lunes, 25 de marzo de 2013

7 de abril, Variante Castelo de Vitres e Chans do Barbanza


Puntos de encontro ás 9 diante da Casa da Cultura de Boiro e ás 9 .15 en Escobias (cerca de Mosquete - Boiro).
Ruta: Variante de Castelo de Vitres e Chans do Barbanza. Kilómetros aproximados: 13. Duración prevista: 4 horas. Dificultade: media-alta.
Deixamos os coches en Escobias, cerca de Mosquete (Boiro), empezamos a andar ata Mosquete onde collemos rumbo cara o Castelo de Vitres por un camiño distinto ao habitual con bonitas vistas da ría, pero resultou que o único que se viu foi a neboa que nos acompañou case todo o tempo, levabamos a ruta no GPS senón sería imposible orientarse, foi unha ascensión pequena pero dura, con bastante pendiente, por este tramo a ruta é de dificultade media - alta, o resto da ruta é de dificultade moderada, despois seguimos ascendendo pero con menos pendiente, cruzando o rego Pequeno, pasando por Porteliña e Braña de Leis, chegando cerca da aldea da Figueira, cambiamos o sentido da marcha cruzando as Chans do Barbanza, ata aqui a ruta foi máis ou menos ben con neboa e chuvia pero sin frio, en cambio ao cruzar as Chans o frio aumentou e a chuvia tamén, foi a ruta de Vintedouspés na que máis frio se pasou e eso que estamos a principios de abril, se souperamos que iamos pasar tanto frio nas Chans cambiariamos o plan e en vez de facer as Chans iríamos por outro sitio, fomos por Campo dos cregos, Fieiteiro e a Portela, descendemos cruzando o rego da Portela, por unha pista que nos levou directo a Escobias, neste descenso variamos a ruta prevista, acortamos a baixada, para chegar antes ao coche pois estábamos non sei se todos pero si bastantes destemplados, algúns ata a tarde non entramos en calor. De altitudes partimos de 230 metros en Escobias e o punto máis alto é a Porteliña que está a 574 metros, o punto máis baixo da ruta está contra o final da ruta a 167.
Despois de 2 anos e medio facendo rutas volvemos a ser como o primeiro día, fomos vintedouspés os que realizamos a ruta, neste caso tamén houbo 4 patas pois acompañounos Rus.
Unha empresa está analizando a conveniencia de crear un parque eólico na zona da Porteliña, hai un anemómetro de moita altura colocado e coa néboa nin o vimos. Haberá que repetir outro día a ruta para disfrutar desa zona antes de que empecen a instalar os muiños de vento.
As fotos son de Paco.

Temos esta ruta descargada en wikiloc, nela podedes apreciar tamén o perfil.
http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=4238192












1 comentario:

  1. Parabéns. Sodes uns valentes! O anemómetro leva xa uns anos (non se se é o mesmo), pero o tema dos eólicos está bastante parado (as construtoras son unha parte fundamental, e como sabedes teñen alguns problemiñas, e o estado paga menos ás empresas de renovables agora. Creo que poderemos desfrutar da paisaxe desa zona uns anos (a ver se meto a pata). A verdade é que hai hai parques eólicos dabondo. Na zona xa quixeron poñer uns nas Chans pero se parou pola presenza de mámoas. A ruta é bastante lóxica, bonita con boas vistas, e tamén se pode acortar algo (por esa pista que queda no medio da elipse)

    Non hai quen vos pare

    Saúdos. Miguel

    ResponderEliminar