martes, 28 de mayo de 2013

2 de xuño ruta do monte Pindo, Fieiro - A Moa


Ruta circular polo Monte Pindo

Puntos de encontro ás 8.30 diante da Casa da Cultura de Boiro ou ás 8.50 diante da estación de autobuses de Noia (enfrente ao Mercadona de Noia). Desde Boiro ata Fieiro leva arredor de 1 hora.
Kilómetros aproximados: 11 (pero como é unha ruta de media montaña contade como se foran o dobre de kilómetros). Duración: sobre 5 horas e media (sen contar o desprazamento en coche). Dificultade: alta.

Deixamos os coches en Fieiro (cerca da presa do Xallas) (291 metros de altitude) e iniciamos a ruta de andar con dirección ao Penafiel, descendendo ata 174 metros de altitude e despois empezamos a subir, a continuación dirixirémonos á cova da Xoana (475 m de altitude), posteriormente iremos ata o Guerreiro ou Xigante (conxunto de pedras con esa forma), despois ascendemos á Moa (629 m de altitude) contra o mediodía se fixo unha parada para comer e de sobremesa como en principio a ruta ía ser o día das letras galegas, limos unhas poesías e chegamos a Fieiro sobre as 4 da tarde.
As fotos son de Paco
Neste enlace está a ruta máis ou menos que fixemos coas seguintes variacións, non ascendimos ao pico Peñafiel e baixamos un pouco cara a igrexa para ver a figura do guerreiro e outros grupos de pedras. http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=3550640
Algunha das poesías lidas:

O PINDO (César Antonio Molina)
O pasado sen teito está nese lugar.
O temor non desterrado ó descoñecido.
Procuramo-la bóveda nun frío mencer
ou nun entardecer sanguiñolento,
ata ser soamente sombras.
E que é o tempo senón
ese espazo escuro da luz
onde se despenan
estas rochas esculpidas polas tormentas,
mentres nos chaman as ruínas dos séculos.

****************************************************
 A ROSALIA CASTRO (Xosé María Brea Segade 1904-1934)
¿onde estas Rosalia? Eu quixera
encontrarche soiña,soiña
e contarche o sentir que tivera
tan soio ó oido ca voz mui baixiña.
Eu quixera encontrarche
mais buscara en vano a nai dos poetas,
corazon de amor.
¡Ai ...¡ fuxeu coma os ventos
que lonxe a levaron
da terra galega
a mais linda frol.
Ouh ¡ si vida tiveras, nai miña,
de loureiros e olivos fixera
unha alegre coroa e feitiña
sobre da túa testa contento a puxera
           taragoña 1918
Encoro do Xallas

Na base do Peñafiel




Peñafiel


Ascendendo á Cova da Xoana

Cova da Xoana

Dende a Cova da Xoana


Cova da Xoana








Foto de  MONTE PINDO (USC)
Moa





















1 comentario:

  1. Disfrutei da ruta, gustoume o momento de escoita que se creou na sobremesa para a poesía.
    Saúdos
    Anxo

    ResponderEliminar