda de Té onde colleremos o río ata o muiño de Franquin onde cruzamos o río e seguimos ata capela da santa Lucia un pouco máis adiante iremos uns 500 metros paralelos a autovía para a continuación pasar por diante da capela do san Pedro, seguindo este camiño iremos dar a pista de terra qué vai ao mirador seguimos por ela ata coller un camiño qué nos leva ao alto de Brión cruzamos polo medio da aldea -hai fonte-  para coller unha carballeira con saida no río da Grenla despois dun quilómetro chegamos á praia de Tanxil e porto de Ríanxo para ir a Setefogas e coller o paseo marítimo ata onde comezamos.

 Distancia 14 kms

Duración 4 horas aproximádamente.

Para inscribirse mandouse información aos socios/as por correo electrónico.


No hay comentarios:

Publicar un comentario