martes, 22 de enero de 2013

RUTA DO ENTROIDO, sábado 9 de febreiro, apta para nenos/as a partir dos 5 anos


Nome: ruta do entroido

Día: sábado 9 de febreiro 

Hora: 15:30

Lugar: Polideportivo Pilar Barreiro Senra (Lousame, Cruido) onde o colexio

Circular, dificultade baixa

6,5 kms

Duración: Aproximadamente 2h. Dende as 15:30 a 17:30.

Apta para neno-as a partires dos 5anos

Seriamos arredor de 55 persoas, comezamos no poli  de Lousame andando ata achegarnos á Ponte de Berrimes onde empezaba a ruta por un sendeiro de pescadores á marxe do río San Finx, onde na vexetación predomina o loureiro. Seguimos polo monte ata chegar á aldea abandonada de Xei onde un pouco antes puidemos ver onde se xuntan os río San Finx e Vilacoba dando lugar a outro chamado Traba.

A nosa guía foi a Carapuchiña Vermella e como no conto, alí nos sorprendeu " O Lobo" a pequenos e maiores, oubeando pola fame que tiña. Despois de saciar a súa curiosidade polo que levaba na cesta a Carapuchiña  o que máis lle apeteceu da merenda foi un chourizo o cal lle demos e non tardou en meterlle os dentes tan grandes que tiña.
Xa recuperados do susto, seguimos pola marxe do río ata que nos saíron ao camiño "Os Cazadores" na procura do Lobo. Os máis pequenos déronlle a indicación onde atopalo.
Entre tanta sorpresa íamos moi entretidos pensando que xa so nos faltaba avistar a casa da " Avoíña ", e así foi....
A "Avoíña" estaba no portal da súa horta, non podía entrar, xa que perdera a chave. Amosámoslle a merenda e como todas as avoas son moi boas compartiu un paquete de galletas de chocolate, que como é tan lambona son as que máis lle gustan, cos máis cativos.

Proseguimos pola aldea do Couto, ponte do río Traba, San Bernardo para voltar a outra marxe, río arriba ata que vimos un gorila perdido no monte...animaliño. Como iría a dar alí??? A verdade e que nun día de entroido todo é posible :))

Media hora despois chagabamos o poli onde puidemos repoñer forzas cas filloas, orellas, chocolate, etc. Tamén tivemos concurso, obradoiro de maquillaxe, e demais.

E COLORÍN COLORADO A RUTA E O CONTO ESTA REMATADO.

Agradecemento:
Ruta amosada por: Ivan Horta (non presente)
Carapuchiña Vermella: Manoli
O Lobo e gorila: Carlitos
Cazadores: Manuel e Ivan
Avoíña: Loreto

Agardamos comentarios dos que asistiron á ruta







Fotos de Olivier, Rosa e Loreto


2 comentarios:

  1. Moitas gracias por outra estupenda ruta, os nenos desfrutaron moito.
    Parabéns.

    -Rafa-

    ResponderEliminar
  2. Gracias por una ruta tan entretenida para pequeños y no tan pequeños.

    Un saludo

    Oli

    ResponderEliminar