O domingo 8 de xuño o Club de Montaña do Barbanza organiza a
ruta dos ríos e do castro por Cuntis, iremos en coches particulares, so poden
ir socios/as, os puntos de encontro son:
en Boiro ás 8.30 Avda da Constitución, diante da Casa da
Cultura de Boiro
ás 8.40 rotonda de Te (Rianxo)
ás 8.50 rotonda de Lestrobe
ou no comenzo da andaina xunto ó centro de saude de Cuntis
ás 9 e cuarto para empezar a andar.
Distancia a percorrer 16 km, duración estimada 5 horas.
A Ruta dos Ríos e do Castro: Esta vai ao longo do paseo do río en dirección sur, logo cruza a calzada e vai por detrás do Restaurante Don Manuel ao longo do río Gallo, polos pasos de Meira, Outeiro Furado. O camiño segue pasando pola fervenza de Herbedo e unha fábrica da luz abandoada, aquí podese achegar un ate chegar a Castrolandín para observar o fermoso castro coas vistas panorámicas de toda a vila e voltar o punto para coller o camiño que leva as pozas e fervenza das Campaiñas. No tramo final pasase polo Monumento o Sagrado Corazón e de volta por detrás do Restaurante Don Manuel, cruzar a carretera e seguir polo paseo do río ate o punto de comezo.
A baixa dificultade deste percorrido faina accesible para
todo o mundo. Ademais farase con camiñar tranquilo para poder disfrutar do
encanto dos ríos, da fermosura das
fervenzas e das vistas do castro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario