sábado, 15 de marzo de 2014

Domingo 23 de marzo: Caldas - Rio Barosa


O domingo 23 de marzo o grupo Vintedouspés fará a ruta Caldas - Rio Barosa.

A ruta de andar parte da alameda de Caldas e empezamos a ruta seguindo a beira do rio Umia arredor de 2 km, deespois chegamos á fervenza de Segade, a continuación colleremos algunhas carretera de moi pouco tráfico e pistas pasando polos lugares de Paradivas e San Martiño, despois chegaremos ao rio Barosa, onde seguiremos un pouco pola súa beira ata a fervenza do rio Barosa no lugar de Maquieira, remataremos a ruta facendo un pequeno tramo do camiño portugues de Santiago.

A ruta non é circular, deixaremos uns coches na estrada que vai de Caldas a Pontevedra na zona dun lugar chamado O Ameal e iremos nos coches ata a alameda de Caldas. Antes de sair de Boiro organizaremos os coches ao non ser a ruta circular.

A ruta serán arredor de 15 km, duración estimada arredor de 4 horas e media, dificultade media.

Punto de encontro: ás 8.15 diante da Casa da Cultura de Boiro (no sitio de sempre).

Neste enlace está o track da ruta http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6454530

Pinchando neste enlace podes ver máis fotos da ruta https://www.dropbox.com/sh/mimsnwfcz7vw2h9/kLk_B-8X-G

Fervenza de Segade

Muiños rio Barosa







Rio Barosa



4 comentarios:

  1. Porfi atrasadea unha semana. Os papis non podemos ir celebrase a comida do pai. Grasas. Un saudo.

    ResponderEliminar
  2. Temos ganas de ir,ten q ser unha ruta moi bonita,pero a hora de encontro é moi cedo,habería algunha forma de q fora máis tarde?

    ResponderEliminar
  3. A q hora habería q star no parque do río Barosa pa comenzar a ruta,se non se fora ó punto de encontro?Agardo por a súa resposta.Grazas

    ResponderEliminar
  4. Ola Irmandiño Celem, sentindoo moito non é posible atrasar a a ruta unha semana.
    Ola Anónimo1: non se pode sair máis tarde, ao non ser a ruta circular hai que mover os coches, calculamos que ata máis ou menos as 9 non empezaremos a andar.
    Ola Anonimo 2: para quedar a través dos comentarios na zona do río Barosa é complicado, se queres chama ao teléfono do grupo 615 - 637 - 227 e miramos de como quedamos.
    Saúdos
    Vintedouspés

    ResponderEliminar