miércoles, 18 de junio de 2014

1ª asemblea de socios/as do club



O Club de Montaña do Barbanza Vintedouspés vai celebrar a súa 1ª asemblea de socios/as o sábado 28 de xuño de 2014 á que están convocados/as tódolos/alas socios/as.  



ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
lugar de celebración Casa da Cultura de Boiro,
1ª convocatoria ás 20.30 horas. 
2ª convocatoria ás 21 horas.



Orde do día:
Resumo dos estatutos.
Elección de xunta directiva.
Estado de contas.
Rogos e preguntas.



Quen desexe presentarse a algún cargo da directiva (presidente, tesoureiro, secretario, vogais) deberá enviar un email a vintedouspes@gmail.com ou carta ao local social do club: Madalena 93 - 15992 Boiro.



Ese mesmo día (28 de xuño), despois da asemblea, ás 22 horas faremos unha ruta nocturna,  que en principio será bordear Iroite, unha ruta fácil de arredor de 12 quilómetros, que foi a primeira ruta feita polo grupo Vintedouspés, e se o tempo o permite teremos explicacións sobre estrelas, constelacións e o espacio (no blogue do club poñeremos máis información).



Enviamos un correo electrónico a tódolos/alas socios/as coa convocatoria da asemblea, se eres socio/a e non recibiches ese correo ponte en contacto con nos ou mandanos un aviso a vintedouspes@gmail.com, pois debe haber un problema co enderezo electrónico. 


Por requisito legal hai que facer 1ª e 2ª convocatoria, pero máis ben é con idea de empezar ás 21 horas, é dicir, na 2ª convocatoria.





No hay comentarios:

Publicar un comentario