lunes, 18 de junio de 2018

Rio Xabriña (Covelo)



Este roteiro foi promovido pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paraños (Covelo).

17 km, dificultade media, duración estimada 6 h. 


O río Xabriña, afluente do Tea, convértese no verdadeiro protagonista desta ruta circular que parte da parroquia de Paraños e que visita outros lugares como Prado de Canda e A Lamosa.
Ademais da exquisita vexetación que o camiño presenta nas súas marxes, ao longo del pódese gozar dunha extraordinaria riqueza etnográfica e cultural, xa que durante toda a ruta atopamos elementos de gran valor e en bo estado de conservación, como a igrexa parroquial de Paraños, varias cerarías antigas, coma o «Lagar da Cera» en Portocortiñas, case trinta muíños ao longo do río, camiños tradicionais, fontes, pasos de auga, e pontes coma a de Ponte Folón.
O seu deseño circular divídese en dous grandes aneis.
O primeiro percorre o río dende Paraños a través de frondosos bosques e ata Ponte Folón. O segundo anel, que visita Prado e A Lamosa, achéganos ao Miradoiro de Cotos da Bouza e a pequenas aldeas onde poderemos coñecer a actividade dos antigos artesáns que se dedicaban a traballar coa cera.
Ademais, en varios puntos do camiño encontraremos paneis que recollen poesías do poeta galego Uxío Novoneyra procedentes do seu libro titulado Os Eidos. (información facilitada pola Xunta de Galicia)



























No hay comentarios:

Publicar un comentario