lunes, 30 de junio de 2014

20 de xullo Carballeira de San Martiño - Castro Lupario (Faramello)


Puntos de encontro ás 8.15 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 na Carballeira Parada de Francos-Capela de San Martiño (Faramello)
Ruta circular, lonxitude 16 Qm, tempo estimado 4 horas, dificultade moderada
A saída é na Carballeira de Francos (Parada de Francos ou Capela de S. Martiño) fomos por pistas de montes e leiras ata chegar ás aldeas de Chave de Carballo e Vidaloiso.
Chegamos ás beiras do rio Sar e fomos un bo tramo a carón del (está moi socio e da mal olor, é unha pena, Quen é o responsable de que esté así?), seguimos por monte e carballeira ata chegar a área recreativa de Chave da Ponte, como queda na mitade da ruta fixemos unha parada e picamos algo.
Seguimos camiñando ata monte Buxán, onde atopamos o castro Lupario, en moi mal estado de conservación, aínda se aprecian algúns círculos e parapetos, cando estabamos nel a Raiña Lupa mandounos algo de auga ;-)     . Baixamos á aldea Angueira de Castro cas súas casas señoriais e as parras das viñas enriba das rúas.
Chegamos ao rio Tinto e vamos a chegar ao fermosísimo pazo do Faramello, está un pouco agochado, pero vale a pena.
Seguiremos polo rio e máis adiante estivemos nunha pequena ponte medieval e rematamos a ruta pasando pola aldea de Parada de Francos e veremos a súa igrex (San Martiño) e o seu cruceiro gótico.
Fixeron de guías Juan e Puri.
Neste enlace esta o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7077969
Gústanos que os participantes comentes cousas sobre a ruta (pinchas en comentarios e tecleas o texto que desexes)

























Juan e Puri prepararonnos unha sorpresa; Tivemos que buscar algo en relación a un poema que leron de Rosalía de Castro


Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sin querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.

Dóiome de dór ferida,
que antes tiña vida enteira
e hoxe teño media vida.

Só media me deixaron
os que de aló me trouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
¡ai!, uns amores toliños,
¡ai!, uns toliños amores.

Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
De pena me consumiron.

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

3 comentarios:

  1. ¡Hola! xa levo bastante sin andar. Pregúntovos si aguantarei os 16 km, porque poñedes dificultade moderada. Porfa ¿que significa moderada? graciñas e saudos.

    ResponderEliminar
  2. Ola, nos non podemos saber se aguantaras os 15 km, pero se levas bastante sen andar aconsellamoste que empeces por rutas máis curtas e que sexan fáciles.
    Respecto a dificultade moderada, quere dicir dificultade media.
    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Ola, non non podemos saber se aguantarás os 16 Qm, pero se levas tempo sen andar aconsellamoste que empeces por rutas máis curtas e de dificultade facil.
    Respecto da dificultade moderada, equivale a dicir dificultade media.
    Saúdos

    ResponderEliminar