jueves, 9 de mayo de 2013

26 de maio sendeirismo e teatro ao aire libre en Toxosoutos


O domingo comezámolo no Mosteiro de Toxosoutos cunha ruta de 10kms para maiores que transcorreu polas parroquias de San Xusto e Lesende. Carballeiras, camiños de carro, de pescadores, o entorno do mosteiro cas dúas fervenzas foi o que nos atopamos neste percorrido, así como unha estupenda vista da ría dende o alto dun cortalumes. O rematar tivemos o primeiro pase da obra de teatro titulada "A Traizón" a cargo dos Quiquilláns.

Para os pequenos e acompañantes a mañá comezou cun taller de monicreques, onde cada un fixo o seu. Logo de presentalos, xa que tamén lle puxemos, nome saímos a camiñar. A ruta foi de 4kms escasos. O percorrido tivo partes en común co dos maiores. Cando chegamos de volta o mosteiro e despois de repor forzas nun pequeno avituallamento subimos a fervenza de arriba para facer un xogo de pesca con canas. Xa rematado o que nos quedaba por ver era a obra de teatro que foi do gusto de todos.

Como neste día tivemos varias actividades e a xente fixo bastantes fotos decidimos que se fixera unha recompilación de todas ou case todas, así que as fotos están na Casa da Cultura de Lousame. Si queredes aportar as vosas ou pedir que vos las graven nun CD ou pen preguntade por Edu, que gustosamente vos atenderá. 981825780.

Dende Vintedouspés damos as grazas ao Concello de Lousame por facer posible xuntar sendeirismo con actividades para nenos e teatro na rúa.

Grazas tamén aos que mandachedes fotos.

Ata a próxima









2 comentarios:

  1. http://www.concelloderianxo.es/deportes/-/blogs/andainas-rio-pedras-a-pobra-e-sendeiro-fluvial-de-catoira?p_p_auth=S9l3bPzQ

    Camiñada concello de Rianxo

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias por organizar unha actividade tan satisfactoria, unha mañán de domingo estupenda. Parabéns!!!
    Saúdos.

    Rafa

    ResponderEliminar