lunes, 3 de marzo de 2014

SÁBADO 15 de marzo: a Curota


SÁBADO 15 DE MARZO  A CUROTA

Puntos de encontro ás 15:45 diante da Casa da Cultura de Boiro, e ás 16:10 onde remata a pista asfaltada que leva ás piscinas naturais de Aldea Vella (A Pobra)
Ascensión ao Monte da Curota (512 m) polo camiño, hoxe pista, que ascende á Serra do Barbanza desde a parroquia de Santa Cruz de Lesón, e que era utilizado para transitar cara ás aldeas serranas de Porto do Son.  A ruta pasa por varios petóns ou rochedos, que teñen nome propio e que servían como referencia nos traballos cotidianos da xente destas parroquias, como o Eiteiro do Galo, O Petón da Raposa e O Petón do Folgoso. Se o tempo o permite desfrutaremos das fermosas vistas desde o cume da Curota, e baixaremos seguindo o camiño tradicional do Serro da Curota ata o Alto da Lagoa (miradoiro de Valle-Inclán), pasando polo Petón do Carballo, Castroellos e o Petón das Casiñas. Desde o miradoiro  de Valle-Inclán regresaremos por pistas a Santa Cruz, pasando pola valgada dos Cravadoiros, O Petón das Taramelas,  a Ladeira da Curota, O Carrouchal e a Fonte dos Remoliños. Débense levar botas de montaña ou sendeirismo.
Debe levarse algunha prenda de abrigo, aínda que o tempo estea bo, xa que na serra as condicións son moi variables (vento, néboa). Recoméndase gorra ou gorro. Un foco de luz (lanterna, frontal) pode ser útil se hai algún retraso. Hai dúas fontes no camiño, pero é boa idea levar unha botelliña de agua. A practica totalidade da ascensión é por carreiros e pistas e case non se pisa alfalto. Recoméndase comer cedo, xa que a subida é forte.
A SAÍDA REQUERE UNHA FORMA FÍSICA MEDIA-ALTA, A ASCENSIÓN É CONTINUA, DUN 400 M E BAIXADA ESCALONADA DOUTROS 400 M. EN CERTOS PUNTOS REQUERESE CERTA HABILIDADE PARA ANDAR POR SENDAS PEDREGOSAS. DURACIÓN ESTIMADA DE 4 H, FACENDO 3 PARADAS, son sobre 13 km.
Neste enlace está o track da ruta, se dispós de GPS, pódela descargar e facela cando queiras
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=6436511








No hay comentarios:

Publicar un comentario