lunes, 25 de febrero de 2013

17 de marzo Rio Sieira (Porto do Son)


Foron 15 km, dificultade media,4-5 horas,saída ás 9 das Furnas (Xuño).
Percorrido: saimos da praia das Furnas e fomos polas pasarelas ata o merendero do Rio Sieira. Seguimos ata a ponte medieval e despois por campos e camiños ata Caamaño. A partir de aquí tivemos 4,5 km de subida, algunhas veces forte, pero por pistas de terra. Unha vez arriba xa é todo baixada cara Cabrais de arriba e de Abaixo. Son caminos un pouco técnicos porque hai moitas ramas e se pode tropezar. Tamén había moita auga así que foi moi recomendable levar botas. Chegamos ao Río Sieira e a partir de aquí se vai paralelo por corredoiras-ríos e por un "sendeiro de pescadores" ata O Zapatal en Xuño donde xa collemos pista asfaltada ata as Furnas.
Tivemos sorte co tempo, estivo unha mañá fabulosa, fomos arredor de 50 pes.
As fotos son de Paco.













1 comentario:

  1. Gustoume moito a ruta, parabéns para Diego, Pachi e Loreto por preparar unha ruta tan encantadora e aínda por riba limpar de maleza os tramos que estaban intransitables.
    Anxo

    ResponderEliminar