lunes, 18 de marzo de 2013

24 de marzo, apta para nenos/as de 5 anos en adiante

Día: 24 domingo

Hora: As 9:30

Lugar: Ardeleiros (Fruime) Casa do Xan.

Roteiro: 4km

Circular

Por mor de que a semana pasada foi o día mundial das árbores e a vindeira será Pascua fixéeronse as seguintes actividades:

Empezamos a mañá coa elaboración da rosca de Pascua, no obradoiro da panadería. Coa masa fixemos as trenzas, deixamos repousar 2 horas, mentras aproveitamos para sair, xa que a choiva nolo permiteu, a facer a ruta e recoñecer as árbores do noso entorno. Carballos, castiñeiros, sobreiras, acivros, pinos, acacias, mimosas, laureiro e eucaliptos foron as árbores que os máis pequenos tentaban atinar co nome axudados dos seus acompañantes. De volta, na casa rural "Do Xan" fixemos unha mostra en cartulinas onde colocamos as diferentes follas cos nomes das árbores ás que pertencian. Voltamos á panadería, onde as roscas xa levedaran. Démoslle un baño de ovo co pincel e adornámolas con zucre humedecido. Listas xa para o forno armámonos de pala e.... adentro, cada un meteu a súa :)) Para completar a mañá fixemos un mural con fotografías de árbores antes nomeadas, dos seus froitos, paisaxes (Courel, Fraga do Eume), etc; que quedaron expostas no interior do merendeiro da casa "Do Xan". Despois dunha mañá de tanta actividade o único que nos quedaba era sacar as roscas do forno. Ao chegar atopámonos coa axuda dun panadeiro que se encargou de sacárnolas. En canto as ía sacando a todos se nos puxo cara de expectación para ver como quedara o traballo que cada un de nos fixera. Rematamos sobre a hora prevista, sobre as 13.40 horas. Axudou moito que a panaderia e a casa " Do Xan" estén ao lado unha da outra. Agradecementos:
 Supermercado Jefama (Noia)
 Panadería Manolo Urille
 Casa do Xan (Manolo Urille, en Ardeleiros)
 Concello de Lousame (departamento de cultura) e tamén a todos os que viñestedes a participar aínda que fixera mal tempo.






Fotos de Moncho e Rosa

1 comentario: